No último pleno celebrado o día 29 de xullo no Concello de Cabanas, rexeitouse por maioría cualificada (voto de calidade do Sr. Alcalde ao non asistir un concelleiro do PP -había que verlle a cara de risa que poñía cando se repetía a votación-) as mocións sobre a gratuidade dos libros de texto, presentadas tanto polo PSdeG-PSOE como o BNG, aínda que o mais chocante foi as explicacións da Sr. Esperanza Gayoso que exerceu de portavoz do PP. Patético (Os nenos non poden estudar ben por que non poden suliñar nos libros, non é gratuidaide xa que os libros non son deles e tamén ao ter que devolver os libros non poden facerse cunha biblioiteca familiar,...ademáis do efecto negativo na industria editorial)
Mentras noutras comunidades como Cantabria implementan partidas para conseguir unha educación de calidade, gratuita e universal, en Galicia estamos a velas pasar.
Teñámolo claro todos e todas, o máis importante e non nos cansaremos de repetilo, é que o Partido Popular SUPRIME un dos DEREITOS que tiñamos acadado todos os galegos e galegas a un SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO de CALIDADE, UNIVERSAL e GRATUITO.
Plataforma pola gratuidade dos libros de texto, nela podedes seguir as informacións e baixar unha plantilla para achegar firmas para que a Xunta de Galicia e o seu Presidente manteña o dereito acadado, e non poida meter a punta da pata na senda do desmantelamento de dereitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario