CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 21 de novembro de 2008

Pleno Ordinario ACTUALIZADO!!!!!!

Para esta convocatoria, o PSdeG-POSE de Cabanas presenta para a inclusión na orde do día do Pleno ordinario do vindeiro 26 de novembro 3 mocións, que coma ben sabedes son ou teñen que ser presentadas como grupo mixto, e 1 mais é presentada por IVC.
A potestade de incluílas na orde do pleno é do Sr. Alcalde, xa se saberá si son ou non postas, xa que nos ten acostumados a poñer o que non molesta (recórdovos os tres intentos fracasados da Moción para que o Concello de Cabanas se adherira á Axencia da Protección da Legalidade Urbanística).
1ª/ Sobre Violencia de Xénero e:
  • Instar ao Goberno da Nación a seguir aplicando coa mesma dilixencia a Lei Integral de Medidas Urxentes contra a Violencia de Xénero e poñer todos os medios precisos para continuar sensibilizando á sociedade española contra esta lacra.
  • Instar á Xunta de Galicia a seguir aplicando dilixentemente, como ata agora, a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral contra a violencia de xénero.
  • Instar á colaboración leal do Concello coa Xunta de Galicia e co Goberno da Nación para que, no marco das súas respectivas competencias, poñan a disposición das mulleres vítimas todos os recursos posibles, implantando definitivamente a rede integral de asistencia e apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero, sen diferencia, en todo o territorio español.
  • Fomentar programas específicos para abordar os casos das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade no noso concello.
  • Loitar para, entre todas e todos os cidadáns, lograr erradicar a violencia de xénero da sociedade.
2ª/ Sobre o Transporte Metropolitano e: Que o Concello de Cabanas se adhira a este novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.
  • Que se estuden e consensúen os percorridos coas distintas asociacións veciñais e culturais, e cos grupos políticos do Concello, para facer unha proposta de Programa SIME e SUME que articule un bon sistema de transporte público que integre a tódalas parroquias do Concello.
  • Que se faculte ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas a levar a cabo o convenio de adhesión e a proposición dos Programas SIME e SUME que se cheguen a consensuar.

3ª/ Sobre os IMPOSTOS e:

  • Que se modifique o tipo do índice a aplicar nas Ordenanzas Fiscais Nº1 e Nº2 ao tipo mínimo legal, para que teñan efecto no ano 2009 e seguintes.
  • Someter a información pública o presente acordo e o texto das ordenanzas reguladoras polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no BOP e no taboleiro do Concello segundo dispón o artigo 17 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
  • Elevar a definitivo o presente acordo no caso de que non se presentasen reclamacións n referido prazo, segundo o establecido no devandito artigo 17 do citado do Texto Refundido, o cal será de aplicación a partir de xaneiro de 2009.

Promete ser un pleno "movido", e deseguro que con algunha saída de tono. O Goberno Local "está traballando en eso". Anímovos a ir á casa do Pobo e ver in situ o discurrir do pleno.

Actualizado (22-11-2008):

Como vos indicaba e pensabamos, o Sr. Alcalde non tivo a ben incorporar a moción do PSdeG-PSOE sobre os IMPOSTOS, nin a de IVC sobre Parques Infantís. Calquera das dúas son unha espiña, por que con elas se lles pide que fagan un control dos gastos, de maneira que sexan capaces de dirixir ben este Concello, e non despilfarrar en "obras" sin sentido.

Os recursos públicos non son ilimitados, e a este Concello faille falla un cambio na dirección, é sabido por activa e por pasiva que o Sr. José Casimiro Rey sendo tenente de alcalde é partícipe e correlixionario nese empeño en despilfarrar, e que é tanto ou mais culpable de todo. Non sei que volta lle vai a dar para decir que el non ten culpa de nada. Se cadra chora, e segue a menter decindo que é culpa da Deputación e dos demáis, súa non.

"Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo". E os cotos privados son doutra época xa felizmente pasada, aínda que a algúns síguenlle gustando mantelos.

Sígovos animando a participar no pleno do vindeiro 26-11-2008.

Ningún comentario: