Xa se sabe que nestas datas todo é ledicia, comer, regalos e todo o que se tercie,.... despois de noiteboa, o día de nadal cos regalos adiantados do papá Noel, ven o día 28,... o día dos Stos. Inocentes, no que se soen facer unhas cantas falcatruadas.
Hoxe celebrouse un pleno extraordinario, que como ben sabedes foi pedido por toda a oposición para tratar do uso que podía facer o Concello do Fondo Estatal de Investimento Local e que foi convocado polo Sr. Alcalde antes de convocar outro pleno extraordinario para o día 20 de decembro con data posterior á convocatoria do de hoxe, e no que se tratou con "apisonadora" a proposta de investimento.
Pois a inocentada foi feita, contraprogramando un pleno, e hoxe materializouse non deixando falar á oposición (dende hoxe seica volve a haber tempo no turno de palabra dos plenos: punto que estaba regulado pero que foi derogado pola alcaldía aducindo que "non me deixa facer o seu traballabo de maneira axeitada" -primeiros indicos de dictadura-, e que tras unha pregunta de Mª José Cabana no terceiro pleno para que especificara como se ía regula-lo tempo de exposición e replica, contestou o Sr. Alcalde que sen tempo pero ao seu criterio, unhas veces falarase máis tempo outros menos, dependendo dos temas a tratar -segundo indicio de dictadura-).
Demostración de forza: se hoxe non se atiñan ao punto do pleno directamente advertencia (1ª, 2ª, e á 3ª te voto do pleno) ou retirada de palabra. Cando no grupo mixto se pide a palabra o sr. alcalde pregunta ao outro membro do grupo vai a intervir xa que si non interví máis tempo, ¿como vai a saber alguén se vai a ter que intervir unha, dúas ou máis veces por alusións?.
Xa se sabía que había censura e cortapisas, pero na trastenda. Agora xa é sabido, no mesmo pleno "hago y ordeno". Calificadeo vos mesmos.
1 comentario:
Desde que gobernan en cabanas la coalicion P P-A E C ,cohartan la Livertad de expresion sistematicamente,y esto solo tiene un Nombre ; FASCISMO.
Publicar un comentario