CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 19 de maio de 2008

REFLEXIONANDO

"Aquí, mentres non mates a alguén non tes delito". Este comentario é moi manido. Dende logo que causar a morte de alguén é o máximo delito (por que non ten volta atrás), logo virán os "traballadores" da lei para buscarlle "a volta". Pero o delito é delito, así como que a mona é mona aínda que a vistan de seda. Isto causa un desacougo na xente, por un lado a sensación de impunidade de quen comete o delito (moi ao par do "poder") e polo outro a indefensión do que padece a ofensa.
Hai unha gradación extensa do delito,... non son xurista nin pretendo selo; pero polo pobo circula ese pensamento de impunidade e indefensión.
Entón hai que buscarlle solución, e sempre sae o seguinte: "O GOBERNO é quen o ten que solucionar", e é verdade. Pero quen conforma o GOBERNO somos NÓS, a sociedade, eso sí através dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, pero nós non pertencemos a eses poderes, somos cidadáns, pero temos mecanismos para actuar, mediante a elección dos que nós creemos que máis se aproximan á nosa ideoloxía (por que todos temos unha).
A estructura administrativa é troncopiramidal, comezando polos Concellos e Diputacións Provinciais, Gobernos Autonómicos, Goberno Central e Unión Europea. Todos estes entes están relacionados, e polo tanto son dependentes uns dos outros, ..... e os destinatarios da súa acción ou non-acción somos os cidadáns, polo que temos que ser o suficientemente abertos a criticar e recibi-las críticas, a esixir e a que nos esixan, e iso só se conseguirá con sosego e liberdade.
A cidadanía ten coma administración máis cercana ao Concello, e éste será o primeiro en definir as liñas de actuación, de relación coa cidadanía; todo aquel que se sinta representante elexido polos veciños debe mirar ao futuro e buscar solucións aos problemas e non causar máis, non buscar a autocomplacencia nin o autobombo, nin o beneficio propio ou "amigo".
En fín, que os cidadáns somos os que temos a "chave das noces", que non nos enganen, por moitas festas e acontecementos "festivos" que se organicen, os problemas seguen ahí e seguen a aumentalos:
- soldos menos que máis merecidos (2.500€/mes a tempo parcial)
- subida de impostos municipais por riba dos mínimos (38% no IBI, 12-30% IVTM,..)
- acometida de novos servicios innecesarios e deficitarios ( servicio de grúa municipal, ao que o concelleiro de facenda responde:" no creo que un déficit de 700€ cause un quebranto en las arcas del ayuntamiento)
- uso dos plenos para a súa complacencia, usando a "apisonadora" da maioría para non ter en conta ningunha iniciativa da oposición, coa caradura dalgunha concelleira de chegar a decir en pleno: "no venís a nada".
Mañán hai pleno extraordinario pedido polo BNG, asistiremos a outra esperpenta sesión de "apisonadora" e "no sé a que venís", oxalá me equivoque.

Ningún comentario: