CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


sábado, 12 de maio de 2007

Comenza a CAMPAÑA ELECTORAL EN CABANAS
Despois da pegada dos carteis electorais que dá o pistoletazo de comenzo oficial da campaña no Concello de Cabanas, de coincidir nós, PSdeG-PSOE ceando, IVC tomando uns viños e pinchos e PP uns viños no mesmo establecemento; miradas e acenos cruzados. (non quero pensar o que se lle pasaría pola cabeza ó dono do local...... jejeje). Despois de todo os primeiros en marchar foron os de IVC e logo fomonos nós, e saudamos cordialmente ós do PP ó sair...... Algo que non debería ser anecdótico, pero tralos anos de insultos e despropositos no concello penso que sí ten a súa relevancia.
En fin, aló fomos a facer a primeira pegada con toma de fotos incluida, inexperiencia na "grapada", que é máis limpa que a cola,...... e se cadra máis fácil de boicotear, coma nos pasou en Cardeita e noutros sitios,.... que triste non saber nin compartir un lugar público-explicitado para que tódolos grupos que participan nestes comicios peguen os seus carteis. Coma dixo a vicepresidenta do Goberno sobre as declaracións de Aznar e o viño-conducción: "-se comentan por sí solas-".
Despois de días, tardes e noites de reunións e traballo, pois só nos queda ser capaces de transmitir o noso programa e que os veciños e veciñas de este querido CABANAS decida o seu voto polo PSdeG-PSOE, que seguro non vai sair defraudado.
Ese é o noso compromiso e empeño, ese é o meu compromiso e empeño.
Saúdos e ánimo.

Ningún comentario: