CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 4 de marzo de 2008

MITIN PSOE CABANAS

HOTEL SARGA 02-marzo-2008
Bon día compañeiros e compañeiras, amigos e amigas.
Gracias por acompañarnos neste acto, antes de nada teño que disculpar ó compañeiro Xavier Carro, candidato ó Congreso dos Deputados por non poder estar connosco por problemas de axenda de última hora; síntoo por el, xa que se vai a perder os aplausos e o agarimo neste ecuador de campaña aquí en Cabanas.
Acompáñannos: Sandra Ríos, candidata ó Senado, Iván Puentes, Alcalde de Fene e Secretario xeral do PSdeG-PSOE en Ferrolterra e Mª Debén delegada provincial da consellería de traballo.
Como decía estamos no ecuador da campaña electoral, e mañán celébrase o 2º debate televisado e radiado entre os dous únicos candidatos con posibilidades de gobernar, hai que decidir entre unha política de esquerdas, de valores sociais, de impulso da sociedade do benestar e igualdade sin esquecer a ninguén; ou unha política de dereitas, de valores elitistas, que impulsan o seu benestar, esquecéndose da sociedade.
Estamos vendo últimamente e en distintos medios de comunicación como o PP loita por que a xente non vaia a votar, por que sabe que o voto de esquerdas, aínda que é firme nos seus principios, é remolón.
E é a nosa responsabilidade mobilizar á esa xente, nosa: os políticos e vosa: os militantes e simpatizantes, para que vaian a votar; xa que o voto é a expresión máxima da democracia dun pais.
A Abstención non sirve, a abstención considerada coma un castigo, non sirve e ademáis é un erro. Todo voto depositado na urna é válido; e canta máis participación teñamos, máis lexitimado estará ó goberno elexido. E para mostra o acontecido aquí en Cabanas, só por 2 votos o PSOE non ten 2 concelleiros, e Mª José (KOKE, dende aquí o meu apoio á túa labor no Concello, que sei que é sumamente difícil polos atrancos que che poñen); digo, que ó non ter 2 concelleiros ten que compartir grupo municipal con IVC, no Grupo Mixto (Pensade o que iso significa IVC+PSOE no mesmo local). Só por 2 votos.
Polo tanto quen diga que o seu voto non é importante equivócase.
Decía na presentación da candidatura ás municipais de maio do 2007, que Cabanas tiña a posibilidade de prosperar, xa que tiñamos aos compañeiros no Goberno Central, na Xunta de Galicia e na Diputación de A Coruña.
E defeito si seguides as novas dos diarios, a Deputación acaba de aprobar unha dotación económica importante ( sobre uns 900.000€ ) para o arranxo do vial de Porto a Laraxe, proxecto polo que levaba loitando durante tempo a anterior corporación socialista, Estradas do Estado vai a humanizar a N-651, tamén promovida e loitada pola anterior corporación socialista, así como a ampliación do Polígono Industrial do Vilar do Colo;…. É decir, que cando o PSOE ten a posibilidade de gobernar, goberna para todos, e cando lle toca perder as eleccións, acata os resultados, e fai a súa autocrítica e valoración, sen lle votar a culpa ós demáis. Cousa que non fai o PP, que cando goberna goberna para os seus, e cando perde as eleccións vótalle as culpas ós demáis, e iso é o que se decide nestas eleccións, dúas maneiras ben diferenciadas de facer política, para o que se necesita unha maioría, coma decía o compañeiro Alfonso Guerra, que é un xenio, no acto de Narón, unha maioría non amplia, senón absoluta, as maiorías absolutas só funcionan cando as ten o PSOE.
Ben compañeiros e compañeiras, pola hora e o día que é, non quero extenderme na presentación e deíxovos con Sandra, a nosa candidata ao Senado.
GRACIAS

Ningún comentario: