CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 4 de abril de 2008

¡¡¡¡Loado sea el Sr.: RESTITUYAMOS!!!!

Hoxe saen dúas novas, telegráfica en La Voz de Galicia e algo máis extensa en La Opinión de A Coruña, sobre o transporte escolar no CEIP "Eladia Mariño". No primeiro diario laiánse do percorrido do transporte e no segundo exísen a restitución das liñas. RESTITUCIÓN. ¿Qué é restituir?. ¿Cales queren restituir?. ¿Por qué as queren restituir?.
Non quero meter na "vida" política aos escolares; os nenos deben estar en outro nivel da discusión. Os pais e nais deben ter un criterio máis integrador e non excluinte. Se restituir é voltar a que do transporte escolar baixen os nenos e pasen por diante do autobús, pois eu digo que non. Tivemos últimamente varios exemplos de fatais desenlaces con isto. Se restituir é conseguir que o transporte escolar se achegue a tódalas parroquias e máis ampliamente, digo que sí.
Pregúntome: por qué o BNG votou en contra do punto 5 do pleno do 28 de Novembro de 2007: Modificación do Transporte Escolar, onde só comentou: "o BNG desexaría que explicara mellor as cousas como a reinserción do transporte", para logo orientar o voto en contra co asombro dos seus concelleiros de grupo. Para pedir agora tan vehementemente a restitución, chegando a merecer unha pregunta parlamentaria do BNG á Consellería de Educación.
Pregúntome: por qué aparece un 2º ANPA ("O Souto") no CEIP Eladia Maroño.
Pregúntome: ¿de qué imos?, ¿por qué non se contrastan informacións?, ¿por qué é tan sesgada a información?.
P.D.: Isto tampouco ten desperdicio.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Fronte a Restitución, ¡¡Destrucción!!

Parece mentira sr. Delfín, que unha persoa que quixo ser representante da cidanía de Cabanas, teña tan mal orientado o punto de mira.
Se vostede lee na prensa que se queren restituir as rotas do Eladia Mariño, deberiase preguntar qué é o que pasa?.
No canto de busca-la información que lle falta adicase a repartir leña como quen sementa millo, e logo dinos que os pais e nais deberiamos ter un carácter máis integrador, non excluinte. pregunto eu ¿ a quen debemos integrar? ¿a quen estamos a excluir?.
Hai un problema grave de seguridade, e eso é o que intentamos resolver, con política ou sen ela, porque non me negará que o de TES+BUS e facer política cos nenos, e que conste que non me parece mal, os nenos tamén forman parte da sociedade, e canto máis fagamos por eles máis vida teran dentro da política.
Sorprendese de fagan unha nova anpa, non me extraña. Se hai un grupo de xente que está a ter esta iniciativa ¡Adiante!. fronte ao inmovilismo só se pode amosar xenio para facer camiño.
Animo sr. Delfín, cada vez que vostede escribe no seu espazo sobor dun problema, o único que fai e inzalo de merda.
E vostede quería ser governante de Cabanas...
En fin eterna-sin-ideas-nin-gracia

George Foreman

DELFÍN dixo...

Cando se abren portas para atopar puntos de encontro e o único que se fai é dar portazos e virar de costas, pois que quere que lle diga, de tódolos xeitos, moitas gracias polo comentario Sr. Foreman.

Anónimo dixo...

Eu estou totalmente a favor do Sr. Delfín.
El diván de lo efímero