CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 19 de maio de 2008

REFLEXIONANDO

"Aquí, mentres non mates a alguén non tes delito". Este comentario é moi manido. Dende logo que causar a morte de alguén é o máximo delito (por que non ten volta atrás), logo virán os "traballadores" da lei para buscarlle "a volta". Pero o delito é delito, así como que a mona é mona aínda que a vistan de seda. Isto causa un desacougo na xente, por un lado a sensación de impunidade de quen comete o delito (moi ao par do "poder") e polo outro a indefensión do que padece a ofensa.
Hai unha gradación extensa do delito,... non son xurista nin pretendo selo; pero polo pobo circula ese pensamento de impunidade e indefensión.
Entón hai que buscarlle solución, e sempre sae o seguinte: "O GOBERNO é quen o ten que solucionar", e é verdade. Pero quen conforma o GOBERNO somos NÓS, a sociedade, eso sí através dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, pero nós non pertencemos a eses poderes, somos cidadáns, pero temos mecanismos para actuar, mediante a elección dos que nós creemos que máis se aproximan á nosa ideoloxía (por que todos temos unha).
A estructura administrativa é troncopiramidal, comezando polos Concellos e Diputacións Provinciais, Gobernos Autonómicos, Goberno Central e Unión Europea. Todos estes entes están relacionados, e polo tanto son dependentes uns dos outros, ..... e os destinatarios da súa acción ou non-acción somos os cidadáns, polo que temos que ser o suficientemente abertos a criticar e recibi-las críticas, a esixir e a que nos esixan, e iso só se conseguirá con sosego e liberdade.
A cidadanía ten coma administración máis cercana ao Concello, e éste será o primeiro en definir as liñas de actuación, de relación coa cidadanía; todo aquel que se sinta representante elexido polos veciños debe mirar ao futuro e buscar solucións aos problemas e non causar máis, non buscar a autocomplacencia nin o autobombo, nin o beneficio propio ou "amigo".
En fín, que os cidadáns somos os que temos a "chave das noces", que non nos enganen, por moitas festas e acontecementos "festivos" que se organicen, os problemas seguen ahí e seguen a aumentalos:
- soldos menos que máis merecidos (2.500€/mes a tempo parcial)
- subida de impostos municipais por riba dos mínimos (38% no IBI, 12-30% IVTM,..)
- acometida de novos servicios innecesarios e deficitarios ( servicio de grúa municipal, ao que o concelleiro de facenda responde:" no creo que un déficit de 700€ cause un quebranto en las arcas del ayuntamiento)
- uso dos plenos para a súa complacencia, usando a "apisonadora" da maioría para non ter en conta ningunha iniciativa da oposición, coa caradura dalgunha concelleira de chegar a decir en pleno: "no venís a nada".
Mañán hai pleno extraordinario pedido polo BNG, asistiremos a outra esperpenta sesión de "apisonadora" e "no sé a que venís", oxalá me equivoque.

sábado, 10 de maio de 2008

Pleno Extraordinario do 8 de maio

Apróbase as actas das sesións anteriores, asi coma a solicitude de subvención dos servicios sociais.
No punto 3º da orde do día referente ás Taxas municipais de vados de beirarrúas, pois aparte de incrementalas nunha porcentaxe excesiva, vai encamiñada hacia o punto 4º de tramitar unha nova ordenanza, a da Retirada de vehículos=Servicio de Grúa, un punto onda houbo de todo, O BNG preguntáballe ó Sr. Alcalde ¿cal era o casco urbano?, e este titubeando sinala que “La Magadalena, la N-651, parte de Porto,...”, pregúntalle tamén ¿onde será o depósito?, “hombre tenemos una nave en el polígono superestupenda para esto”, e o Grupo do BNG di o que todo mundo pensa: ¿é necesario dito servicio?, “si, es lo que piden,... y además parece que estais dando a entender que vamos a comprar una grúa, y no, lo que vamos a hacer es contratar un servicio de grúa” (uffffff que peligro), IVC non o ve mal, pero advírtelle ó Sr. Alcalde que non vai sair de diante do seu negocio, ao cal o Sr. Alcalde fai un aceno moi usado por el (abaneando a cachola), quero recordar que nun rogo no pleno anterior da concellal do PsdeG onde lle pedía que cumplira os días festivos do concello (traballouse en martes de Antroido), o Sr. Alcalde moi ofuscado díxolle que se enterara primeiro si seguía sendo socio do negocio (¿¿¿???), o de sempre cando nin vai nin ven pois dámolo por chiste, pero cando FIRE, ....
De tódolos xeitos, IVC sigue a falar e fai referencia ao Informe de Facenda onda se dí ao final que hai un déficit no servicio ( Coste=108016,94€, Ingresos=107488,50€; Balance= -528,44€), e o Sr. Chillón comenta que “un déficit de unos 700€ al cabo del año no significará un quebranto para las arcas del ayuntamiento”, (uffff outra vez, palla a palla faise o palleiro). IVC da unha de cal e outra de area: ¿Por qué non se pon un CEPO?, Cuidado coa retirada e os danos ao vehículo, que veña a Policia Local a facer unha peritaxe de coma se atopa o estado do vehículo antes do traslado e logo no depósito,...para rematar decindo o PP “está claro que el principal problema será en verano...” (está claro, clarísimo onda é verán no Concello de Cabanas). Aprobouse con 6 votos a favor (PP+AEC), 3 en contra (BNG) e 1 Abstención (IVC, por que non lle aseguraron que poidera ser un veciño o que denunciara, ¿?)
No 5º pedíase seguir adiante co trámite de desafección da Escola das Viñas, 6 a Favor 4 en Contra.
No 6º que trataba sobre a Consulta de impacto medio ambental do AVE no Eixo Atlántico,.... decir que é un estudo que fala do percorrido pola liña actual, todos a favor de rexeitar o estudo, o BNG quería que lle tiveran en conta unha proposta para que se aproveitara para mellorar a liña “xa que é un momento idóneo para elo”, e os demáis decían que non era o lugar para pedir un tren metropolitano (confundimos as churras coas merinas, aínda que todas son ovellas). O PP fai unha proposta de rexeito do estudo. A favor 7 (PP+AEC, IVC), Abstención 3 (BNG).
No 7º: Proxecto de beirarrúas na estrada 1502 da deputación Porto-Laraxe, IVC:que quede ben, Pepe Rey xa sabe coma facer par segui-la obra.BNG pide que se prolongue unha serie de beirarrúas, ao que lle replican que eso será na 2ª fase unhas e outras están xa previstas nunha actuación do Concello; que se establezan pasos peonis con certa elevación, así coma plazas de aparcadoiro, propostas que o sr. Alcalde rechaza, “por que no ha lugar”, o BNG protesta xa que considera (con razón) que é o momento de alegar modificacións e melloras,... “ya está, vamos a votar..” A Favor 7 (PP+AEC, IVC), penso que Abstención 3 (BNG, síntoo pero colleume mirando para outro lado, atendendo a un comentario dun asistente do público certamente desagradable).
No 8º elexiuse o Xuiz de Paz, o Sr. Alcalde pedíu o voto secreto, ao que se opuxeron IVC e BNG, foi a votación e sae voto secreto, presentáronse 3 candidatas: Carmen Mª Cartelle Casanova (2 votos), María Torrente Rodríguez (5 votos) e Marta Barro Santos (3 votos).
No 9º Moción do BNG sobre a Banda Larga de INTERNET, para instar á Xunta para que á súa vez inste ao Goberno Central para que cumpla o PEBA (Plan de extensión da Banda Ancha), e que no rural haxa os mesmos servicios que na zoa urbana, coa mesma calidade e precios.
A favor 10
No 10º: Moción do PP en contra do decreto de Normas de Habitabilidade da Consellería de Vivenda,...un bo riferafe, que si supoñía un aumento do precio das vivendas, que si se ía quebrantar ás empresas para cambiar os stándares de construcción,...e derivou IVC: en que o PP está a defender os intereses dos promotores,... se esa vai ser a forma de actuar cando o plan de urbanismo xa lle digo que teñen a miña desconfianza, e o Sr. Chillón: “decirle desde aquí, que también usted no me ofrece confianza”. A favor 6 (PP+AEC) en Contra 4 (BNG, IVC).
En fín, recoméndovos que asistades aos plenos, é moi ilustrativo, francamente é necesario darlle visos de democracia e interese asistindo a eles, o próximo será o día 19 de maio, pleno extraordinario a petición do BNG para tratar diversas cuestións nas que o grupo de goberno non quere entrar.

Saúdos, e perdoade a extensión, pero por momentos parecía unha discusión de patio de colexio.

xoves, 8 de maio de 2008

Público & Privado

Hai unha serie de servicios que depende de quen os dé poden ter a consideración de bons ou malos.
Se os ofrece unha empresa privada, dase por entendido que aínda que non sexa "necesario" será "rentable". En cambio cando os servicios son dados pola administración pública teñen de antemán a consideración de "pozo sen fondo", e a súa necesidade en entredito.
Hai todo un elenco de servicios públicos necesarios e que inexorablemente deben seguir en máns públicas; e polo tanto é responsabilidade das administracións desenrolalas con todo o contido.
Cando estes servicios se van "externalizando", a sensación pasa a ser que un servicio se privatiza, que alguén recibe "cazo", e que este servicio pasa a non funcionar e obstaculiza o seu devenir, e tamén a dos outros servicios e sectores cos que se ten que cruzar.
En definitiva, que a sensación de recursos inagotables que ten a administración non é certa; que se debe ter un maior control do gasto público, o cal é perentorio, así coma optimizar ese gasto público.
Poderiamos poñer exemplos moitos de como se poderían simplificar os trámites, de como os esforzos administrativos poderían redistribuirse e de como sería sinxelo facer un control dos mesmos, para que quen recibe os servicios públicos os teñan en valor aínda que directamente non lle coste cartos.
Pero, ¿quen será o que lle poña o axouxere ao gato?.

mércores, 7 de maio de 2008

Un día de ledicia.


Hoxe foi un día de doble ledicia para min.
Por unha banda, a operación a corazón aberto dun amigo saíu con éxito, alédome por el e tamén pola familia e amigos que o poideron acompañar, un saúdo dende aquí Kike, para cando me poidas ler, que sei que eres un incondicional do blog, aínda que vago na escritura.
Pola outra, un bo amigo, deses que nunca se esquecen de tí, e que cando te atopan non fan outra cousa que sacarche as cores polas loubanzas (sempre esaxeradas), pois hoxe, Nacho é pai adoptivo por segunda vez, e mira ti, fun un dos primeiros en me enterar. Unha aperta fortísima meu, non imaxinades coma me aleda saber que tedes os vosos desexos colmados, asi coma que Felipe poida ter un irmán co que xogar.
Polo tanto, neste día de ledicia, que ninguén veña a fodela.
Bicos e apertas.