CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 17 de febreiro de 2009

Por que non todo vale

Dende logo que na política non vale todo. E a maneira que ten a xente de a pé de entender a política difire moito de cómo se están desenrolando as cousas.
Este fin de semán estivo o Presidente Zapatero na Coruña e unha das moitas cousas que dixo foi que co Goberno de Touriño na Xunta de Galicia desapareceron os caciques dos despachos, e non queremos que volvan. Eses caciques e malversadores, que non quere ver Soraya Sainz de Santamaría, e que lles están aparecendo nas investigacións do xuiz Garzón alá pola comuninade de Madrid co Consejero de Deportes “dimitido” ¿por ter aceptado comisións?, ou pola Comunidade de Valencia co Conseller da Gobernación, que foi cambiando de Consellería pero non de empresa de servicios. Ou cando se escoitou a Zaplana decir que “estaba en política para forrarse”. ¿E por aquí?, por aquí xa houbo os seus rifirrafes no PP, cando foi a loita das boinas e birretes, cando un Conselleiro de Pesca acusaba a un Conselleiro de Obras Públicas de non sei qué ilícito, cousas parece que xa esquecidas (¿?), ou cando durante uns días houbo un encerro nun piso de Ourense de 5 deputados ourensáns do PP, para arranxar ¿o qué?. Eles sabrán, xa que daquela estaba Don Manuel, e este dixo que cando eso pasaba na súa época “actuaba” dándolle un coscorrón ou apartando á xente. Pero non a maneira de facer. E así saen os casos do Sr. Carrera, que esquece declarar 240.000€ (como se foran calderilla ou se non fose el quen foi a collelos aló a aquelas illas de nome tan suxerente), ou o informe desfavorable do Consello de Contas á xestión do Sr. Negreira.
E por que na política non vale todo, na democracia sí vale o voto. Un voto que non entra na furna é unha persoa que outorga o parabén. O parabén para o que está gobernando ou para o que pode ser alternativa, eso sí dependendo do nº de votos. E aquí xa podemos entrar na eterna discusión de que os votos das persoas de dereitas son máis fieis, e que os votos dos de esquerdas son máis críticos. Calquera das dúas opcións son válidas, por que son formas de actuar libres. Ainda que se cadra poderiamos falar dos carrexamentos de persoas para votar coa papeleta dada, (monxas de clausura, anciáns dos fogares de acollida,...), difícil de demostrar pero que chama moito a atención, ¿verdade?.
Si unha persoa de esquerdas é crítica coas persoas que representan a súa ideología, debe expresar dita crítica mediante a implicación nas actividades políticas e sociais (deportivas, culturais,...) para deixar plasmado o sentir.
E unha das primeiras críticas que ten que facerse un que dí ser de esquerdas é: si eu non vou a votar e eles sí van, ganan eles, ¿é eso o que eu quero?, ¿é eso o mellor para o futuro?. Somos tan críticos que queremos as cousas xa!!, pero hai que darse conta de que hai inercias que son tan fortes que levan o seu tempo parar e invertir. E 16 anos de goberno do PP na Xunta de Galicia estableceron unhas inercias que levou un importante esforzo e tempo en parar, e estou seguro que se a cidadanía o poidese entender darianos outros catro anos para poder demostralo.
Polo tanto, para poder decir que non todo vale, que hai outra forma de facer política que chegue a máis xente, e que é a do PSdeG-PSOE, pídoche a ti que me estás a ler que reflexiones sobre esto. E se estás dacordo, a parte de votar PSdeG-PSOE, para que Touriño sexa Presidente con máis forza, convenzas coas palabras e a razón, non coa violencia nin a coacción nin as mentiras, aos teus achegados. Esa é a verdadeira mobilización.
VOTA PSdeG-PSOE

Para que eles non volten

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Yo llevo sin votar desde las elecciones municipales con lo que no he votado en las pasadas elecciones nacionales.¿Motivo? en la politica se ven muchos casos de corrupcion y yo hace mucho que perdi cualquier tipo de esperanza en los politicos.No tengo ganas ni de ir a votar en blanco,no se,cada vez confio menos en la politica.
Me parecio triste que salieran unos diciendo que habia que congelar salarios pero no dan ejemplo congelando los suyos propios.
Hay gente pasandolo muy mal para llegar a fin de mes pero hay politicos que gastan un dineral en ampliar despachos o comprar el coche oficial.
Siento ser asi de pesimista pero lo unico que siento es que solo se acuerdan de nosotros en epoca de elecciones y despues pasamos a un segundo plano.
¿Que debo hacer para poder volver a confiar en los politicos?

DELFÍN dixo...

Angel: a miña opinión non é o qué tes que facer tí para crer na POLÍTICA, senón o que teñen (temos) que facer os políticos para que nos crean. A decisión de ir ou non a votar, e logo alí escoller unha opción ou outra, é a túa verdadeira libertade. Que che podo contar, que hai que coller os programas electorais e confrontalos, e ser o suficientemente crítico para estudalos e ver un salto de futuro.
O PSdeG ten un bon programa electoral para o 2009, o do 2005 era bon e nas Consellerías nas que gobernamos cumplíuse nunha boa parte, por exemplo na Consellería de Traballo (mira os indicadores, temos crise, pero indícannos unha certa estabilidade), na Consellería de Educación (a gratuidade dos libros de texto -parece que xa esquecida-, a dotación informática nas aulas, o estímulos aos idiomas estranxeiros -tamén o noso, coma non- impartino materias e establecendo estadías en distintos paises), na Consellería de Sanidade reducíuse a espera nas listas, temos en ferrolterra incorporado ao SERGAS o Hospital de Marina, a deuda pola demora nos pagos de proveedores reducíuse o case se anulou, ... en fin coma decía un compañeiro tivemos uns bons "técnicos" para levar a diante estas medidas pero faltáronnos "políticos" para decirllas á cidadanía.
Estas medidas sociais se chega ao poder o PP, non as vaia a quitar (faltaría máis), o que vai a facer é deixar de dotalas ata que se vaian esmorecendo e promocionar o privado. Mira a Comunidade de Madrid, sin ir máis lonxe. Ou coma me contaba unha amiga que foi de vacacións por unha longa temporada a EEUU, unhas probas complementarias á súa irmán para comprobar se tiña cancro costáronlle 7000€, e a ela comprar 5 comprimidos de amoxicilina para unhas placas na garganta costoulle 160€, aquí na seguiridade social é gratuíta, pero coma é así non a valoramos.
Só compara, pensa e razona, logo actúa na túa conciencia.
Eu voto a PSdeG-PSOE, para que Emilio Pérez Touriño poida ter máis autonomía de acción, e así poida demostrar o que é e o que ten na súa cabeza para Galicia.