CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 28 de decembro de 2007

¡¡¡¡Ai Ai Ai, así andamos!!!!

O Bispo de Tenerife: "El abuso a menores se produce debido a que hay niños que lo consienten e incluso te provocan"

O Bispo de Tenerife
(Lido en 20minutos.es)

Pregúntome coma pai de dous nenos de 7 e 4 anos, ¿este señor poderá exercer o seu maxisterio con responsabilidade?.

A entrevista na Opinión de Tenerife e os comentarios non teñen desperdicio ningún.

Conclusións:

  1. O seguimento dunha fé relixiosa e libre, e responsabilidade de quen a recibe e de quen a imparte.
  2. Non estou dacordo para nada na ensinanza da relixión na escola, para iso están os diferentes edificios relixiosos onde cada quen pode profesar a súa fé.
  3. Aínda sendo sabedores de que no seu principio básico calquer relixión tenta defender ó ser humano, a historia está ahí para quen queira coñecela a estudala.
  4. A "relixión" e os seus responsabeis tiñan a sabiduría e o poder, e nos comenzos vehiculaban regras para beneficio do pobo; un exemplo claro pode ser o da prohibición de comer carne de porco: era para evitar o contaxio da triquinelose no ciclo roedor-porco-home; outro exemplo eran-é o dos totem dos aboríxenes australianos: prohibíase o casamento entre individuos do mesmo totem, para evitar a endogamia e consanguidade, que a carrea problemas xenéticos. E así poderíamos tirar máis exemplos.
  5. O que pasa e que a sabiduría e poder tornouse cara uns poucos. Problema engadido do PODER mal entendido.

Saúdos, saúde para o 2008 e felices festas.

P.D.: Escribindo este post, escoito a nova da morte de Xosé Cuiña Crespo, unha aperta á súa familia. Calquer perda é penosa, e máis cando acontece tan cedo.

sábado, 15 de decembro de 2007


Unha boa nova




A máis de un lle faría falla asesorarse e cambiar de asesor rancio e rencoroso, o peor para mirar cara adiante sen medo, sempre mirando cara a trás por si "me encontran algo".
En fin, noraboa para o compañeiro Felipe e o socialismo en xeral, seguro que todos aprenderemos desta etapa.

luns, 26 de novembro de 2007

MOI INTERESANTE
PARA REPETIR

Explicación da peza musical acompañada dunha diapositiva.

Hoxe tiven a oportunidade, xunto con outras nais (non había ningún outro pai) de asistir a un concerto instructivo dos profesores da Escola Municipal de Música de A Capela, que foi organizado polo ANPA "O Castiñeiro" (Cachú) e a dirección do CEIP "Eladia Mariño" (Mercedes), conseguindo a colaboración do Concello de Cabanas que cedeu o salón de Plenos para tan importante ocasión de inicio e toma de contacto coa música clásica.

É bonito ver coma os nenos e nenas atenden e participan.


Interpretación

Na saída comentando cos organizadores, chegamos á conclusión que eventos desta índole deberíanse potenciar máis, para darlle un contido máis cultural ó Concello de Cabanas. (Non todo vai a ser ralis e empresas de protocolo).

Noraboa ós organizadores e dende aquí, coma xa llelo manifestei, a seguir loitando pola cultura de todos e todas.

domingo, 25 de novembro de 2007

SIN TÍTULO
(ESPÉRANSE SUXERENCIAS E RESPOSTAS)

Despois de seis meses e cinco plenos, xa podemos ter un pouco de argumentos para clarifica-los comentarios. ¡¡Si é de que non o sabiamos xa!!.

A lexislatura comenza cunha maniobra de ocultación que ten coma obxetivo único o de FACILITAR as maniobras da ALCALDÍA, que non son ás de traballar polos vecinos e veciñas de Cabanas.
É decir,
a) Derógase o Reglamento do Concello de Cabanas, só coa única excusa de que obstaculiza a laboura do ALCALDE.
b) Pasan os plenos a ser bimensuais.
c) As facultades do pleno pasan a depender da Xunta de Goberno.
d) Non hai Xunta de portavoces.
e) A única Comisión que hai é a de Facenda (por que é obligatoria).

Disto deríbase que o traballo da oposición pasa a ter case de carácter bimensual, que é cando se ten acceso á Comisión de Facenda.

A imaxen que nos queren trasladar é a de austeridade, xa que criticaron e denostaron largamente á anterior Alcaldesa e acusáronna de despilfarradora. Non vou ser eu, aquí e agora, quen saia en defensa de Dª Modesta Anca, pero hai que decir que tanto PP coma IVC nas anteriores lexislaturas, enchéronse a boca decindo o moito que cobraba na lexislatura 1999-2003, con maioría absoluta, (perto das 400.000 ptas), e de que na lexislatura 2003-2007, na que quedou con maioría relativa, cos 700Є/mes eran máis que suficientes. E agora o PP coa conformidade de AEC, fai que o Alcalde Sr. Germán Castrillón teña un soldo de 2.500Є/mes e con adicación parcial (que ven a representar aproximadamente un 1'8% do presuposto municipal).

Todos temos que arrimar e axudar a levantar o Concello,... ¡¡¡cómo non!!!, Sr. Alcalde sexa un pouco coherente, un pouco de por favor, que diría o outro, e rebaíxese o soldo, a vostede e ós concelleiros delegados.

Por outra banda, tras este pleno extraordinario no que se trataron temas tan importantes como son os impostos directamente relacionados cos veciños e veciñas, o Sr. Portavoz do PP, Luis Chillón, cre que non é bo facer comparanza co IPC (o índice de referencia en moitos ámbitos da vida, un deles, é para subida de salarios en calquer convenio laboral), é ademáis fainos referencia a que seremos uns dos concellos da zoa cos impostos máis baixos. Pero a subida é a que é, un 37’5% no IBI e entre un 20-30% no IVTM.
Dinnos que no IVTM quedan exentos os que pertenzan a persoas con movilidade reducida ou a minusválidos, norma que ten que ser aplicada por que así o dí o Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro. (Somos solidarios, xa, xa)
E no IBI énchense a boca coas bonificacións do 50% ás familias numerosas, do 50% durante os tres periodos seguintes á outorgación definitiva para as vivendas de protección oficial. Pero pasan por alto a bonificación do 50% (Artigo 5.1 da ordenanza fiscal do IBI) ás empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova coma de rehabilitación equiparable a ésta.

Tanto o IVTM coma o IBI, están deseñados para que teñamos máis vehículos e habitantes en Cabanas, ¿verdade?. Pois xa me teñen falado de cambiar o IVTM a outros Concellos onde estes veciños e veciñas poden facelo. E cando é a construcción dunha vivenda unifamiliar para ser VECIÑO/A e FAMILIA en Cabanas non se promociona (ousexa, bonifica), seguimos a crear as expectativas que parece ser que o PP, coa a axuda de AEC, ten pensado para esta Concello de Cabanas, SER UN REFERENTE PARA A VIVENDA DE 2ª OCUPACIÓN E VERANEO DE ALTO STANDING.

Logo pasamos ó servicio de PROTECCIÓN CIVIL,... pois sí, pode ser que sexa necesario, pero recordarlle que hai que ser AUSTEROS, e moito me temo que pase a ser outro saco sen fondo (dotación de roupa, vehículos, emisoras, formación,..), baixo o meu punto de vista non é prioritario, a non ser que haxa que ilos dotando e practicando para o próximo Rali a realizar no termo municipal.

Na modificación de crédito,....hai partidas que me chaman a atención: o incremento de 5.300Є para a telefonía,... a non ser que ó non estar de contínuo se teña que estar a chamar deseguido ó Sr Alcalde ou outros persoeiros para pedir permiso e visto e prace, non o entendo. Por que non se crearon concellerías para semellante incremento que fai un total de 19.800Є. Outro de 10.000Є en bens naturais e infraestruscturas, e estamos a pagar desbroces mecánicos, e perder horas de persoal para desbroces manuais polas silveiras dos rueiros, deixando montonciños polas beiras dos camiños que non fan máis que estorbar a circulación, cando temos unha desbrozadora nova do paquete e persoal para usala. Fomentamos o turismo con 6.000Є para unhas guías de sendeirismo, que non están moi á man da xente (as guías). Cada vez que se modifican os créditos increméntase a partida de mantemento de iluminación pública, xa imos nos 39.200Є e sen melloría aparente.

Temos un Primeiro Plano de Igualdade entre Homes e Mulleres, literalmente pudríndose nalgún rincón do Concello, e non sae á rúa por que foi editado pola anterior Corporación e ten a sinatura da que era Concelleira de Servicios Sociais, Dª Mª José Cabana, a cal no primeiro pleno lles díxo, que si por iso era, que lles daba permiso para que arrincaran a folla, e que o sacaran á rúa, e poñelo en coñecemento dos veciños e veciñas. A todo esto, este venres 23 pasado, fíxose un recordo ás vítimas da violencia de xénero, que deu para conmemoralo cuns pinchos e viño español.(volvemos á AUSTERIDADE, vergoñento, non sei coma non se atragantaron).

E para rematar, no P.O.S., cunha subvención cercana a 140.000Є, destínase uns 120.000Є á aglomeración de pistas, e o Sr Luis Chillón pídenos que lle deixemos romper una lanza a favor del aglomerado que ya el anterior alcalde –José C. Rey- comenzó a hacer uso de él. Se todos pensamos que o prioritario é o abastecemento de auga e o saneamento integral, pois primeiro asfaltamos, logo rompemos e por último reasfaltamos. É do máis lóxico, ¿non?. E senón facémoslle caso ó Sr. Juan Mª Campos de IVC, para que se fagan pistas piloto, con beirarrúas, alumeado,....coidado non se nos pegue moito eso do "piloto", e tamén contratamos a un técnico administrativo en banca para a tesourería remanente (¿?) e así sacarlle máis partido ( ¿non querería decir un broker das finanzas e bolsa?).

E todo isto coa complacencia do Sr. Alcalde, que eso sí: os concelleiros delegados teñen a orde expresa da Alcaldía de pedir sempre tres presupostos e darlle a obra/servicio ó máis barato, e que en Cabanas se acabaron los amiguismos. Sic.

xoves, 22 de novembro de 2007

COMENTARIOS PLENO EXTRAORDINARIO
DO CONCELLO DE CABANAS 19-11-2007

Relatorio pola orde do pleno:
1º/ Orzamento 2006 conta xeral, que estivo á exposición pública e non houbo ninguha alegación, polo que se pasa a pleno, que o aproba cos votos a favor de PP e AEC, en contra de BNG (que non está dacordo coa distribución que se fixo?) e a abstención de PSdeG-PSOE e IVC.
2º/ Ordenanza fiscal sobre Vehículos de tracción mecánica (I.V.T.M.), onde se propón unha subida do imposto que ronda entre un 20% á 30%. Ó grupo municipal do PSdeG-PSOE vai a votar en contra por ser excesiva e abusiva. Advirte dun erro no cálculo nun tramo do imposto, que aclaran, decindo que efectivamente é dun 1,2% o coeficiente a aplicar en vez dun 1,3%. O grupo do BNG tamén critica a subida decindo que sóamente ten un afán recaudatorio. IVC tamén votará en contra, por que cré que esa recaudación non ten unha xustificación de para qué van a ser os cartos, xa que hai un goberno PP-AEC, e non dín nada. O PP replica decindo que esa subida tense que facer por que hai anos que non se actualiza e que ainda así estaría por debaixo dos concellos colindantes. Dí ademáis, replicando ó PsdeG-PSOE, que non se debe facer referencia ó IPC, senón a que estamos por debaixo dos concellos limítrofes., e que se necesitan ingresos para facer cousas así coma para pagar as sentencias pendentes, e non coma dí o BNG para pagar ó RALI de TERRA de CABANAS, e que se van a facer moitas cousas. Mª José Cabana polo PSdeG-PSOE, dí que sí que hai unhas sentencias, pero que comence por baixarse o soldo. IVC comenta que sí se van a facer cousas non se saben, por que as atribucións do pleno están na Xunta de Goberno e non se sabe o que alí se fala, conxele os impostos e pida axuda ás institucións públicas por que elas tamén son responsables por deixar facer. O BNG volve a remarcar que teñen un claro componente recaudatorio.
Votación: A favor 6 (PP-AEC), en contra 5 (BNG, PSdeG-PSOE, IVC).
3º/ Ordenanza fiscal sobre Bens Inmobles (I.B.I.), o BNG comenta que segue a ter un afán recaudatorio, para pagar despilfarros en soldos políticos, empresas de ralis, etc. Ademáis a primeira bonificación á que se fai referencia e para as empresas promotoras, e non para as primeiras vivendas nin para as de carácter social. O PSdeG-PSOE comenta que a subida ronda o 37'5%, e que é excesiva e abusiva. IVC comenta o mesmo que no anterior punto, un incremento ¿para qué?, primeiro deberíase facer unha revisión catastral. AEC comenta que non entende a postura da oposición, si hai 5 anos que non se modifica, e a Campos dille que teña paciencia. O PP coméntalle ó BNG que tamén se bonifican ás familias numerosas, ás de tipo agrario,.. ó que o BNG dílle que a máxima bonificación faiselle ás empresas promotoras.
Votación: A favor 6 (PP-AEC), en contra 5 (BNG, PSdeG-PSOE, IVC).
4º/ Ordenanza fiscal sobre Actividades económicas (I.A.E.), O BNG comenta que se penaliza tanto á economía de caracter social (pequenos comercios) que son os que crean riqueza coma ás empresas do polígono, está en contra. O PSdeG-PSOE tamén manifesta o mesmo. IVC segue a preguntar ¿para qué?, ademáis recórdalle que o concello está a pagar uns servicios xurídicos a un señor (...) que non fai máis que "empufar" ó concello, pídolle que liquide a ese señor e bote man dos servicios xurídicos da Diputación Provincial que están ben acreditados.O Sr. Alcalde comenta que só se aplicará ás empresas que facturen máis de 1.000.000€ e que están para liquidar a ese señor (polo abogado).
Votación: A favor 6 (PP-AEC), en contra 5 (BNG, PSdeG-PSOE, IVC)
5º/ Modificación de crédito. Tras relatar o Sr. Secretario as partidas que se modifican e en base a qué; o BNG comenta que se incrementan unha serie de gastos en forma de despilfarro (teléfono, cultura, azafatas para FIMO, festa de Santa Marta,..), o PSdeG-PSOE entende que se modifiquen certas partidas, pero hai algunhas nas que o incremento non está xustificado, por exemplo na limpeza do colexio de Porto, que o está facendo unha empresa, que non foi sacada a concurso, o mesmo pasa coa empresa do alumeado público xa que cada vez que hai unha modificación incrementase dita partida (con respecto á empresa anterior hai un incremento de 10.7600€) sin ver melloría no servicio, e pide que a saque a concurso, no tema do desbroce e limpeza de camiños, non entende que teñamos unha desbrozadora á que ainda non se lle sacou o precinto da garantía, temos persoal para usala, e non ter ós traballadores limpando á man. E tamén pregunta o incremento en turismo para qué foi, e resposta AEC dicindo que é para FIMO e para as Guías de Sendeirismo. IVC comenta que está acostumado ás modificacións de crédito, ....comenta que ó mellor sería aconsellable contratar a un técnico economista na tesorería para sacarlle maior partido ó remanente. Non ve moito motivo de alarma, sí hai un incremento no teléfono, no rebacheo,...en fín estou dacordo. O PP critica a Mª José Cabana, polo tema da limpeza do colexio de Porto, dí que hai 4 empresas de limpeza en Cabanas e é unha delas a que está limpando. Neste punto interven tamén o Sr. Alcalde, e dí que os concellais teñen a consigna de pedir como mínimo 3 presupostos e coller o máis barato. (¿¿??).
Mª José Cabana polo PsdeG-PSOE volve a remarcar que hai partidas que non se xustifican.
Votación: A favor 7 (PP-AEC, IVC) en contra 4 (BNG, PSdeG-PSOE).
6º/ Proteccion Civil. O BNG dí que votará a favor si se modifica a lingoaxe a non sexista e si se contempla unha comisión de seguimento. O Sr. Alcalde comenta que no tema da lingoaxe non haberá problemas. e requerido pola comisión de seguimento dí que foi recollido o regulamento sobre Protección Civil da FEGAMP, e que se cadra máis adiante contemplarase.
Votación A favor 8 ( PP-AEC, PSdeG-PSOE, IVC) en contra 3 (BNG).
7º/ Subvenvcións da Diputación para Plan de Obras e Servizos (P.O.S.), hai unha subvención de 132.093'01€+5%, e proponse o saneamento de Pereiro de Abaixo (30.000€), Aglomerado Casilla-Iris, Acceso a O Salto e a Os Piñeiros (55.000€), Aglomerado As Barreiras e A Barrosa (59.000€). O BNG dí que sempre abogou por que as contratacións das obras non fosen a dedo, senón que houbese un proceso de concurso. Así mesmo critica que non se atenden ós servicios básicos. E que a zona rural foi discriminada. O PSdeG-PSOE, dí que non se oporá a ningunha obra, pero que o concello ten outras prioridades coma é o saneamento. E IVC, bota en falta o acordo da anterior lexislatuira entre PP-IVC-BNG para extender o saneamento e chegar a EDAR á Veiga, tamén critica a dinámica de adxudicar a dedo, e de aglomerar camiños. O PP rompe unha lanza a favoir do aglomerado por que é mellor que o asfaltado, e que esas son as nosas prioridades.
Votación: a favor 11. Tódolos grupos municipais.

martes, 20 de novembro de 2007

BANDA DO ROSAL
Hoxe actúa a Banda de Música de O Rosal na Sala de concertos do Centro Cultural de Caixanova en Vigo ás 21:00. Onde estreará a Composición "A Batalla de Rande" de J. Gonzalo Gómez Deval.
Tiven a oportunidade de asistir á preestrea no auditorio de Goian (Pontevedra) o domingo 18-11-2007, xa que no que actúan habitualmente en O Rosal está a rematar as obras.
IMPRESIONANTE. Se pechas os ollos, case estás a ver a batalla naval.
Por motivos de traballo non podo asistir, ainda que algo in extremis convídovos a asistir á estrea, senón fixo que, esta Banda largamente premiada, terá outras actuacións na que poder disfrutar dela.

domingo, 18 de novembro de 2007

PLENO EXTRAORDINARIO 5ª PARTE
REGULAMENTO DE PROTECCIÓN CIVIL DE CABANAS



PLENO EXTRAORDINAIO 4ª PARTE
ORDENAZA FISCAL SOBRE I.V.T.M.













PLENO EXTRAORDINARIO
3ª PARTE
ORDENANZA FISCAL SOBRE BENS INMOBLES












PLENO EXTRAORDINARIO
2ªPARTE
ORDENANZA FISCAL SOBRE I.A.E.






























PLENO EXTRAORDINARIO
1ªPARTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO












VIAXE A PORTUGAL

Nesta fin de semana arrimamos a Oporto. A viaxe foi, coma se soe decir, ida por volta, e de compras a IKEA, centro comercial que xa coñecíamos de Asturias.
De regreso estaba dándolle voltas ás ideas seguintes:
- Dende Lavandeira sobre 300kms e 2:30 Horas de viaxe.
- E no centro, decindo que sí que é moito máis grande que o de Asturias, a aptitude da xente era máis sosegada, é unha costume xeralizada de Portugal ser pausados no falar sen grandes estridencias, pero o que máis me chamou a atención, en a lo menos tres vendedores, foi o feito de que cando lles preguntabas algo, e facíao e galego, eles sabendo que eramos españois tentaron en contestar en castelán, e preguntando se entendera.
E decir, as comunicacións de calquera tipo son necesarias, crean sempre problemas e incomodidades na súa execución, pero sirven para facer pais.
E a educación é o primordial dunha sociedade.
Nin que decir ten que dende hai tempo góstame viaxar e comer en Portugal, o Bacallau grelhado é unha das miñas debilidades.
P.D.: Á nota negra témoslla que poñer a un español, que pasándose polo arco do triunfo a normativa sobre o tabaco, comenzou a fumar pola exposición dun salón coma si a súa casa fora, imaxino que era para entrar en situación "real" e ver si era "realmente" confortable. De pena.

martes, 6 de novembro de 2007


EXCURSIÓN POLO ENTORNO, PERCORRIDO POLA HISTORIA QUERENDO O NOSO

Hoxe decidimos sair á busca e captura fotográfica dos petroglifos de Soaserra, o noso guía foi o singular Juan Permuy, profesor xubilado-activo, unha persoa coa que pasan as horas de vagar, e sempre aprendes.


Tras achegarnos ó lugar en coche, seguimos a pé.




Os pequenos exploradores estaban eufóricos e non deixaban de darnos a súas explicacións, e escoitaban a Juan cos ollos que lles saían da cara,... tanto que queren seguir explorando a zona, co beneplácito de todos por suposto.




Cruces



Motivo laberíntico nunha poza


Posible motivo animal


Juan "O profesor" examinando unha laxe,

que deixou na mesma posición con sumo coidado.



O menda, cun aspecto desaliñado. (Perdón)

Foi unha excursión na que se fixo unha vivenza que non esquecerán os nosos pequenos Noa, Manuel e Antón, nen nós mesmos. Estivemos na pena na que hai 3800 anos uns homes pasaron un tempo deixando unhas marcas, que a día de hoxe ainda non se sabe ben o seu significado.



A vella e nova cerne.



Para repetir.

APERTURA OFICIAL DO ENLACE VILAR DO COLO A FONFRÍA

Onte inaugurouse o enlace dende Vilar do Colo a Fonfría, e se cadra a alguén estalle a escoce-lo corpo; poderíase falar moito deste vial, pero o certo é que unha vez que está rematado é necesario abrilo para que comence a dar servicio.
Os problemas foron moitos, algúns solucionáronse (a auga en Laraxe, co beneplácito dos interesados) e outros teñen o compromiso e aceptación por parte da Consellería de Política Territorial de arranxarse (mellorar os accesos na parroquia de Santa Cruz do Salto).
De todo o sucedido deberíamos tirar unha conclusión, que non é outra que cando teñamos unha obra importante no noso Concello se forme unha comisión de seguimento que funcione de verdade, na que estean representados tódolos estamentos e que sirva para buscar tódolas solucións e melloras posibeis, dende un comenzo e non esperar ó remate da obra para queixarnos.
Os intereses particulares (tanto veciñais coma políticos, que sí que os houbo), deben pasar a un segundo orde, e primar os intereses xerais representados lexítimamente.
Estiven presente na inauguración, e xa recibín críticas, pregúntome o por qué?, sin estar alí non tería escoitado que hai un compromiso de arranxo dos problemas pendentes.
Seguen a tirarnos os trastos, ..... e non saben que así non se vai a ningures.

venres, 26 de outubro de 2007

NOVAS DO CONCELLO (25/10/2007)
Hoxe lénse nos medios de comunicación unha serie de novas relacionadas co noso querido Concello de CABANAS:
1ª- POLÍGONO VILAR DO COLO: que coma sabedes ésta compartido co concello de Fene,..... compartido na súa posta en marcha, pero cada concello ten delimitada a súa zoa de influencia e deberá de desenrola-la ó seu criterio,.... hai a día de hoxe unha actuación conxunta entre ambos concellos que é o de xestionar un Punto Limpio, e onte foi o Alcalde de Fene, Iván Puentes (PSdeG-PSOE) e mailo responsable de promoción económica, Manuel Polo (BNG), a unha entrevista coa SEPES en onde se tratou ese tema así coma detalles do Camiño Inglés, e será eles que informarán ó noso Alcalde Germán Castrillón dos temas tratados alí. Bótase en falta a asistencia a esa reunión dun respresentante de nivel do Concello de Cabanas.
2ª- RALI DE TERRA: sae publicado na prensa que Germán Castrillón coma presidente da Federación do Motor de Ferrolterra ten comprometido a celebración de dito rali por terras de Ferrol, e só lle falta uns trámites que coma alcalde poderá solucionar e así traer ese evento ás nosas terras.
3ª- ACCESOS A/DE SANTA CRUZ: coma sabedes estívose traballando no tema, buscando solucións ós problemas dos accesos tanta na saída coma na entrada á parroquia de Santa Cruz do Salto, tendo a entrada dende Cabanas unha solución aceptabel, e falta buscar unha para a saída cara As Pontes; tanto a unha coma á outra tense comprometido o actual Delegado de Política Territorial, dando así cumplimento ó aprobado no pleno extraordinario do 18/10/2007.
CONCLUSIÓNS: todo é importante, pero creo que se está sen definir as prioridades deste concello. Polo que se vé estáse a dar máis importancia a un evento deportivo de caracter nacional, a proba puntuabel para o campionato nacional de ralis de terra a realizar na nosa comarca, que sí que a ten, pero é puntual no tempo (se cadra estirando, pois durante unha semán), e non se lle dá a importancia a unha reunión coa SEPES en Madrid, delegando os trámites e conversas no Alcalde de Fene (que non dubidamos da súa valía) en temas relacionados co concello de Cabanas, que ésta sí que terá unha repercusión a longo plazo.
ACTUALIZADO 28/10/2007
Escoitado o noticiero das 14 horas da RTVG, fanlle unha entrevista ó noso querido Alcalde Germán Castrillón, o cal confirma que tras pasar o trámite da autorización municipal (en alomenos 5 concellos), só falta unha autorización Xudicial (¿¿??), e o rali celebrarase os días 9-10-11 de novembro, e "servirá para promocionar turísticamente o concello e a comarca".
So espero que todo saia ben e non sirva para "promocionar" as carreiras polas nosas pistas, que o son de servicio e non de carreiras, e polas que circulan tanto vehículos coma xente paseando e non temos a onde "tirarnos" cando veñen os locos.

mércores, 10 de outubro de 2007

PENO EXTRAORDINARIO O DÍA 11-09-2007 CONCELLO DE CABANAS

Xa teño falado dos enlaces da carretera Vilar do Colo-Fonfría coa parroquia de Santa Cruz do Salto-Carretera Coruña-As Pontes; coma autocrítica decir que foi diseñada e aprobada na lexislatura anterior (co grupo PSdeG-PSOE en minoría), e naquel tempo, se cadra, non se actuou coa dilixencia necesaria; os veciños teñen todo o dereito de protestar e buscar os apoios que estimen necesarios, ainda que un pouco en extremis.
O pleno extraordinario pídeo o grupo do BNG a petición dos veciños, o BNG tentou no pleno ordinario anterior do 26-09-2007, presentar unha moción de urxencia que foi rexeitada polo PP-AEC e IVC, alegando que ese día pola mañán houbera unha reunión co Sr. Delegado da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes e non era de "recibo" (prepotencia absoluta).
O PSdeG-PSOE concertou diversas entrevistas co Sr. Delegado e os veciños, onde se lle achegou as diversas problemáticas de circulación, e manifestóuselle que para non perxudicar máis os accesos da zoa, se mantivera a que ata agora estaba coma provisional por obras á altura do final da vía vella que quedou case morta onde conflúen os camiños de Santa Cruz do Salto e O Cotiño, onde se daría un acceso dentro do que cabe moi aceptable para toda a Parroquia, coa que estaban dacordo os veciños naquelas datas. Cun mínimo coste e cunha seguridade aceptable (ainda que os técnicos din que non, pero si se vaiapolas distintas interseccións de vías, autovías e autoestradas veremos interseccións de igual ou peor seguridade, e máis están hai: sin ir moi lonxe e na mesma carretera de As Pontes á altura de Goente pódese ver distintas incorporacións e cruces de carrís que fai falla un curso para non mete-la zoca).
En Santa Cruz do Salto estamos "cruzados" por unha serie de servicios dos que a parroquia non se beneficia para nada: Conducción de gas hacia Ferrol, As Pontes, agora hacia a Térmica de Meirama, cun centro de control bastante extenso (perto das casas); o vial de Vilar de Colo-Fonfría, non creo que se necesite unha obra agora expropiando máis terreo para cruzar sin sentido outra vez a parroquia, máxime cando ainda non etá definido un PXOUM.
Fago autocrítica, e a responsabilidade é de todos. Naquela época había máis interés en "derrocar" a alcaldesa que outra cousa, e usábase todo para tirar pedras e deixar de pensar no interés do pobo de Cabanas (confirmado en conversa persoal por un integrante da oposición en Agosto de 2006: Delfín eu metínme en política nada máis que para decapitar ó PSOE de Cabanas: mirade que non invento o comentario), en fín é triste pero é así. Nada máis recordar que trala renuncia de Modesta coma alcaldesa, e a toma de posesión de José C. Rey coma novo alcalde en outubro de 2006 da maneira que todos e todas coñecemos que remata coa expulsión do PSdeG-PSOE, foi aplaudido polos concelleiros do PP e IVC (sospeitoso xa daquela), e agora en tódolos plenos dísenos que a culpa do que pasa é do PSdeG-PSOE e BNG, que Pepe Rey non ten nada que ver,.....ufff pois daquela como concelleiro que era e tiña competencias en Obras e Servicos (o que el chamaba concelleiro dos baches) e logo durante uns 6 meses coma Alcalde, Pepe Rey tiña moito que ver.
Creo que estamos noutra lexislatura, temos outro grupo de goberno, que demostra unha total indiferencia polos problemas do Concello, limítase a poñer un pleno extraordinario de IMPORTANCIA a unha hora intempestiva das 8:30 do día 11-10-2007, para que a afluencia sexa a mínima.
Pregúntome: ¿qué orientación lle quere dar o ALCALDE ó Concello de Cabanas?.

mércores, 26 de setembro de 2007

PLENO 26/09/2007
Hai unhas horas que cheguei do pleno, subin "remoendo", case nin cei por que seguía "remoendo", e sigo "remoendo". E non sei coma podo definir o acontecido, e non por que fora "movido", non, senón por que parece que o pleno de hoxe había que convocalo por que así foi aprobado no 1º pleno extraordinario e hoxe "tocaba".
En fín, hei de repasar as notas, supoño que unhas cantas veces para atoparlle sentido a este "surrealismo", e logo seguirei escribindo,.... non vos alarmedes e me vedes escribir ós poucos,... por que hai que vivilo para creelo.

ACTA DO PLENO DE 24/07/2007 DO CONCELLO DE CABANAS



Páx. 1


Páx. 2

Páx. 3

Páx. 4


Páx. 5


Páx. 6


Páx.7


Páx. 8

CONVOCATORIA DE PLENO ORDINARIO PARA O 26/09/2007 NO CONCELLO DE CABANAS




mércores, 12 de setembro de 2007


PLENO DO 24 DE XULLO DE 2007 DO CONCELLO DE CABANAS



A continuación vai un resumo do acontecido no pleno do concello de Cabanas no día 24/07/2007.

Na Orde do día:


1º/ APROBACIÓN DA ACTA DO PLENO DE 09-07-2007.


O BNG pregunta si as copias de grabación estarán no expediente do pleno. Non lle respostan.
Aprobada: 8 a favor (PP-AEC, IVC, PsdeG-PSOE) e 3 abstencións (BNG)

2º/RATIFICACIÓN SOLICITUDE SUBVENCIÓN SERVICIOS SOCIAIS.


BNG: Comenta que con data do 23-03-2007 foi enviada unha solicitude asinada polo anterior alcalde, que en xullo a Consellería require ó concello novos datos que faltan na solicitude, Non hai subvención por iso, falta asemade o certificado do acordo plenario da petición; o requerimento ven con data de 10-07-2007 e con dez días hábiles para enviar a documentación, polo que xa estamos fora de plazo. Faltan datos na solicitude da petición asi coma que os concelleiros tampouco teñen dita documentación.
PSOE: Comenta que é o 2º requerimento dende marzo de 2007 que fai a consellería, e é moita hora de atendela.
IVC: “O BNG está a marxinar Cabanas, xa que estamos acostumados a que o caciquismo segua na Xunta” (¿¿¿???), “parece mentira que o BNG veña con ameazas” (¿¿??), “e se lle falta documentación, o que ten que facer é traballar”.
PP: “vicepresidencia sabe dos problemas que tivemos”....
Aprobada por unanimidade. 11 a favor.

3º/ EXPEDIENTE MODIFICACIÓN CRÉDITOS 3/2007.

Que conta co dictamen favorable da comisión de fachenda.

Neste apartado houbo un pouco de cruce de acusacións, e comentarios explicativos.
O PsdeG-PSOE tócalle asistir a unha de cada dúas comisións de facenda por ser integrante do Grupo Mixto (grazas á derogación do ROFM: 1 vez de cada 4 meses), polo tanto nesta non estaba e pide unha serie de explicacións:
a) ¿vaise a sacar a concurso a plaza de limpiadora do colexio de Porto? (non lle dín nada)
b) Hai un incremento no mantemento do alumado público dun 75%, ¿a qué é motivado?.
c) En Cultura hai un descenso de 20.000€, e non se suplementan deportes.
d) No apartado de infraestructuras pregunta a qué se fai referencia e dinlle que :reparacións, limpeza de cunetas, arribóns, desbroces,.. ó que lle replica o representante do PsdeG-PSOE que no Concello hai un tractor novo e unha desbrozadora de brazo para esa tarefa de limpeza, “úseno e non gasten nese apartado”.
IVC: manifesta que as obrigas xudiciais son prioritarias.
PP: a) “en alumbrado tengo que decir que non funcionan la mitad de las farolas”.
b) “en Cultura: posiblemente en octubre se vuelva a modificar, además tuvimos que recoger un libro en la imprenta que estaba sin recoger desde mayo de 2006”. Ese libro é o “Primeiro plano de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do concello de Cabanas , prologado pola anterior concelleira de Asuntos Sociais e Cultura Dª Mª José Cabana, a cal dí que si non se colleu foi por que a imprenta dixo que ainda non estaba rematado. (De tódalas maneiras ese libro agora atópase nalgún rincón do Concello, e non verá a luz por estar prologado por quen está).

AEC: D. José C. Rey explica que estas modificacións de presupostos é normal, e que en partidas esgotadas suplementanse con presupostos doutras partidas non esgotadas e que “posiblemente en outubro-novembro haiba outra modificación”.

Presidencia do Pleno: O alcalde sae en defensa de José C. Rey, decindo que “estamos cerrando un ciclo onde o Sr. Rey non ten nada que ver”. Ó que lle replica Koke: “ sendo concelleira na anterior corporación polo grupo PsdeG-PSOE, tiña responsabilidades en materia de Asuntos Socias e Cultura, e creo entender que o Sr. Rey era Tenente Alcalde e leva a materia de Obras e Servicios, digo que terá moito máis que ver que eu”.

A modificación de créditos queda aprobada: a favor 6 (PP-AEC), en contra 4 (BNG e PsdeG-PSOE), abstencións 1 (IVC).

4º/ MOCIÓN DE URXENCIA DO BNG PARA TRATAR DA SUPRESIÓN DA INSPECCIÓN EDUCATIVA.
Non se toma en consideración en contra 6 (PP-AEC), a favor 4 (BNG e PSdeG-PSOE) e 1 abstención de IVC.

5º/ ROGOS E PREGUNTAS:
BNG: 1ª Preg.: ¿Qué medidas se van a adoptar ante o problema que ocurreo o día 06-07-2007 nas dependencias do concello coa técnica de turismo? Resp: haberá unha asamblea e contestarei no próximo pleno.
2ª Preg: Na reunión co Sr. Eimil, ¿qué actuacións concretas se van a facer na praia?. Resp.: “comprobareis in situ lo que se va a hacer”.
3ª Preg: ¿Qué compromiso adquiríu para o “bulevar” do Areal? Resp.: “No próximo pleno falaremos, según se vaian facendo as obras xa veredes”.
4ª Preg.: Nas obras de Laraxe-As Pontes ¿cales son as iniciativas? Resp: “Se van a solucionar los problemas”. “estou sorprendido pola túa presa”, “deixame traballar”.

IVC: Preg.: Nos convenios da EDAR e da N-651, ¿qué vai facer para levar acabo esos convenios?. E un rogo: “tras as desafortunadas intervencións do BNG faga o favor de defender ós veciños de Laraxe, xa que foi BNG-PSOE quen loitou para que a carretera pasara por Laraxe. Leve a auga a Laraxe. Resp.: “Neso estamos”.

PsdeG-PSOE: 1ª Preg.: Ante a derogación do regulamento municipal por PP-AEC-IVC, ¿cómo se vai a regular as intervencións nos plenos, Rogos e preguntas?. Resp.: O tempo dependerá dos temas a tratar, a criterio da presidencia. En rogos e preguntas as que fagan falta. (O criterio vai ser perigoso, por que me parece que vai a imperar o de aqui mando yo).
2ª Preg.: Traballo concedeu 2 voluntarios para a praia, sae na prensa que están contratadas, Resp: non están contratadas,. Rógolle que controle ese tema xa que a problemática de que voluntarios fagan labouras de socorristas pode acarrear graves problemas. Resp.:Estase a solucionar.
3ª Preg.: A repecto do incidente coa técnica de turismo que rematou cunha denuncia na Garda Civil, ¿Qué medidas pensa tomar?. Resp. : Haberá unha asamblea e contestarei no próximo pleno.
Un Rogo: Coma xefe de persoal, e nos posibles incidentes futuros, tome as medidas necesarias correctoras fronte ós agresores e non fronte ós agredidos. (Neste momento unha persoa do público- se cadra sintéuse aludida- increpou á representante de PsdeG-PSOE, chamándolle caradura, que poca vergüenza tienes,... sen que a presidencia tomara ninguha medida).


En fín eso foi a groso modo o que deu de sí o pleno do día 24-07-2007.


¡¡Admítense comentarios!!!!.