Hoxe estaba convocado o pleno ordinario do Concello de Cabanas, levabamos uns tres días de "acusacións" cruzadas na prensa, e hoxe foi unha das que clamaba ao ceo: os problemas actuais do Concello son culpa de Dª Mª José Cabana,....cando foi durante tódalas lexislaturas que estivo gobernando o PSOE en Cabanas a responsable de Cultura, Deporte e Servicios Sociais. E o actual Tenente de Alcalde, que tamén o foi co PSOE nas anteriores lexislaturas ata que na última e no último ano foi expulsado do PSOE por non acatar a disciplina de partido, e ahi comenzou (seguíu?) a facer das súas. E durante a campaña electoral para as municipais de 2007 ía chorando polos camiños decindo que el sí era socialista (á vista está), quedouse con material que era do partido socialista, o cal se lle tivo que reclamar despois de moitos intentos ao anterior secretario xeral que, en concreto, a megafonía era do pobo, á concelleira que a usara durante a súa campaña e que agora non sabía onde estaba, e a min sendo Presidente da Xestora díme que non tiña nada. E logo de facerlle unha reclamación por escrito e con acuse de recibo, e si non atendía se lle reclamaría xudicialmente, dí : ¡a quén matei eu para ameazarme co xulgado?" ....." a ninguén, só tes material que lle pertence ao PSdeG-PSOE e telo que devolver, se non atendes a razóns pois so me queda esta saída, non dirás que non se che pideu por activa e por pasiva e a cada un saíches cunha cousa distinta". Para acabar dándoma, alí a tiña ben empaquetadiña, ¡¡¡VAIA SI SABIA ONDE ESTABA!!!.
José Casimiro Rey é un mentiroso, mentíu na campaña electoral, mentíu despois e segue a mentir. E que descargue culpas nesta lexislatura en Dª Mª José Cabana, cando el era o Presidente da Comisión de Urbanismo nas anteriores lexislaturas, mentras que Dª Mª José Cabana era simplemente concelleira de Cultura, Deportes e Servicios Sociais, xa non ten nome, nada máis que MENTIROSO (cousa suave). ¿Quen sube o índice a aplicar no IBI de 2008 no concello de Cabanas, do 0,4 ao 0,55 (un incremento do 37,5%), ¿quen pide unha revisión catastral?, sobre o que se vai a aplicar ese índice. O grupo de goberno cos seus máximos responsables á cabeza, D. Germán Castrillón (Alcalde do PP) e D. José Casiniro Rey (Tenente de Alcalde de AEC) .¿Quen despilfarra?, ¿Quen oculta documentación?, ¿Quen fai cousas de costas ao consentimento do pleno?. ¿Quen? => O GRUPO DE GOBERNO PP-AEC.
Xa se sabe que unha mentira repetida ata a saciedade tenta convertirse en verdade, e ao que o fai en mentiroso compulsivo.
En definitiva, que o alcalde ao non incluiur na orde do pleno as peticións dos veciños, trala tentativa por parte da oposición mediante unha cuestión de orde, o público increpouno, e suspendeu por 10 minutos o pleno, que foron máis de media hora coa chegada da Garda Civil, que non interviu ao non haber ningún altercado, e logo de 3/4 de hora baixou a reanudar o pleno seguindo a orde da convocatoria e ao levantarse a oposición para protestar, e amosando os concelleiros do grupo municipal do BNG unhas pancartas que rezaban "PP-AEC=DICTADURA", e de inmediato sen esperar a nada máis suspendeu o pleno e liscaron de alí. Polo que saín-saímos do pleno entre decepcionados e resignados, vendo como o grupo de Goberno se escabullía e non afrontaba os problemas do Concello con honra e deixar defender as distintas posturas, e tratar os restantes puntos da orde do pleno, que eran importantes: o P.O.S. e as mocións sobre violencia de xénero, e a moción sobre o transporte metropolitano. Ao grupo de goberno non lle interesa gobernar Cabanas, interésalles manipulala, e agora sacan pasquines, con máis mentiras.
So teñen que exercer a democracia, discutimos os puntos do pleno e levámolas a votación. Así de sinxelo, ....aínda que se cadra é que non entendo.
Por qué ese medo a poñer as cousas enriba da mesa?, ¿qué teñen que ocultar?, o tempo xa está a poñer a cada quen no seu lugar.Vaianse Srs!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario