

Hoxe en día Galicia ten declarados 98 focos, que sigue un itinerario dende a Mariña luguesa (onde apareceron os primeiros focos) e vai percorrendo a costa en dirección suroeste ata Arteixo e Culleredo últimos focos declarados.

Aquí vos deixo unha serie de fotos extraídas de traballos presentados en conferencias e outros de divulgación da enfermidade entre os veterinarios.






A problemática que plantea é a posibilidade de convivencia de distintos serotipos do virus da Língoa Azul, en España están circulando actualmente os serotipos S-1, S-8 e S-4. (existen 24 serotipos), e teñen a capacidade de mutar e se conviven dous ou máis serotipos a un tempo na mesma zoa pode xurdir un novo serotipo, e toda a loita feita ata o de agora habería que comenzala de novo, xa que a vacinación fronte a un serotipo non protexe fronte ao outro.
A Consellería de Medio Rural está a vacinar dende primeiros de setembro a todo o colectivo de Bovino, Ovino e Cabrún, votando man da empresa TRAGSEGA (á que contratou a loita por 5.010.000€),

da Empresa Pública de Servicios Agrarios Galegos-SEAGA, así como dos Veterinarios laborales e tamén os Veterinarios funcionarios que queiran facer horas extras. Pero esquecéronse dun colectivo que está no campo traballando cos gandeiros levando xa o control de certas enfermidades (IBR, DVB, Neosporose e Paratuberculose) que son os Veterinarios de ADSG, e que están supervisados polos servicios veterinarios oficiais en toda a súa actuación, un colectivo de 138 veterinarios de desenrolan un programa sanitario aprobado previamente ano a ano, e que a finais de outubro pasan as auditorias do desenrolo do programa. Nas ADSG (Asociación de defensa Sanitaria Gandeira) están sobre un 40% do censo gandeiro vacuno. Do que vai de plan de loita van vacinados uns 500.000 animais de 1ª dose e uns 200.000 animais de 2ª dose. E de aquí ata finais de ano a VETDESAN (Asociación de Veterinarios Responsables de ADSG) non lle saen as contas, para ter vacinado a todo o colectivo. Cun agravante, coma é que se está descoidando a campaña de saneamento gandeiro obrigatorio, que en determinados concellos xa está caducada ( é decir, hai máis dun ano que se fixo o saneamento), e nesta si que se controlan enfermidades zoonósicas, como Tuberculose e Brucelose.
En tódalas charlas informativas e cursos sobre a enfermidade da Lingoa azul dise que a loita contra esta enfermidade será tanto máis eficaz canto máis rápida se faga a vacinación e desinsectación dos animais, é decir una vacinación en saba, facendo un anel de protección arredor dos focos. E cubrindo a todo o territorio a a tódolos animais. O colectivo de veterinarios responsables de ADSG están sendo obviados e discriminados cunhas excusas que son de neno de primaria; e somos sabedores de que seriamos dunha gran axuda dando un pulo importante ao control desta enfermidade. Por nós non vai a quedar.
Actualización 17/11/2008: Novos focos de Língoa Azul confirmados.

Actualización 20/11/2008: Novos focos confirmados, e sigue extendéndose, ¡¡¡¡e estamos no inverno!!!!
As previsións de vacinación da Consellería de Medio Rural non son acordes coa evolución da enfermidade. Síguese a vacinar sin usar o a todo o colectivo veterinario capacitado para elo. A última referencia é a contratación por parte de TRAGSEGA de persoal adminstrativo de "campo" na vacinación, coa única encomenda de cubrir papeis, teñen terminantemente prohibido "tocar" a un animal. Outro exemplo de dispendio de cartos e esforzos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario