CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


domingo, 16 de marzo de 2008

Outra análise é posible!!

Despois de dar un paseo pola rede e ler os análises dos compañeiros Manuel, José Luis,... pois que queredes que vos diga, que me quedo por casa. Se cadra para todos os partidos que nos presentamos ás eleccións ás Cortes Xerais, os resultados son positivos. Imos descontar aos que se presentan por 1ª vez, xa que sempre melloran resultados, non así expectativas.
En canto a Cabanas, os datos obxetivos son:
Xer2004/Europ2004/Aut2005/Mun2007/Xer2008
PP 911 / 534 / 757 / 597 / 886
PSOE 867 / 548 / 647 / 287 / 831
BNG 242 / 151 / 415 / 432 / 313
AEC -/ - / - / 424 / -
IVC - /- /- / 233 / -
Se cada cita electoral ten a súa dinámica, e cada ano as súas particularidades, o que se ve é que Cabanas é de esquerdas, deixando as municipais do 2007 nun aparte, a variación entre as tres formacións maioritarias nas citas autonómicas, xerais e autonómicas é máis ou menos similar. Si nos basamos nas premisas de que nas municipais do 2007 os votos do PSOE foron á AEC, e os do PP á IVC, e o BNG recolle votos da esquerda; nas Xerais do 2008 o PSOE recupera os votos de AEC máis os que perde o BNG con respecto ás municipais, e o PP perde votos aínda recuperando os de IVC. Sendo a abstención nas municipais do 34% e nas xerais d0 25%.
En fín, que quen non se consola é por que non quere. Todos gañamos: O PSOE recupera os datos das municipais, o PP gaña no Concello, e o BNG mellora os datos de 2004.
Noutra orde de cousas, o noso querido Alcalde andivo a convocar un pleno extraordinario na xornada de votacións, xa puxo unha comisión de facenda no día de reflexión (un concello moi traballador), e sendo fiel á súa maneira de actuar, cando no primeiro punto da orde do pleno Mª José Cabana tenta recabar datos para posicionarse na intención de voto, o sr alcalde non quere respostar, logo resposta ao que non se lle pregunta e por último retíralle a palabra á concelleira do PSOE para darlla ó portavoz do PP, o que reprocha que "es la herencia que recibimos del anterior grupo de gobierno", ante o cal Mª José dílle que "no actual grupo de goberno teñen ó que foi 1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Servicios durante varias lexislaturas, e que el tamén terá algunha responsabilidade" (mentres o Sr. Pepe Rey ríase coa súa sorna e decía que non coa cabeza, ao que lle dí Mª José, "sí Pepe ti tamén estabas no grupo de goberno, eras 1ºTenente de Alcalde e Concellal de Obras e Servicios "), aqui o sr. alcalde chámalle á orde por 2ª vez retirándolle a palabra, momento no que Mª José abandona o pleno en protesta, facendo constar en acta o por qué abandona o pleno, así como que está dacordo no amaño de tódalas pistas do concello.
En fín, cando os temas son intranscendentes, todo son boas palabras, pero cando non, actúase coma nunha dictadura. Moito temos que aprender, de tódalas maneiras o PSdeG-PSOE de Cabanas traballará na defensa dos intereses do pobo de Cabanas dentro das súas posibilidades e sen medo de apoiar ou apoiarse noutras formacións políticas, deso non teñades dúbida.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Sendo malos a analise tamen pode ser que os Cabaneses son de esquerdas pero non queren ós do PSOE no concello

Anónimo dixo...

Os Cabaneses si queren aos do PSOE no Concello senon estes non estarian gobernando durante 20 anos, o que non queren son conflictos internos,nin traidores falo do Sr.(venlle grande) Pepe Rey, que xa pagara por todo o que fixo e esta a facer,claro que xa tera o seu peto cheo o sin verguenza,dexeso e espero que o Psoe volte con toda a sua forza como xa quedou demostrado nestas ultimas eleccions xerais. votei sempre ao Psoe eo seguirei votando este quen este, o contrario e para os chaqueteros e para os que non teñen ideais