En resposta ao artigo de opinión de D. Xosé Luis Barreiro Rivas (publicada en La Voz de Galicia do día 20 de decembro de 2010).
Pode parecer que falar deste tema é a touro pasado e a destempo, mais creo que non. Vou a falar coma Entidade Identificadora habilitada dacordo ao Decreto 183/2010, do 4 de novembro, polo que é con total coñecemento de causa.
No cambio de modo no rexistro e identificación animal, os actuais responsabeis políticos da Consellería de Medio Rural suprimiron o sistema vixente ata o 31 de decembro de 2010, disfrazándoo coma un aforro para o gandeiro, pois rotundamente NON. É un aforro para a Consellería de Medio Rural, estimada nuns 3,7 millóns de €/ano; podo facer demagoxia e preguntar canto costou á administración da Xunta de Galicia e máis á do Estado a visita do máximo pontífice da Igrexa Católica, non o vou a preguntar; podía preguntar á administración POLÍTICA da Xunta de Galicia en onde podía, xa non aforrar se non maximizar os seus gastos, pero éstes non van a querer que se lles pregunte e moito menos escoitar e responder (moda actual de certos políticos). Pero si podo preguntar en canto se estima o efecto da trazabilidade na saúde, OFICIALMENTE controlada polos servicios veterinarios, da cadea alimentaria. Que, aínda que é unha cousa que cae polo seu peso, hai que comentar que comenza co nacemento do animal.
Unha análise de Puntos Críticos, diríanos que podemos compartimentalizar a cadea alimentaria segundo os distintos momentos productivos da vida do animal, dende o nacemento ata o seu sacrificio (animais de vida) e logo do sacrificio, a distribución ata o consumidor. No momento do sacrificio o animal perde a súa identificación (auricular/chip/bolo intraruminal) para pasar a ser un número de canle (animal faenado, é decir: desangrado e eviscerado) polo cal podemos levar unha trazabilidade dende o punto de consumo, hacia atrás, ata o matadeiro e dende aqui ata a granxa da que procede.
Estimado Xosé Luis, da trazabilidade non se sabe da súa necesidade ata que se necesita (si se me permite a redundancia). A trazabillidade permite compartimentalizar a produción, coma dixen, e no caso dalgunha incidencia sanitaria actuar na cadea alimentaria de maneira que nos permitiría primeiro acotar a incidencia e despois afrontala.
Si o sistema de identificación bovina, ovina e caprina, en Galicia funcionaba moi ben, e tiña un coste, e non é asumida/copiada (sin pagar copyright coma dis) por parte doutras administracións autonómicas ou doutros paises, non é unha excusa para desmóntalo. Gustaríame que alguén me dixera cal era o sistema de identificación animal en Inglaterra e a trazabilidade, antes do caos provocado pola “crisis das vacas tolas”, e de paso que cuantifiquen as perdas causadas. Gustaríame que alguén da Administración da Xunta de Galicia (non só a Consellería de Medio Rural) me explique o por qué deste abandono do medio rural.
Estimado Xosé Luis, fas un chamamento á responsabilidade do administrado, en beneficio dos consumidores e do interés xeral. Pois aínda a risco de parecer ou ser demagóxico, tamén poderiamos facer un chamamento á responsabilidade dos condutores para que teñan os papeis do coche en regra (seguro. IVTM, ITV…) e por suposto á súa responsabilidade no momento de conducir para que cumpran as normas,.. desa maneira poderiamos abolir un gran número de gardas civís de tráfico e aforraríamos de paso outro pico. Hai cousas coas que non se xogar. A saúde é unha delas.
Non se pode decir por parte do conselleiro de Medio Rural que o sitema de identificación bovina, ovina e cabrún era un luxo que non se podía pagar, insisto que alguén me diga por que este afán por denigrar ao rural (Galicia estimados lectores é rural dende Ribadeo ata A Guarda e dende Pontevedra ata Viana do Bolo).
Non se pode decir por parte do conselleiro de Medio Rural que o sitema de identificación bovina, ovina e cabrún era un luxo que non se podía pagar, insisto que alguén me diga por que este afán por denigrar ao rural (Galicia estimados lectores é rural dende Ribadeo ata A Guarda e dende Pontevedra ata Viana do Bolo).
E volvendo ao inicio, a abolición e desmontaxe do sistema de identificación animal en Galicia pasa a ser máis costosa para o gandeiro, que pasa de pagar 2,65€/identificación a unha media de 10€/identificación. Pasa de ter o D.I.B (Documento de Identificación Bovina) ao momento a ter que esperar a que lle chegue por correo ordinario (non certificado -ollo-, co que de entre miles de DIB´s seguro que algún se perderá e haberá que pedir duplicado, co correspondente gasto), pasa de ter o servicio de compulsa de documentos ao pé da casa a ter que desplazarse á súa oficina agraria comarcal, perde un servicio de información a pé de granxa …..e estimado Xosé Luis, ata o de agora non hai posibillidade de acceso á OAV (Oficina Agraria Virtual) via internet de calidade na totalidade do territorio galego (ata o de agora unha amplia mayoría das explotacións están no rural, RURAL), e o sistema de atención telefónica 012, pois… mellor cho explicaría si foras unha Entidade Identificadora pero mes e medio para resolver unha incidencia, ademáis dun coste de facturación por minuto cando menos abusivo.
Aínda que coma Entidade Identificadora, eu son veterinario, pode ser calquer persoa física ou xurídica; sabes cal é a relación que se crea entre o profesional e o cliente, sabes o que é o código deontolóxico, sabes o que é a picaresca,....
E non estou actuando corporativamente, xa que coma autónomo é outra fonte de ingresos e un servicio aos meus clientes.
E non estou actuando corporativamente, xa que coma autónomo é outra fonte de ingresos e un servicio aos meus clientes.
Polo que HAI COUSAS SOBRE AS QUE UN PROFANO NON DEBE OPINAR.
1 comentario:
Me gusta muchísimo Delfín. Deberías envialo ós periódicos. Felicidades. Nana
Publicar un comentario