

Estes actos son para ir engrasando o programa que o PSdeG-PSOE presentará á cidadanía e que decidirá o día 01 de marzo de 2009 o equilibrio de forzas políticas que conformarán o Parlamento de Galicia.
Non é necesario repetir a miña concepción de que a política é necesaria e de que non hai persoas apolíticas, polo que cada quen coa súa acción é e será responsable (que non culpable) do que aconteza. O que sucede (baixo a miña opinión, totalmente opinable) é que a “educación” política é escasa, e durante as precampañas e campañas (e despois tamén) perderase máis tempo en “criticar” as músicas, os vestidos,... que as ideas, as ideas políticas de cada formación que deberían ser leídas e contrastadas cos feitos para formarse unha opinión.


De tódolos xeitos a cidadanía é soberana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario