CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 13 de febreiro de 2008

A palabra vs violencia

A miña máis forte repulsa o acontecido a Mª San Gil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, á bomba en Miño, á violencia de xénero, en definitiva ao uso da violencia vs palabra.
Coma xa teño escrito por aquí, son un devorador de radio e prensa, teño especial pasión polas tertulias (mais hai algunhas que non trago), sigo sobretodo aquelas nas que hai pluralidade de opinantes. Por que queiramos ou non somos moitos neste país e temos distintos puntos de vista.
Cando a palabra=idea=razón deixa de usarse para dar paso á violencia física=agresión=coacción, aqueles que a propuganan=non denuncian=alentan=consinten perden a lexitimidade da súa palabra.
Dá pena e tristura que haxa dirixentes=ideólogos que non saiban que eso non leva a ningures, por que exemplos hai dabando na historia.
¿Qué é o que máis valoro unha persoa?: A SÚA PALABRA, por que sexa o que sexa o que diga, sabes que non vai a cambiar. Por que cando un empeña a súa PALABRA está empeñando o seu HONOR. Pero estos dous conceptos perdéronse hai tempo. Hai homes e mulleres que SI teñen palabra, que Si se sabe cara onde van, que SI se pode CRER neles.
Aos que non teñen PALABRA chámalles a bilela Virxinia FALABARATOS, por que o que dín non lles costa nada, por desgracia hai moitos.
Cando hai asesores, que só se manteñen ao sol que máis quenta, mal para eles e mal para quenes se asesoran deles; por que só buscan lexitimar o ilexitimable, non por moito berrar non vas a facerte oir máis lonxe. Estase vendo que cando non hai ideas reais, dánse paus ao auga, para que todo siga igual pero salpicando, para foder (con perdón).
Cando un ten a idea do que quere, e teno claro, simplemente expono. E logo é a cidadanía quen o xulga; a uns polo que van facer (programa) e a outros polo que fixeron e como o fixeron.
Amighiños: ¡¡¡Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo!!!. ¡¡¡Coidado cos falsos testemuños!!!.

Ningún comentario: