CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 23 de xullo de 2007

¡¡¡¡ QUE VERDADE !!!!



De leis non sei nada. De coherencia algo. Se á famosa portada lle pasades un trazo negro que tape soamente as partes pudendas, a mensaxe “oral” segue a ser a mesma.¿qué se tenta ocultar?, ¿as apetencias sexuais da parella?, ¿o sentido-necesidade da institución?, ¿o aguinaldo?,… ¡¡??!!,

Séguemos faltando cultura crítica. Hai que saber rirse, "...me c.. no mundo" que diría Emilio Pereira.

Por certo creo na liberdade de prensa e pensamento. Non entendo o “SECUESTRO”. Pero teremos sermón para rato.

Saúdos.

P.D.: Nunca El Jueves tivo tanta tirada. ¿Sairíalles o tiro pola culata?.

mércores, 18 de xullo de 2007

ESTAMOS DE VACACIÓNS

Mafalda coa súa audacia pódenos facer ver o que non queremos.


A) DA POLÍTICA: tra-las vacacións esperemos que chegue a cordura, e se pase a facer POLÍTICA e non politiqueo.


(P: Saqué entradas para ir los tres a un teatro infantil. M: Fantástico,...yo creo que a Mafalda le va a gustar, son todos buenos actores, y dicen que el espectáculo es muy divertido. P: ¡Eh Mafalda! ¡Adiviná a donde te vamos a llevar!. Mafalda: Ya oí, al Congreso)



B) DA TELEVISIÓN: esa gran “amiga” que nos fala de "todo", pero que nestas datas só se salva a TVE-2 (e no resto do ano tamén).


(P: Si le digo que no vea tanta televisión va a terminar por odiarme. ¿Por qué no le decís vos?. M: Mafalda sería conveniente que vieras....... Mafalda: ¿Qué?. M: ¿Qué QUE hijita?)

C) DA DIGNIDADE: do que estamos faltos todos.


(Felipe: ajajaaaaá ¡jaque!, ¡Gané! ¡Jaque al rey!. Mafalda: El rey ha muerto. ¡Viva el rey!. Felipe: Ante tanta dignidad, ¿quien puede alegrarse de haber ganado?)

D) DO DEBER: sen palabras, jejeje.


(Voz: Recuerden siempre queridos mios, amemos mucho a nuestros padres....pues a ellos les debemos la vida. Mafalda: ¿cuánto es?)

Foi un libro que me regalou a muller, que nun comenzo non lle fas moito caso; pero, como pasa con moitas cousas na vida, hai que ter o tempo e o ánimo disposto para asimila-los datos.

Non ten desperdicio.

MAFALDA Nº O por QUINO
Ed. LUMEN, 1998

mércores, 11 de xullo de 2007

Consideracións do pleno do 09/07/07 do Concello de Cabanas (II)
Hoxe despois de sair cedo a traballar, apetecíame facer unha das miñas actividades "favoritas":tomar un café lendo os periódicos no bar do meu primo. E nas seccións locais e xerais de Galicia prácticamente só se fala dos soldos que se lle asignaron ás Alcaldías e Concellerías delegadas, e para nada do réximen que rexirá o funcionamento dos Concellos durante esta lexislatura 2007-2011. Só no Diario de Ferrol faise unha pequena referencia a esa cuestión en Cabanas.
Coma dixen nunha contestación dun post de Bea, a discusión sobre o tema de asignación de soldos-asistencias-indemnizacións, é e será infructuosa namentras non teñamos unha lei de rango superior que o estableza; esas leis nas que se basa o funcionamento dos concellos fan en todo momento referencia ó nº de habitantes para atribuirlle funcións (non hai más que ler: Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, Lei 5/1997 do 22 de xullo, de administración local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais).
Non quero ser repetitivo nesto. Ese marco sería o idóneo para establecer ós máximos para as dedicacións exclusivas en función do nº de habitantes. Por que deixar esa atribución ó pleno leva consigo a posibilidade de que pase o que está pasando agora mesmo: km de tinta para patalear.
Non sei se estou equivocado, pero no caso de Cabanas a porcentaxe do soldo da Alcaldia a respecto do presuposto supón sobre 0,01%. (Moito menos ca Lendoiro no R.C. Deportivo de A Coruña, jejeje...); ¿é moito ou é pouco?,.............. seguiremos discutindo por que é postestade dos integrantes do pleno a aprobación. ¿Debería ser un punto "obligatorio" nos programas electorais?, se cadra sí, por que desa maneira os veciños saberían de antemán coma respira o aspirante á Alcaldía e non se levaría sorpresas. En fín podemos seguir dándolle e non remataríamos nunca.
Para mín é moito máis importante o réximen que se establece para o funcionamento do Concello e que rixirá durante toda a lexislatura; ahí, sí que si non hai un bon control 1º do Goberno municipal e 2º por parte da oposición, sí que se pode dilapidar o presuposto municipal moito máis do 1% que supón o soldo da Alcaldía. Coma lle dixen unha vez á anterior Alcaldesa: "ó pobo ademáis de facerlle ben hai que demostrarllo", e tamén dixen: "outros virán de bon te farán".
Por que outra dúbida que me asalta é: ¿se tes unha maioría asegurada nos plenos, qué "medo" tes de leva-las cuestións a eles para que se debatan?, se sempre os vas a aprobar, deixa que se coñezan as distintas opinións. Ou non dixo o actual Alcalde D. Germán Castrillón (PP) na súa investidura. "Non me creo na posesión da verdade absoluta, e entre todos podremos entendernos". Si se lle quita ferramentas á oposición para exercer o control o entendemento faise cada vez máis difícil. Pero é certo que será máis fácil para o equipo de goberno actual PP+AEC.
Sempre me gustou a pluralidade de opinións expresada civilizadamente.
................ CONTINUARÁ
CONSIDERACIÓNS DO PLENO EXTRAORDINARIO 09/07/07 DO CONCELLO DE CABANAS

1º- Aprobación se procede da acta da sesión anterior.
2º- Existencia da Xunta de Goberno Local.
3º-Derogación do Regulamento Orgánico Municipal.
4º- Delegación de atribucións do Pleno na Xunta de Goberno.
5º- Réxime de sesións ordinarias do Pleno.
6º- Creación e composición dos órganos complementarios.
7º- Retribucións, asistencias e indemnización dos membros da corporación e grupos políticos.
8º- Nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
9º- Resolucións da Alcaldía:
a) Nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local.
b) Nomeamento dos Tenentes de alcalde.
c) Delegacións da Alcaldía.
d) Constitución dos grupos políticos.
e) Asignación de locais a grupos políticos.
f) Sitación nas sesións dos membros da corporación.

Como era de esperar os puntos máis “quentes” do pleno foron o 3º e 5º.

3º-Derogación do Regulamento Orgánico Municipal.

No turno de palabra o grupo municipal do BNG dí que o ROF que ten por agora o concello foi motivado e debatido no seu momento, e agora “debería facelo con consenso” por que a argumentación da alcaldía da posible modificación do Regulamento Orgánico de Funcionamento (ROF) por parte da administración central e a Xunta de Galicia, é pobre.
O grupo municipal do PsdeG-PSOE dí que entende que hai leis que suplirían a falta do Regulamento Orgánico Municipal, pero que tamén estas leis dá a potestade de facer un ROF adaptado ás características das entidades locais (concellos) e así se fixo na anterior lexislatura; podía a alcaldía ter buscado un consenso, “mal comenzamos” e pide que se retire da orde do día o punto 3º.
O grupo municipal de IVC dí que o ROF foi aprobado pola coalición de goberno PSOE-BNG na anterior lexislatura (non houbo tal coalición, hai que aclaralo), e agora o pobo configurou unha nova mayoría “que vós perdestedes e tedes que acatalo e punto, e non teño máis que decir”.
Tanto o PP coma AEC non consideraron necesario intervir para argumentar este punto 3º. Imaxino que AEC non pode argumentar nada por que D. José Casimiro Rey votou a favor de dito regulamento cando estaba baixo a disciplina do PSdeG-PSOE, e non é capaz de defender o cambio de postura.
Ó final quedou aprobado cos votos a favor (7) de PP,AEC, IVC e en contra (4) de BNG,PsdeG-PSOE.

4º- Delegación de atribucións do Pleno na Xunta de Goberno.

Tanto o BNG coma o PSdeG-PSOE, dín que a mesa de contratación das obras e servicios é a mellor ferramenta para traballar con transparencia. E ademáis nunca se dilataron os plazos de execución das obras e servicios por haber este instrumento.
Aprobouse cos votos a favor (6) de PP,AEC en contra (4) de BNG,PsdeG-PSOE, abstención (1) de IVC.

