CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


domingo, 7 de xuño de 2009

A POLITICA e a política

Disque o sistema máis simple é o binario: si-non, 0-1.
Persoeiros, para min de relevancia, como son o Premio Nobel de Literatura José Saramago e o ex-presidente do Goberno de España Felipe González, escriben cada un o seu artigo no diario El País facendo referencia a persoeiros de actualidade na política. José Saramago escribe "La cosa Berlusconi" e Felipe Gonzalez "Obama en el Cairo: ¿sólo palabras?". Dous puntos de vista que veñen a decir que hai POLITICA e política, que define ben ás claras o que poder ser esto da política: un instrumento para uso particular ou un instrumento para artellar o futuro da sociedade.
Eu sempre fun dos que creían e cren que a POLÍTICA é necesaria e que aínda que agora lle chamamos así sempre estivo presente na sociedade, e esta sociedade evolucionou e fóronse creando novos órganos de participación, dende a antigüidade: os exipcios, o modelo grego ou romano os máis coñecidos (aínda agora se fala do dereito romano) e tamén outros como os suevos do que aínda temos reminiscencias como é o sistema de propiedade dos montes comunais que aínda rixe nalgúns lugares de Galicia; é decir que dende sempre os políticos fixeron políticas que decidiron o futuro, e aqueles políticos que fixeron POLÍTICA entraron na Historia, e para apreciar os feitos hai que ter unha perspectiva no tempo.
Mais nalgúns casos non hai que esperar tanto.
Como digo as cousas pódense facer ben ou mal, o inconvinte é que é unha ecuación de moitas variables, na que hai dúas que nunca poden faltar e que deben ser propias do político: SERVICIO ao POBO e EDUCACIÓN. As outras son dependentes da CIDADANÍA, que á súa vez ríxense por outros criterios, e que en moitos temas e ocasións están manipulados.
Só voto en falta a posibilidade de poder dialogar e contrastar ideas. Hai programas-tertulias nos que quenes dialogan non son os políticos senón analistas, que opinan uns máis a fondo e outros máis pola tona, pero que en definitiva non son políticos e non van a ser eles os que leven a cabo as políticas. Hai programas radiofónicos e televisivos que tentaron confrontar ideas entre os distintos grupos políticos, que fixeron de xanela para meter aire fresco na cidadanía, o meu temor é de si seguirán emitíndose; a nivel estatal imaxino que o programa 59 segundos seguirá, pero a nivel autonómico o programa Hai debate, seguirá, volverase descafeinado ou pasaralle coma a A caixa negra?.
A nivel municipal, onde se ten que dar o debate é nos plenos do Concello e nas distintas comisións, mais en Cabanas por imperativo de alcaldía primero derogouse o Reglamento de Funcionamento de Concello ("por que interrumpe na labor de goberno") e con eso os plenos pasaron a ser bimensuais, logo sen previo aviso a limitarse o tempo de intervención nos plenos a 10 minutos por voceiro (cando no segundo pleno se lle preguntou por cómo se ían a rexir os plenos, dixo que "no habrá problemas, el tiempo será el necesario para tratar los temas, para unos habrá que debatir más tiempo y en otros no"), e xa por último (éste con previo aviso) limitar as preguntas nos plenos a 5 preguntas e 3 rogos por voceiro e 3 preguntas e 1 rogo por concelleiro (cando no segundo pleno dixo que "se podrán hacer las preguntas que querais", e sobre esta cuestión presentouse unha pregunta no último pleno que viña a decir ¿cal é o motivo para limitar o nº de preguntas? ao que contestou "cambié de opinión"). Se todo esto non é suficiente, cando no turno de intervención se está a dar lustre pódese falar sen atrancos (o reloxio non corre) pero cando se entra en temas non gratos a parte de estar interrumpindo, tanto por parte da presidencia coma polos concelleiros de Goberno, o tempo corre que da gusto, e se non se corta a palabra, expúlsase ao concelleiro de turno (eso sí, ao terceiro aviso).
Ver para creer: acudir aos Plenos do Concello de Cabanas o último mércores dos meses impares, normalmente ás 19:30h. Tamén pode haber plenos extraordinarios, que dependendo do tema, día, interés, etc poden comenzar ás 8:00h.
Continuará...

luns, 11 de maio de 2009

Pleno extraordinario CABANAS 13-05-09

Para este mércores día 13, hai convocado para as 19:30h no salón de plenos do Concello de Cabanas un pleno Extraordinario, coa seguinte orde do día
1º- Sorteo dos membros das mesas electorais
2º- Adhesión ao consorcio de turismo Eume-Ferrol-Ortegal
3º- Solicitude de subvención de servicios sociais
4º- Modificación do Proxecto de Acondicionamento das áreas infantís
5º- Aprobación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Cabanas
6º- Orzamento Municipal para o 2009
Un pleno extraordinario que chega despois dun mes de abril "a secas" e a 15 días do pleno ordinario do mes de maio,.....
O grupo de goberno segue a facer das súas.
Estades convidados a asistir ao desenvolvemento dun pleno que deseguro non terá desperdicio algún.
Ata o mércores 13 de maio no salón de plenos de Concello de Cabanas.

venres, 8 de maio de 2009

A LEITE é a leche.

Despois dun tempo de non escribir nada, hoxe fágome eco do comentario de Mario Fernández Redondo, Vocal da Xunta de goberno do Colexio de Enxeñerios Técnicos Agrícolas de A Coruña, na sección de Opinión TRIBUNA de La Voz de Galicia.
Hai unha parte que xa foi tratada ampliamente, fai tempo, que era explicar o "desglose" do precio do leite no que se lle paga ao gandeiro, o transporte, o procesado, a distribución e logo a marxe comercial na liña de lácteos dos comercios.
E chéga a unha conclusión que non nos pode deixar indiferentes, e que este home, que non teño o placer de coñecer, resumíu perfectamente no título do seu comentario de opinión: "Aritmética y (mala) leche".
Xa o decía a compañeira Marisol Soneira na súa intervención política no Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE celebradro en Pontevedra: " o sector agro-gandeiro, e especialmente o lácteo está a sufrir unha crise, e se non se toman medidas arrastrará a moitos outros sectores".
E estou dacordo. E a Xunta de Galicia ten competencias e medios para reorientar o sector.
Só fai falla unha pregunta: ¿Cré o actual Conselleiro de Medio Rural nun sector agro-gandeiro potente?, ou ¿cré na autoregulación do sector?. Polo de agora cré no peche de explotacións,.......
Nos anos 1995-1997, se non me confundo, devolveuse unha importante cantidade de diñeiro da CEE para incentivar a producción ecolóxica, e gastáronse máis en incentivar o abandono da producción.
Volvo a facer a pregunta ¿Cremos nun sector primario forte?.
Eu sí. Mais entra temporal pola boca da ría.
Xa o decía o meu profesor de Hixiene e Inspección de Alimentos na Facultade de Veterinaria de Lugo: "Para la semana entramos en el tema de la LECHE, que es la leche".
A miña avoa foi leiteira, Teresa da Fontenova, e aínda hoxe me falan dela a xente que a coñeceu na ruta que facía dende Magalofes ata o peirao de Barallobre.

luns, 2 de marzo de 2009

O pobo falou

Foron as eleccións con máis participación de toda a historia da democracia en Galicia.
O PP acadou a maioría absoluta con 39 deputados, o PSOE 24 e o BNG 12, hai outras forzas que obtiveron os seus votos pero non alcanzaron para entrar con deputado no Parlamento da Xunta.
En Cabanas subeu a participación a un 66, 52% sendo os resultados:
P.P. 819 (43,24%); PSdeG-PSOE 590 (31,15%);
B.N.G. 315 (16,63%), TEGA 63 (3,33%);
UPyD 33 (1,74%); EU-IU 18 (0,95%)
Outros 17 (0,89%).
As anécdotas hainas, unha muller que se votou ao pescozo dunha interventora nosa insultándoa por que eramos os responsables de que seu fillo perdera unha pensión, ou aquel outro que se empeñaba en votar unha e outra vez el, logo polos seus pais, e logo polo seu avó, decindo que llo pediran (en fín, que aproveitarse das persoas con deficiencias só ten un nome: ser desalmado).
Noraboa e sorte ao PPdeG, non me gustou a aptitude de certas persoas do PP de Cabanas, que demostraron non estar á altura do cargo que representan (case me atrevo a decir ostentan), espero e desexo que non exista un afán de revanchismo aínda que vai a ser difícil, xa que van a contestar coas mesmas maniobras de algúns, e sexan capaces de saber manter os avances que se produciron.
Sigo crendo no ideario do PSdeG-PSOE, sigo crendo que o único contrato válido coa cidadanía é un programa electoral e o PSdeG-PSOE cumplíuno na súa maioría, sigo crendo que o proxecto é válido e con visión de futuro.
Por último, non me queda máis que agradecer ás persoas que confiaron o seu voto ao proxecto socialista, que sigan atentos a vida política por que os políticos somos e temos que ser a voz dos que nos votaron (polo que hai que sabelos escoitar) e que sigan atentos o PSdeG-PSOE por que non vai a deixar de traballar para que este mundo sexa mellor para TOD@S.