De todos é sabido o que está a acontecer co idioma galego (enquisa aos pais con nenos en idade escolar, elexir o idioma nas oposicións,...) hai compañeiros que tratan o tema coma José Luis Prieto ou Andrea Fernández,... hainos que defenden que non se pode cortar o acceso á función pública de xente con suficientes méritos (¿¿??) polo feito de non saber o galego con bon nivel.
Ben, seguiremos remexendo e non deixaremos calla-lo queixo.
Esta xente (a nova Xunta e os seus seguidores) non pode esperar máis, non poden deixar emerxer á intelixencia que se desenrola no pobo galego, que coma galego exprésase mellor en galego, unha inmensa maioría (fillos e netos da sociedade) que ademáis é respetuosa coa xente que fala en castelán ou se me apurades en outro idioma, e que é capaz de cambiar de rexistro sin ningún problema nin trauma para poder entenderse co de enfrente.
Simplemente é cuestión de educación, de enriquecimento cultural; que non interesa ás élites.
Eu son galegofalante, e atópome con xente coa que manteño diálogos bilingües, e non temos problemas. Só rabeo cando non atopo a palabra adecuada para expresar un concepto, pero eso só é unha eiva miña que tento arranxar tirando de diccionario e lectura. Cando o caso é que o interlocutor non entende o galego pasamos a falar na lingua na que nos entendamos, coma se é en inglés.
Quero imaxinar que si algún profesional quere vir a opositar a Galicia ven aquí por todo un pouco: por un posto de traballo, por un prestixio, polo clima, pola xente, pola comida, polo ritmo de vida,...polo que se queira. E vai a facer o posible por integrarse na sociedade.
Como dí José Luis Prieto de que o perigro está en que esto derive en que uns poucos queiran apartar a unha maioría e se produza un apartheid, eu non o creo, o galego é moi intelixente, e canto máis lle ensinen mellor.
Coma decía e dí un compañeiro: "...deixade correr ao cabalo...".
2 comentarios:
E para un castelanfalante o galego non é tan dificil (poñome coma exemplo). Imos: que "son ganas de joder al personal". Calquera castelanfalante que venga a Galicia, se pon interese rematará falando galego ou poidendo ser quen de falalo. Só era un test! O único obxectivo da nova Xunta é fastidiar.
Delfín, eu son bilingüe,, tanto me ten falar castelá como galego, paso con naturalidade do un ao otro e podo gabarme de falar un castrapo perfectísimo, cando me peta.
Pero non lle tolero a ninguén que me tome por parva e me faga crer que "o galego" é un problema, que non o é para a meirande parte de nos e dos que nos visitan que levan escoitando toda a vida á peixeira falando galego e sempre lle entenderon sen problemas.
Aquí o que hai é moi mala ostia, e os que eu chamo "Pan reseso" (porque creen que reseso é castelán) que abominan do galego con argumentos peregrinos e son bilingües , sí bilingües: castelán-español/español-castelán.
Quero que os meus fillos falen galego cando lle pete, que o aprendan para que non lles pase coma a min que tiña 21 anos cando decidín que "había que pensar en galego" para falalo con naturalidade e sen complexos.
Publicar un comentario