Eso decían os maiores (as avoas principalmente, esas grandes sabias) de alguén que se lembraba de facer as cousas xa fora de hora.
A economía é sinxela de entender, coma decía o compañeiro Paco na licenciatura a respecto de adelgazar: "a única maneira de adelgazar é gastar máis do que ingresas". E na economía pasa o mesmo, e discrepo con el no concepto de que o mercado se regula mediante a lei da oferta e a demanda. Os mercados teñen que ser regulados, ahí están agora casi tódolos paises ao rescate dos seus bancos.
Terá que ser. Pero quen levou o sistema a esta situación?. Os clientes dos bancos e caixas fixo que non.
Esto recorda a cando se puxo de "moda" hai anos as explotacións de visóns para a peletería, un boom, despois caida libre. Non hai moito as granxas de avestruz, idem.
Agora a nivel bancario as famosas subprime, e todos (bancos) a por elas. ¿e?, non pasa nada. Tanto que a culpa é só nosa, dos clientes. En fín.
O Sol está alto, esperemos que alumee o suficiente para quen teña que ver e facer vexa, por que despois pasou a Sol pola porta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario