CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


domingo, 13 de novembro de 2011

Comunicado de MÉDICOS DO MUNDO e SOS Sanidade Pública

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denunciamos que a Xunta de Galicia rompe os principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública, deixando ás persoas con menos recursos sen dereito á asistencia sanitaria.

A Orde de 5 de setembro de 2011, actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR), das persoas que se atopan en situación de desemprego (Código 29), e das persoas estranxeiras.
No protocolo de aplicación da orde se deixa as persoas sen recursos  que solicitan a tarxeta sanitaria sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia (agás no caso dos menores e das mulleres embarazadas, que manteñen estes dereitos). Ademais disto, no protocolo se indica que as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria serán clasificados como PRIVADOS e se lle fará asinar un compromiso de pago da asistencia realizada.

O mesmo protocolo establece trabas no acceso á tarxeta Sanitaria para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días para poder solicitar a Tarxeta Sanitaria, indispensable para garantir a Asistencia Sanitaria. Esta condición previa para acceder á Tarxeta Sanitaria vai limitar o seu acceso á atención primaria nos centros de saúde. A Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) establece no seu artigo 12:

"Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois"
sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai o Servizo Galego de Saúde.

A Xunta de Galicia vulnera o principio de UNIVERSALIDADE recoñecido na Lei 8/2008 de Saúde de Galiza:

Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.

1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma.

 E tamén o da EQUIDADE en saúde, definida pola OMS, que implica a igualdade de oportunidades e a diminución de diferenzas en saúde ao nivel máis baixo posible, mediante a igualdade de acceso, a igualdade de utilización por un mesmo problema e a igualdade na  calidade da atención.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública consideran que estas medidas son un paso máis no desmantelamento da Sanidade Pública, o que nos obriga a facer un novo chamamento ao conxunto da cidadanía, que antes ou despois se verá afectada, a que tome tódalas medidas necesarias para defendela. So se a maioría social se mobiliza e mostra o seu rexeitamento a estas políticas poderemos paralas e así defender á Sanidade Pública.



Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública

Santiago, 8 de novembro de 2011

Novo decreto da Consellería de Sanidade no día 08/11/11 DECRETO 209/2011 sobre tarifas sanitarias no que se relaciona as tarifas a aplicar, e no que aparece unha disposición adiconal única que dí:

Disposición adicional única.
De acordo co establecido nos números 4, 5, 10 e 11 do artigo 15 da Lei 8/2008, do 10
de xullo, de saúde de Galicia, poderá establecerse un procedemento para repercutir nos
usuarios os gastos ocasionados por estes como consecuencia do uso irresponsable das
prestacións asistenciais do Sistema Público de Saúde de Galicia.

CAPÍTULO III. Lei 8/2008 do 10 de xullo
DEBERES SANITARIOS.


Artículo 15. Deberes.

La ciudadanía, en relación con las instituciones y organismos del Sistema Público de Salud de Galicia, tiene los deberes y obligaciones individuales siguientes:
  1. Cumplir las prescripciones generales de naturaleza sanitaria comunes a toda la población, así como las específicas determinadas por los servicios sanitarios.
  2. Mantener el debido respeto al personal que presta sus servicios en el ámbito del sistema público.
  3. Cuidar las instalaciones y colaborar en el mantenimiento de la habitabilidad de las instituciones sanitarias.
  4. Usar adecuadamente los recursos, servicios y prestaciones ofrecidas por el sistema sanitario.
  5. Mantener la debida observancia de las normas establecidas en cada centro.
  6. Firmar los documentos de alta voluntaria cuando no desee la continuidad del tratamiento que se le dispensa. No obstante, el hecho de no aceptarla no determinará el alta inmediata cuando existan otros tratamientos alternativos, curativos o paliativos y el o la paciente desee recibirlos. En este último caso, tal situación habrá de quedar debidamente documentada después de la información correspondiente.
  7. Cooperar con las autoridades sanitarias en la protección de la salud y la prevención de las enfermedades.
  8. Facilitar información veraz de los datos de filiación, identificación y del estado de salud que sean necesarios en su proceso asistencial o sean solicitados por razones de interés general debidamente motivadas.
  9. Aceptar el alta cuando hubiera terminado su proceso asistencial, cuando se hubiera comprobado que la situación clínica del o la paciente no mejoraría prolongando su estancia o cuando la complejidad del proceso aconseje su traslado a un centro de referencia.
  10. Cumplir las normas y procedimientos de uso y acceso a los derechos que se le otorguen a través de la presente Ley.
  11. Comunicar al sistema sanitario, a la mayor brevedad posible, la no utilización por cualquier causa de un servicio programado previamente.
  12. También estarán sujetos a los deberes establecidos en los apartados 1, 2, 3, 4, 5, 7 y 10 las personas familiares o acompañantes de los usuarios y usuarias del sistema sanitario.

Ningún comentario: