Coma xa escribín no penúltimo post a Consellería de Medio Rural está a cambiar a sistemática de identificación animal. Polo de agora coexisten as dúas, a que fan os servicios veterinarios de SEAGA (ata fin de ano imaxino ou se resolva o ERE) e a nova que é a que todo aquel titular que o solicite pode facelo:
a) telemáticamente, sempre que teña un ordenador, sempre que teña unha cobertura de acceso a internet ¿¿??, e sempre que sexa capaz de facelo -cousa que dito de paso non é nada difícil-.
b) tefónicamente, non quero pensar os erros que se cometerán dende a data de nacemento, a raza, o crotal da nai o crotal que leva o xato, .... e moitos outros amén de que che collan o teléfono á primeira, que non che salte o contestador ou que sexa algún 901, 902
c) indo á Oficina Agraria Comarcal cos datos
d) que se constitúan agrupacións identificadoras, xa sexan Asociacións de Defensa Sanitaria, Cooperativas ou Empresas Privadas, e fagan a identificación "privada"="pagada" e quen identifique sexa 'vaite ti a saber', moi posiblemente nas dúas primeiras sexan os veterinarios que levan os servicios pero ¿e na opción de Empresas Privadas?, por qué non é necesario que quen o faga sexa un licenciado/a veterinario/a.
Polo que en moitos casos teremos unha merma na calidade da trazabilidade e en moitos outrros unha perda dela.
Si esto de por sí xa é o suficientemente importante, imaxinade o que será no caso de que o titular retrase o data de identificación, ata o de agora había 20 días para facela a identificación, pódese dalo caso de que se 'minta' na data de nacemento, e diredes non pasa nada. Pois neste caso si que ten a súa importancia: no matadoiro a toda res que entre con máis de 12 meses de idade faiselle unha serie de controis para comprobar certas enfermidades como a EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina a tan tristemente famosa enfermidade das Vacas Tolas que levou a aquel Conselleiro de Agricultura a enterrar as vacas sen control) e gracias a este sistema foi rápidamente atallado, por que temos unha trazabilidade xa non de onde procede a carne que comemos senón como foron os movementos de animais e o posible contaxio.
E podemos chegar a non ter identificados aos animais e desfacérmonos deles nunha cuneta coma este caso que atopei hai dúas semáns cos conseguintes problemas sanitarios que conleva.
Hai moito traballo por facer pero esta non é a maneira. Agora serán suprimidos 53 veterinarios/as, compañeiros de campo, que eran os que traballando con choiva, vento, sol ou neve facían o traballo dos "quentacadeiras".
Ningún comentario:
Publicar un comentario