Hai tempo que non escribo nestes lares, xa recibín un tirón de orellas dos meus compañeiros, e coma xa me chegan dabondo cos da muller e fillos, pois aquí me tedes.
Comenzamos unha etapa de precampaña cara as eleccións de Marzo-2008. Se tedes seguido as novas por radio, tv, prensa escrita e agora os blogs e bitácoras aparecen multitude de comentarios. Cada quen tira para sí e comenta segundo o que lle interesa.
Xa vistes os comentarios sobre da xerarquia eclesiástica, non sei si son representativos do pensar dos que traballan a pé de campo coa xente, o que sí sei e que son moi "mediáticos" e con "repercusión", e son utilizados e deixanse utilizar polo PP para "amedrentar". Quero pensar que a cidadanía xa vai tendo madurez para diferenciar entre Deus e Estado. O BNG tamén anda a facer das súas, cando non lle serve para os seus intereses, berrea, e cando sí loubanzas para que vos quero.
Sabede que pola miña idade e por que os meus pais tivénronme con 40 anos, sinto un profundo respeto e admiración polos maiores, casi me sinto máis cómodo tratándoos de vostede; gústame escoitalos, e aprender deles, por que ainda que nos empeñemos en decilo contrario, a vida é moi sinxela, só os farrapalleiros adícanse a "fodela".
E todo esto ¿para qué?, para tentar de explicarlle a alguen que me le pero non escribe, que a miña entrada na vida política non foi máis que por casualidade, e que o sentimento socialista nace en min de e por escoitar ós maiores, e saber coma daquela (na ditadura) tiñan que "amañarse" para vivir. A política enténdoa coma un servicio á sociedade (xa teño linkeado a José López Orozco e a súa referencia ó servicio da política), UN SERVICIO Á SOCIEDADE, esa sociedade que cando te presentas defendendo unha opción, quere que o fagas SEN TRAPALLADAS, SEN MENTIRAS, CON HONESTIDADE.
Hainos que se están adicando a trapallear, a sementar discordia, a buscar confrontación, só coa única razón da sinrazón, da envexa, da enemistade persoal,.... e é triste ver que te teñen envexa só por defender o que en verdade e en fin derradeiro é defendible: o buscar o BEN PÚBLICO, non o particular.
A eses políticos decirlles que sinto pena e tristura por eles,... e que si escoitaran con tódolos seus sentidos ós seus maiores e ó pobo, e non se deixaran levar polo rencor e odio persoal seríamos quenes de facer un mundo mellor. En particular a TI, que te fas chamar político, dígoche que sinto pena de ti, e que co paso do tempo o pobo de Cabanas "calarate" e terás que ir indo só polo mundo.
Xa comezou o teu andar, aínda que penses que non.
Saúdos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario