CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 19 de febreiro de 2010

Laconada, con sorpresa (involuntaria)

O luns pasado celebrouse a Festa de Entroido Cabanas 2010, nunha primeira convocatoria para os pequenos con degustación de churros e chocolate e premios aos mellores disfraces, e despois degustación de cocido (aportando 3€ e co ticket participabas no sorteo dunha cesta con productos típicos) e premio á mellor comparsa/disfraz.
Hoxe sae unha nova no xornal de La Opinión de A Coruña, cos comentarios, referíndose aos problemas de saúde sufridos polos asistentes á festa. Ata se desplazou un equipo de cámara de TV.
Espero que todo esto se manteña dentro do raciocinio.
Imos a ver, o que pasou só ten un nome INTOXICACIÓN ALIMENTARIA, polo que foi a comida a causante non unha casualidade (a comida non pasaba por alí).
A comida foi feita e conservada, ata a súa degustación por una empresa de cattering, e logo servida na carpa habilitada para tal efecto; polo que nese proceso hai que buscar o fallo. ¿Queremos buscalo?, pois que ten as competencias para facelo é a Autoridade Sanitaria xa sexa de oficio ou por petición expresa. Non sabemos si esto está a ocorrer.
Pensar que houbo mala fé, ....."libremos el Sr. de ellos", dos que o pensan e mais dos que o fagan. 
A min ocorrénseme varias causas, que por separado non desembocan no que pasou pero en conxunto sí, e son totalmente INVOLUNTARIAS. De tódolos xeitos a quen lle compete facer a análise e posterior informe é ás Autoridades Sanitarias.
O que si é criticable é intentar que pase coma unha "casualidade" ou que "yo probé de todos los productos y estoy en perfecto estado" coma dí o Sr. Alcalde, sería poñer unha venda nos ollos ademáis de mentir, que é peor.
Nin coa excusa de que se deixe de facer a festa de entroido coa degustación de cocido (morto o can acabouse a rabia) debería a Corporación deixar pasar o suceso.
Temos que aprender TODOS.
¿Quererán?.

Ningún comentario: