CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 14 de xaneiro de 2009

Eleccións 2009 ao Parlamento de Galicia

Xa estamos en marcha, eso é o que dí a compañeira Eva, e paréceme de interés uns pequenos datos como son o Censo, Voto para electores temporalmente no estranxeiro e o Voto por correo.
CENSO ELECTORAL
As eleccións galegas xa están ahí a volta da esquina; e dende xa ata o vindeiro luns 19 de xaneiro se pode consultar o censo electoral. O Censo está exposto, pero tamén se pode consultar a través de Internet, sendo necesario dispor de certifiacado dixital.

Somos 2.646.872 electores galego somos os que temos a responsabilidade de que o futuro de Galicia sexa un futuro de igualdade, progreso e dinamismo. (Copiado -sin permiso- do Blog de Fidel Martín)

VOTO ELECTORES TEMPORALMENTE NO ESTRANXEIRO

SUPOSTOS:
-Estar censado en Galicia e residir temporalmente no exterior.
-Non poder exercer o voto por correo porque os trámites deben ser realizados polo/a propio/a elector/a, persoalmente, nas oficinas de correos do territorio nacional.
-Non estar inscritos no censo electoral de residentes ausentes (CERA) por non residir con carácter permanente no estranxeiro.
PROCEDEMENTO:

Será requisito previo estar inscrito no rexistro de matrícula consular como non residente (solicitude e inscrición poden realizarse no mesmo acto).
O impreso de solicitude pode recollerse nos consulados e seccións consulares de embaixadas, así como descargarse da web do Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación (http://www.maec.es/).
Unha vez cuberta a solicitude, débese entregar persoalmente na oficina consular de carreira ou sección consular de embaixada, onde o/a elector/a será idetificado/a mediante a exhibición do seu documento nacional de identidade ou pasaporte español.
O/A elector/a introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o certificado de inscrición no censo e o sobre de votación coa papeleta elixida, e o remitirá por correo certificado entre o 3 de febreiro e o 25 de febreiro de 2009.
Será indispensable para a validez do voto que, conste claramente no sobre dirixido á mesa electoral un cuño ou outra inscrición oficial da oficina de correos do estado que certifique o cumprimento do requisito do envío do voto tres días antes de teren lugar as eleccións.


VOTO POR CORREO
SOLICITUDE:
Desde a data da convocatoria das eleccións ata o 19 de febreiro.
PROCEDEMENTO:
O/A elector/a solicitará en calquera oficina de correos un certificado de inscrición no censo. O/A elector/a realizará esta solicitude persoalmente e exhibindo o orixinal do seu documento nacional de identidade (no caso de non dispoñer deste documento pode presentar o orixinal do pasaporte ou o orixinal do carné de conducir, coa súa fotografía, pero non se admiten en ningún caso fotocopias de ningún dos documentos). Só en caso de doenza ou incapacidade acreditadas mediante un certificado médico oficial, pode unha persoa distinta do/a interesado/a solicitar este certificado, e para iso debe ser autorizada por un documento notarial ou consular estendido individualmente (nestes casos, tanto o certificado médico como a escritura notarial ou consular, son gratuítos).
Unha vez que a delegación provincial da oficina do censo reciba a solicitude, e comprobe a inscrición censual do/a solicitante, remitirá por correo certificado ao seu domicilio ou, no seu defecto ao que figure no censo, as papeletas e o sobre electoral, xunto co certificado de inscrición no censo, un sobre no que figurará o enderezo da mesa onde lle corresponda votar, ademais dunha folla explicativa. O recibo acreditativo da recepción desta documentación deberao asinar persoalmente o/a interesado/a, acreditando a súa identidade.
Unha vez que o/a elector/a escolla a papeleta de voto e a introduza no sobre de votación e o peche, introducirá ese sobre xunto co certificado no sobre que se lle enviou co enderezo da mesa electoral que lle corresponde, e remitirao por correo certificado sendo o derradeiro día para facelo o 25 de febreiro. A normativa electoral non esixe que, neste caso, o elector acuda persoalmente a certificar o sobre de votación, poidendo facelo outra persoa non seu nome.Unha vez enviada a solicitude do voto por correo, xa non poderá votar persoalmente perante a mesa electoral.

Ningún comentario: