
Onte á noite establecéronse as comisións das ponencias, eu asistín á de Estatutos, é unha comisión da que se falaba que ía durar ata tarde, pero a esos das 12:40 rematou, aceptándose a maioría das emendas presentadas.
Logo vías como circulaban as chamadas telefónicas, as mensaxes, etc.
Hoxe á primeira hora tras inicirse o plenario votáronse as ponencias das 4 comisións de traballo, e agora estamos a esperar que a organización poña as papeletas das candidaturas para os comités executivo, nacional, federal e de ética, para ir a votar en furna e que se proclame a nova executiva proposta polo Sº Xeral, Emilio Pérez Touriño.
Ferrolterra estará representada nos distintos órganos do partido por Beatriz Sestayo, Vicente Irisarri, Iván Puentes, Catalina García, Amable Dopico e Julio Iglesias.

Ánimo aos novos órganos nesta nova andaina, das que me/nos sentimos parte dende Cabanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario