CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


xoves, 10 de xaneiro de 2008

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Copia do presentado no rexistro do Concello de Cabanas para a inclusión na orde do día do pleno ordinario de 30 de xaneiro de 2008.
ADHESIÓN DO CONCELLO DE CABANAS Á AXENCIA DE PROTECIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA (Xunta de Galicia)
O Urbanismo é hoxe en día un dos temas máis preocupantes e de maior actualidade no ámbito político, económico e social, adquirindo, non cabe dúbida, unha maior relevancia no entorno das políticas desenvolvidas nas administracións locais.

Dun tempo a esta parte, estamos a contemplar como distintos Concellos están a ser investigados nesta materia, e como se están atopando todo tipo de irregularidades e ilegalidades que poñen no punto de mira a políticos, técnicos e funcionariado, fomentando así a desconfianza da cidadanía para con todos os que nos movemos neste ámbito.

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Cabanas, defendemos e desexamos que a xestión do noso Concello sexa de total transparencia e que respecte e cumpra a legalidade da disciplina urbanística no ámbito de actuación de competencias e legal que lle corresponde ao equipo de goberno conformado polo PP e AEC, sen esquecer e dando por feito, que tanto nós como os outros grupos da oposición (BNG e IVC) compartimos a vontade de que así sexa.

O 31 de outubro do 2007, o Consello da Xunta de Galicia aprobou os estatutos de funcionamento da recentemente creada
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística á que se poden adherir todos aqueles Concellos que así o desexen, mediante a firma do correspondente convenio.

Esta axencia, tal e como se nos ten informado dende a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ten por misión velar pola utilización racional do chan e a axeitada ordenación do territorio, con especial atención ao medio rural e á zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. Entre as súas funcións destaca a de inspección e restauración da legalidade urbanística, protección do litoral e sanción en materia de urbanismo entre outras.

Apostando totalmente por un desenvolvemento urbanístico sostible, como modelo de crecemento, e por un crecemento ordenado tanto no urbano como no rural, así como por unha total transparencia na xestión do noso Concello, dende o Grupo Municipal Socialista de Cabanas propoñemos:

PROPOSTA DE ACORDOS:

1.- Que o Concello de Cabanas proceda a adherirse á Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística que ven de constituír a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, da Xunta de Galicia, mediante a firma do correspondente convenio de adhesión.
2.- Que se faculte ó Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas para a firma do correspondente convenio de adhesión.
3.- Que se dea conta do presente acordo a:
· Á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
· Ó Delegado Provincial desta Consellería.

En Cabanas, 8 de xaneiro de 2008
Asdo. MªJosé Cabana Rodríguez
Voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Cabanas

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Os do PSG, dígoo aquí porque tiña ganas de dicilo, aínda que non sexa o sitio, sodes unha panda de hipócritas.

E digo isto despois de ver o espectáculo que se está montando estes días na Coruña.

Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 1983 a Lei de Normalización Lingüística. Unanimidade.

Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 2004 un Plan Xeral de Normalización Lingüística. Unanimidade.

Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba recentemente unha iniciativa para promover o galego entre os cargos públicos. Unanimidade. Incluso co voto a favor de Mar Barcón, concelleira na Coruña.

E agora móntannos este espectáculo? Algúns pensabamos que despois da retirada de Sir Paco o conflito do topónimo e estes debates pasados ían quedar a un lado, pero xa vemos que non, que os progresistas hipócritas seguen a abundar no PSG.

Ninguén lle vai preguntar a Mar Barcón por que votou unha cousa no parlamento e agora fai outra na Coruña? Ninguén vai preguntar a Touriño porque os seus compañeiros non queren cumprir as leis nen ninguén ten pensado facerllas cumprir? Ninguén dentro do PSG vai dicir nin facer nada? Panda de hipócritas.

Anónimo dixo...

Esto es igual a mas policía, mas sanciones, mas recaudación de los señores feudales en su feudo. Elpueblo contra el pueblo. Menos coches oficiales, menos siervos y menos recaudación. A ver si los mienbros de esta agencia se pasan por la Isla de Arosa