Aquí estamos, como delegado de Cabanas integrando Delegación de Ferrolterra.
Na mañán trala constitución da mesa do Congreso houbo unha serie de intervencións de saúdo, querendo destacar o que dixo o portavoz do PSdeG na emigración o Sº Xeral do PSdeG en Uruguay que revindicou que os galegos e galegas na diáspora teñen os mesmos dereitos e deberes.
Logo falaron o Sº de Organización, Ricardo Varela, do que destaco o que máis me gustou: a EDUCACION é e será un piar fundamental.
A Sª de XSG, Loli Rodríguez, puxo todo o seu ímpetu en recalcar os valores do PSdeG-PSOE como é o da IGUALDADE entre Homes e Mulleres independentemente da idade, raza, elixión ou orientación sexual, a SANIDADE e CULTURA para todos en igualdade, e que a a relación entre CIDADANIA e POLITICA é necesaria e "que non se equivocaquen non fai nada".
A Utopía e un estadío ao que cada vez que nos acercamos alónxase un pouquiñ máis: ¿entón para que sirve? Para seguir avanzando, que é o que é o PSdeG: A forza de Galicia"
Falou tamén o ViceSº Xeral do PSOE, José Blanco, "o primeiro que me dixo Emilio Pérez Touriño cando acadou a presidencia da Xunta foi que se acabou os cidadáns de 1ª e 2ª.", que se acadou case todo do proposto, agás o de conquerir un novo Estatuto de Galicia, polos atrancos que puxo PPdeG seguindo directrices de Génova. Seguindo a senda da confrontación agora aquí coa cuestión da LINGOA. Queren seguir facendo diferencias entre ricos e pobres, entre os ue falan galego e castelán, "ahí non nos atoparán".
As direcrices deste partido de futuro, a Forza de Galicia o PSdeG serán: Políticas sociais (onde para o PP só son gastos suntuarios), Educación e Infraestructuras.
Agora incorpórome outra vez ao plenario onde están a falar as distintas delegacións apoiando á xestión da Executiva e tamén pedíndolle un maior esforzo para que chegue máis nítidamente as conquistas á cidadanía e visualizar mellor o futuro.
Seguiremos escribindo según teña tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario