CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 15 de novembro de 2010

Si alguén mo pode explicar, eu agrádezollo, e de paso o sector!!!

Onte domingo, día de descanso (¿?), día de ler os periódicos, desistín de facelo vía internet por que parecía un embobado mirando a pantalla do ordenador pola lentitude de movistar, e fun a compralo para lelo a carón da chimenea queimando os toros que fun sacando da limpeza dun balado.
Cal é a miña sorpresa, ou case shock, cando vexo a portada "Becerros a 1'60€".
E agora quedas embobado mirando como o lume devora o toro de leña que acabas de meter, mentras pensas.
E pensas: así é imposible. E volves a ler o artigo, e segues a pensar: así non imos a ningures.
Pragmáticamente, se votas contas claro que che sae mellor desatender ao xato-macho cando nace e esperar  a que morra e que o seguro que tes contratado cho aboe.
Esto leva a "descapitalizar" o  agro. Pero polo que se vé estamos metidos no tema do carto duro e puro sen pensar no futuro (¿ou hai alguén que sí?). Estámonmos acostumando a descapitalizarnos ( Endesa, Telefónica, Iberia,...agora R ), vendemos e conseguimos activos (dinero cash que diría aquela) e logo pedímoslle responsabilidades ao mestre armero.
E claro, agora o último máis "ilusionante" é o de comer natural. ¿Natural?, por favor que alguén mo explique, por que si facemos caso da publicidade dese famoso pan de molde no que van estoupando aqueles que usan non sei que cousas na elaboración, e só queda un, ese un ¿é natural?.
Se cadra sí por que é ou será o único. E claro sendo o único é o natural.
Insisto, que alguén mo explique por favor!!

P.D.: Ao final do artigo a ese mesmo gandeiro pagáronlle 236€ por un limusín. polo que:
236+1,6=237,6
237,6/2=118,8€/becerro 
¡¡¡¡As matemáticas non enganan!!!!

Ningún comentario: