O máis salientable foi a contestación do 1º Tenente de Acalde D. José. C. Rey (AEC), cando a concelleira do PSdeG-PSOE Dª Mª José Cabana recórdalle a pregunta sobre o vertedoiro selado de Santa Cruz:
e a súa contestación no pleno de novembro que foi: "a semana pasada estiven alí con técnicos da Xunta inspeccionando como estaba xa que veñen a comprobar o selado, o encontraron perfectamente ben, faleille da limpeza da maleza e dixéronme que se podía desbrozar ou deixar como está, que fixeramos o que quixeramos polo que está en perfecto estado sen problemas ningún, indicaron que no caso do desbroce se debía ter coidado co depósito instalado alí", pregúntalle
"polo escrito de entrada nº 402 do 27 de febreiro de 2008 da Consellería de Medio Ambente no que se lle require entre outras: que mellore a situación do vertedoiro desbrozando a maleza, e que comprobe a situación da rede de evacuación de augas superficias, revise o volumen de lixiviados nas balsas, e que presente un informe de seguimento ambiental, de control dos lixiviados así como analíticas: físicas, biolóxicas, orgánicas e inorgánicas. Entendo que non todo estaba ben. A respecto desto un rogo e unha pregunta: rógolle non minta e preguntolle ¿cómo están as actuacións requeridas?", é dí: "paréceme moi chocante que trala vosa pregunta entre ese escrito no concello, so teño que decir que os técnicos minten, a mín dixéronme que estaba todo ben, e a respecto do que piden, haber como facemos, xa que o Concello non ten técnicos nin medios para facer tal cousa". Non todo estaba ben e quen fixo que non minte é a Consellería (Ninguén máis cualificado en mentiras que o Sr. Pepe rey). Es lo que hay.
Sobre a presa de Ventín que sigue sin protección, calquera pode caer dentro do encoro xa que non hai valado ningún, despois de preguntarllo e rogarllo en dous plenos (catro meses), dí que "coma estaban quitando terra estaban esperando a acabar para poñela". A nosa opinión é que en calquera obra e durante a execución da mesma é OBLIGATORIO manter as medidas de seguridade. Aquí non se fai, esperemos non lamentarnos por ningunha desgracia.
Modelo enxebre de peche perimetral de recintos.
E xa, cando lle pregunta por qué non se inclúe por terceiro intento na orde do día dos plenos unha moción do Grupo Mixto para que o Concello se adhira á Axencia de Protección Urbanística, o Sr. Alcalde dí, e quédase tan ancho, que o que presenta o Grupo Mixto non é unha moción. Es lo que hay.
Nos outros puntos, votouse a favor con unanimidade o acordo de delegar na Deputación a xestión da recaudación dos impostos, así coma a moción presentada polo BNG para o transporte de proximidade, aceptando o BNG unha enmenda do PSdeG-PSOE que pide que as liñas percorran o interior das parroquias tanto nas liñas AS PONTES-A CORUÑA (Empresa ARRIVA) como A CAPELA-FERROL (Empresa CAPELA).
Levamos 9 meses nos que neste Concello vai a remolque do que estaba xestionado con anterioridade, e colgándose medallas que loitaron outros concellos que sí traballan ( i.e.: Fene no Vilar do Colo: ADSL, Ampliación, Punto limpo,...), ademáis de pedirlle á concelleira do PSdeG-PSOE que use os seus contactos na Xunta para que saque adiante as Propostas do Plan Parques para Vivir da Consellería de Medio Ambente, cando non sabemos nin cales son as propostas (si é que as hai), que non se esqueza o Sr. D. Germán Castrillón que é el o Alcade do Concello de Cabanas, e que este concello ten 7 parroquias cada unha delas con distintas necesidades pero importantes e se non saben ou non queren deixen traballar a quen si quere e sabe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario