CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 22 de febreiro de 2010

Privilexios, dietas, km, ética e Platón

Estou abraiado. Resulta que agora  instálase no "mentideiro" (entendido coma díxomedíxomequeescoiteieserácerto) o tema das dietas, os privilexios, a quilometraxe,.... esto lémbrame ao que pasou tras as municipais cos soldos dos alcaldes, ¿lembrades?, ¿cánto se tivo falado?, ¿sirveu para algo?. Escribeuse rios de tinta, discuteuse mais dunha, dúas e tres veces, incluso nalgúns sitios faltou pouco para chegaren ás máns,....e ¿alguén pode decirme que se fixo?.
Para min falar do tema será un acto valdío ( e non me atrevo a decir hipócrita, pero a saber) mentras as regras de xogo sigan sendo as mesmas, e as regras fannas os que poden lexislar.
Namentras servirá para que os que teñan o poder (é decir, a capacidade e a complicidade) fagan o posible para menoscavar a honorabilidade das persoas. Non vou a ser eu quen me poña a defender aos ofendidos xa que teñen mais datos para rebatir o publicado, pero esto leva camiño daquelo do coche de Touriño, non  se debe despistar o tema, hai que pedir as RESPONSABILIDADES e RECTIFICACIÓNS TODAS, e de paso actuar en consecuencia si se quere arranxar o tema e non ser demagogos.
Mentres tanto está interesante o artigo de Esperanza Guisar (Catedrática  de Ética na USC) que transcribe Xabier Pita no seu blog.
¡Canta Cultura nos fai falta!

Ningún comentario: