CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 19 de decembro de 2008

Dous plenos extraordinarios en 6 días

É sabido de todos que o Goberno central aprobou o Real Decreto-Lei 9/2008 o 28 de novembro e foi publicado no BOE o día 2 de decembro, polo que se lle outorgan aos concellos españois en razón do criterio de poboación (nº de habitantes) unha coantía de cartos que no caso de Cabanas ascende a 579.106€. Unha medida que pode ser considerada como se queira, aínda que o máis importante será en como vaia a ser usada.
Con tal motivo, o día 03 de decembro dende o Grupo Mixto o PSdeG-PSOE rexistrou unha moción para que, de maneira urxente, se constituira unha comisión extraordinaria para preparar os proxectos que se presentarían ao Ministerio de Administracións Públicas, e que a continuación esta funcionara como Comisión de seguimento dos proxectos, en aras dun mellor aproveitamento do Fondo, con transparencia e eficacia.
O día 9 de decembro tódolos concelleiros da oposición rexistraron unha petición de pleno extraordinario para tratar estes temas, o cal quedou fixado para o día 26 de decembro ás 19:30 horas.(Notificado o día 11/12/08), co seguinte orde do día:
1º-Propostas de obras Fondo Estatal de Investimento Local.
2º-Proposta de obras Plan de Estratéxico de Infraestruturas Municipais da Consellería do Medio Rural
3º-Propostas de actuación para solicitar a colaboración da Consellería do Medio Rural.

Entre tanto o grupo de goberno fixou unha reunión o día 11 de decembro cos representantes das distintas asociacións inscritas no Concello para informar do Fondo de Investimento Local e tomar suxerencias, que foi simplemente un acto de propaganda, decindo que conseguiran un diñeiro e que ían a facer moitas cousas.
E hoxe día 18 de decembro encontrámonos con que hai convocado un pleno extraordinario para o vindeiro sábado día 20 de decembro coa seguinte orde do día:

1º- Aprobación si procede de actas de sesións anteriores.
2º- Conta Xeral de 2007.
3º- Ratificación acordo Xunta de Goberno Local (XGL) sobre propostas de obras do POS 2009 (Plan de Obras e Servicios).
4º- Proposta da XGL de obras do Fondo Estatal de Investimento Local.
5º- Proposta XGL de obras PEIM (Programa Estratéxico de Infraestructuras no Medo Rural)
6º- Proposta do BNG sobre enmenda á ordenanza de axuda a domicilio.
7º- Propsta do Grupo Mixto sobre comisión para o Fondo de Investimento Local.
8º- Proposta do Grupo popular sobre a disolución dos concellos gobernados por ANV.

Como se pode ver, o grupo de goberno, fai as cousas ao seu antoxo, e parece que "contraprograma" plenos extraordinarios. E tenta mixturar todo, para que non se saque conclusións claras.
O punto 2º do próximo pleno do 20/12/2008, como ben dí Mª José Cabana, xustifica por sí solo un pleno extraordinario, cando se atopan certas "irregularidades" ou puntos pouco claros. Métese neste pleno para que quede diluido co debate dos seguintes puntos.
Os puntos 4º e 5º, van a voltar a ser tratados para o día 26/12/2008 (¿terá sentido dito pleno extarordinario?)
A idea é que este fondo é excepcional ou extraordinario, que non vai a haber outro e que a súa coantía é 4 veces a coantía do P.O.S. de 2009 (Plan de Obras e Servicios da deputaciónde a Coruña), é decir que se podería facer unha obra (ou máis) que levaría o financiala 4 anos en 1 ano. Que estes cartos están repartidos co criterio de población (nº de habitantes), polo que o que se fixera, aínda que esté circunscrito a unha zona, sexa de interese para todo o Concello, e que efectivamente xenere emprego durante a realización das obras e tamén despois manteña postos de traballo. E que estas obras se entronquen cun proxecto de vertebración e futuro.
Os feitos son estes, e os criterios de actuación son os xa sabidos de quedar ben e facer amigos.
Estimados veciños e veciñas, espero poder vervos no vindeiro pleno extraordinario do sábado 20/12/2008 ás 9:00 horas, xa que o Concello é a CASA de todos e todas, e nel dirímese aspectos importantes e debería reflectirse o opinión do pobo na boca dos seus representantes lexítimamente elexidos, para así poder ter un xuizo de valor axeitado. E non só nos plenos, senón tamén na Xunta de Portavoces, nas Comisións informativas, nas Comisións de Traballo,...que se poderían formar pero que este grupo de Goberno non quere, por que lles ESTORBAMOS.
Recibide un saúdo socialista, e unha sinceira felicitación de Nadal para que nestas datas disfrutedes dos vosos coa mellor das alegrías.

Delfín Feal Pereira
Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Cabanas

Ningún comentario: