CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 26 de febreiro de 2008

Debate???

Despois do día 25-F, todos ganaron. Non hai máis que ver a prensa escrita, internet e escoitar a radio.
Para mín o debate foi soso, mais si revisamos audios e transcricións, quédanme na memoria o que dixo ZP de que "hoy se podrá comparar a dos candidatos a la presidencia de la nación, que estuvieron tanto en la labor de oposición como en la de gobierno"; é decir, son dúas maneiras de facer política comparables. Recalco comparables, por que os resultados ademáis de vir pola política feita, depende de outras variables que non pode "controlar" o goberno, pero que sí ten que tomar en conta. Así, nun momento de coxuntura mundial, onde o precio do petróleo é ascendente (a saber por qué?), onde o problema ambiental é preocupante, onde a fame e miseria agobia e apreta ós habitantes doutros paises que queren vir a España, onde aumenta a población activa, os resultados aparecen, e aparecen polas políticas feitas por un goberno progresista, que pensa en clave de pais en futuro. Creamos emprego, subimos pensións e salarios mínimos, incentivamos a educación e a investigación (que penso ten que seguir implementándose, por que é o futuro dun pais), fánse leis coma a de Dependencia, a de Igualdade.
Pois non se pode negar a evidencia, non podemos terxiversar os datos facilitados polos organismos oficiais, xa sexan españois ou europeos, xogamos coa mesma baralla. Se os datos son bos aledémonos, e digamos en que tipo de política non estamos dacordo ou como pensamos en mellorar outras.
Lín, que o verdadeiro gañador do debate será a quel que gañe o debate sobre o debate, e penso que fora dos tópicos das garabatas, posturas e xestos, habería que fixarse na dialéctica, no programa electoral.
E o PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero ofrece o mellor programa.
Saúde e o 9 de marzo a votar con todas as nosas forzas PSOE, para que Galicia e España siga avanzando.

Ningún comentario: