CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 18 de xaneiro de 2008

Defecto de Forma ou Censura encuberta

Onte tivemos que modificar o escrito para que admitiran (se o admiten) o poñer na orde do día a moción para adherirse á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia. Unha das razóns era que non existía Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Cabanas, e polo tanto Mª José Cabana Rodríguez non podía presentar dito escrito.
Efectivamente, o PSdeG-PSOE de Cabanas está no Grupo Mixto con IVC (Iniciativa Veciñal de Cabanas), xa que cada grupo político acadou so un concelleiro, e non se explicitou portavoz de grupo mixto, xa que por razóns obvias ningún dos grupos estaría disposto a ceder a súa propia representación. E chegouse ao acordo de que en cada comisión que ten representación o grupo mixto, iría alternativamente un dos partidos. En consecuencia, tanto PSdeG-PSOE coma IVC, teñen mermada a súa capacidade de actuación e control.
Esto daríanos para falar moito, se cadra a estas alturas soe a desculpa, pero nada máis lonxe da realidade.
Dende o punto de vista do PSdeG-PSOE de Cabanas temos analizado o que sucedeu. Non podemos máis que decir que os resultados foron os que foron, e que o pobo falou soberanamente onde ten que falar en última e primeira instancia. Última, por que é cando analiza o acontecido no transcurso da lexislatura, e primeira por que vota para tentar cambiar ou manter un goberno (municipal-->autonómico-->central-->europeo), e o resultado teno que analizar cada grupo político, e baixo a miña humilde opinión, canto máis se acerque á realidade do que pasou máis axeitado temos o analise. De perogrullo, non?.
Aquí tedes os datos que tirei dos nosos interventores, feita a distribución de votos segundo a lei D'Hondt, o nº de concelleiros de cada agrupación que queda, e a distribución de votos por mesas electorais.




Os datos cantan, pero ¿qué nos dín?. Se temos enconta os votos de PSOE+AEC, estariamos cos seguintes concelleiros 4 PSOE, 4 PP, 2 BNG e 1 IVC, xa que AEC foi unha excisión do PSdeG-PSOE, e arrastrou unha porcentaxe importante dos votos do PSOE (62,17%), BNG sube en 73 votos (10,7%), PP sube 131 votos e IVC perde 94, é de pensar, en términos absolutos que os votos de IVC foron para PP, e polo tanto a subida neta do PP é de 37 votos. Podería ser unha posibilidade.
Tamén é posible que si o PSdeG-PSOE tivera 2 votos máis, estaría con 2 concelleiros en detrimento do BNG que quedaría con 2; xa sei que a alguén do BNG non lle gusta, pero a cousa estivo ahí e por pouco,.... pero tamén podería ser que AEC tivese 10 votos máis e sacaría outro concellal máis pasando a 3 concelleiros, tamén en detrimento do BNG que perdería un.
Mais para mín o dato máis significativo, sen querer quitarnos a parte de culpa que nos toca, foi a alta abstención, asi coma o gran aumento dos votos blancos e nulos (estes últimos en clara alusión ó PSdeG-PSOE: tachados, dúas papeletas xuntas PSOE+BNG, con anotacións,...).
A abstención foi dun 33,72% no 2007 fronte a un 24,67% no 2003. E a porcentaxe de blancos+nulos foi dun 2,9% en 2007 fronte a un 2,3% no 2003. É decir, que os votos perdidos na abstención no 2007 foron 1050 sobre 3114 de censo, frente a 717 sobre 2906 en 2003. E cos nulos e blancos: 91/3114 en 2007 frente a 68/2906 en 2003.
En definitiva, que a gañadora das eleccións nas municipais de 2007 en Cabanas foi a ABSTENCIÓN, tal e coma se ve no gráfico. E temos que analizar o por qué deso. En concreto, en Cabanas a lexislatura 2003-2007, foi dura e ruda, con descalificacións, insultos graves, falta de respeto pola institución e ó pobo,... co resultado final xa coñecido da sentenza de inhabilitación para cargo público de Dª Modesta, e posteriiormente a expulsión de D. José Casimiro Rey, e chegamos a maio de 2007 coa xente pensando que todo da igual, e vese ás claras que non é así. Temos todo o dereito de votar en conciencia e libremente, pero sabendo que é un acto de poder asombroso, que deberiamos facer con tódalas consecuencias, tentar de conseguir tódolos datos (asistir aos mitins, preguntar aos candidatos, estudar os programas, dar suxerencias) e analizalos con obxetividade. E saber que un voto é importante, que pode facer que o resultado final sexa un ou outro, e que aínda que nos sexa indiferente e non vaiamos votar seremos perceptores das consecuencias. Para mín, a abstención coma castigo aos grupos políticos aínda que lexítima é un fracaso. E para mostra CABANAS.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Tu analisis es muy bonito la culpa es de la abstención, ¿pero quien es culpable de la abstención?, en Cabanas el Psoe que mantuvo a modesta hasta el final con la consecuente lucha por la sucesión y la división del partido.
Los votos del Psoe son los que recibe la candidatura del Psoe no los de PSOE+AEC porque los votos de AEC,de no esistir se repartirían entre tadas las candidaturas y la abstención

DELFÍN dixo...

Quero deixar claro, como xa dixen, que non quero que esto soe a disculpa. E os resultados foron os que foron,e o PSOE aceptounos sen máis, e recibiu críticas dabondo do tipo: herdeiros, tránsfugas¿?,traidores,... e non dixemos nada; aceptamos o resultado que foi; o que pasou, á vista está, e pasaron xa meses dabondo para ver como se desenrolan os acontecementos, tanto por parte do grupo de Goberno PP+AEC, coma pola oposición, e coma hai un trato totalmente despectivo nas formas de contestar nos plenos por parte do Sr.Alcalde aos representantes do PSOE e BNG; IVC, por agora ten un tratamento "especial". Invítovos a asitir aos plenos, para que teñades constancia de primeira man e sen censura do que pasa neles. Alí non se fai referencia ningunha a Grupo Mixto, cando Mª José Cabana pide a palabra o Sr. Alcalde contéstalle directamente, e o mesmo co Sr. Campos, non hai petición nominal por grupo político. Eso sí, tanto os portavoces de BNG, coma IVC, teñen tratamento de Sr., o PSOE non. Para min non é un motivo esencial de queixa, pero coma as formas parecen que o son todo, pois aplicaremos o conto.
Podemos xogar cos datos como queiramos, e amañalos ao noso antoxo. Os votos de AEC de non existir coma dís, pois non irían para ninguén,....e quedaría: 5 PP, 3 BNG, 2 PSOE e 1 IVC. Por que senón, ¿qué porcentaxe leva cada grupo político?, ¿cómo repartimos eses votos?. Na miña análise fago unha distinción clara entre dereita e esquerda, que creo que é acertada, por que a suma de votos PSOE+AEC saen calcados aos das anteriores eleccións municipais, aplicando o descontento que existiu co PSOE.
A culpa é tanto dos políticos que non sabemos conectar co pobo, coma que o pobo déixase "levar" polo que dín, sen afondar na problemática, e sen querer conectar cos políticos. E cré que da igual ir a votar coma que non, e non é certo.
Mira, dí o dito que : "a primeira vez enganasme tí, a segunda equivócome eu".
O fondo da cuestión, é que no Concello de Cabanas non admiten a moción, e desprecian ó PSOE, que ten tanta lexitimidade coma calquera grupo do concello, só coa forza un concelleiro, pero sobradamente lexítimo para presentar esta moción e outras. Non lles gusta, e o grupo de Goberno sabe o por qué, pero non quere decilo nun pleno, por que alí hai luz e taquígrafos
Grazas polo teu comentario. Anónimo.