Sempre tiven a boa manía de escoitar a radio á primeira (todas) hora, para escoitar os informativos, unha boa costume heredada do meu pai, pero que me trae máis dunha bronca coa familia. Non vos vou a contar o por qué, xa que o imaxinades.
E leveime unha boa alegría cando dín que tiñan detido ao que parece ser o máximo responsable da E.T.A., o Txeroki.
Na época na que vivimos, parece incrible que aínda haiba xente que teña que falar poñendo as pistolas por diante. Pero máis incrible é que haiba xente que os apoie.
Sempre pensei e sigo a pensar que a E.T.A. é unha mafia.
Súmome ás felicitacións ás forzas de seguridade de España e á colaboración que están tendo de outras, que fan todo o posible e máis por poñer a esta xente onde lle corresponde: na cárcere.
Ningún comentario:
Publicar un comentario