5º- Réxime de sesións ordinarias do Pleno.

O BNG e PsdeG-PSOE motivaron a argumentación en que a periodicidade de un pleno mensual facilitaría o control de acción do goberno municipal no apartado de rogos e preguntas.
O grupo de IVC reprocha ó BNG e PSOE a “actitude derrotista e lastimera ca que veñen aquí, nós IVC só temos un voto pero se queren vostedes téñeno para pedir un pleno extraordinario”. (risas e sonrisas por parte dos concelleiros do PP e AEC); NON ACLARA O REPRESENTANTE DE IVC QUE NUN PLENO EXTRAORDINARIO NON HAI ROGOS E PREGUNTAS, E SÓ SE DEBATE SOBRE A CUESTIÓN QUE MOTIVA ESE PLENO EXTRAORDINARIO (TEÑO POR CONFIRMAR QUE HAI UN TOPE ESTABLECIDO DE PLENOS EXTRAORDINARIOS A PEDIR, QUE ESTABA REGULADO NO R.O.F. DEROGADO EN TRES POR ANO E CONCELLEIRO).
É neste momento cando pide a palabra o voceiro do PP para “decir simplemente que en el Partido Popular no somos antidemocráticos”.

Sin máis a Alcaldía somete o punto a votación co resultado de a favor (6) PP, e AEC, en contra (4) BNG e PsdeG-PSOE e abstención (1) IVC.

6º- Creación e composición dos órganos complementarios.

O representante do BNG comenta que todo isto vai no camiño de denegar a participación no control do goberno municipal, ás comisións rebaixanselle a categoría e pasan de obligatorias a complementarias. A Xunta de portavoces: non ten periodicidade, A xunta de delegados é decorativa a non ser que sexa para redondear ingresos ós concelleiros delegados. A Comisión de Fachenda quítaselle control por que non atende á proporcionalidade nin á orde de concelleiros, así coma que é unha proposta retrógada xa que pasa a ser bimensual ó igual que os plenos ordinarios. O grupo do PsdeG-PSOE ratifica o anterior, pero ademáis fala de que falta comisión de asuntos de pleno, o nomeamento dos representantes dos grupos municipais na Comisión paritaria de vixilancia, interpretación e de desenvolvemento do convenio, que se debe reunir cada tres meses con carácter extraordinario.

A Alcaldía somete o punto a votación co resultado xa coñecido de a favor (6) PP e AEC, en contra (4) BNG e PsdeG-PSOE e abstención (1) IVC.

7º- Retribucións, asistencias e indemnización dos membros da corporación e grupos políticos.

Neste punto da orde do día o BNG fai unha pequena ironía entendible por que a actitude do representante de IVC é deprimente con risas e sonrisas mirando para a bancada do BNG e PsdeG-PSOE e facendo comentarios en voz baixa co voceiro de AEC. A ironía consiste en decir “agora sí que ben a modernidade ó Concello.....Aumento de soldo para a Alcaldía”. A voceira do PsdeG-PSOE matiza que o seu grupo nunca estivo en contra de que a Alcaldía e Concelleiras/os delegadas/os cobrasen un soldo por dedicación exclusiva ou parcial; pero dase a circunstancia que o soldo da Alcaldía increméntase un 250% con dedicación parcial de 30 horas semanais, as asistencias >60% e as Indemnizacións nun 150%. E que as arcas quedan saneadas.
O representante de IVC dí que sí que hai débedas polo derribo do edifico do Penso, cousa que “ningún partido nin tan sequera na Dictadura pasou tal”.

Neste momento o Alcalde un pouco ofuscado dí por alusións: “é o soldo que cobra un operario de 1ª en Bazán, e deixádeme traballar”, e sen deixar replicar ó PsdeG-PSOE ( que quería decir "que dubido si ese é o soldo dun operario de 1ª en Bazán, pero en todo caso é con dedicación exclusiva") manda votar co resultado de a favor (6) PP e AEC, en contra (3) BNG e abstención (2) PSdeG-PSOE e IVC.


En resumen:

1º- Eliminan un Regulamento Orgánico Municipal, por motivos peregrinos.
2º- Modifican os órganos de control de goberno para ter más liberdade de acción.
3º- Incrementan os soldos.

E todo isto sen despeinarse e sen ter que usar o seu turno de palabra para cando menos dar unha motivación razoada.


BEN CERTO É QUE NUNCA PODERÁS MOTIVAR UNHA RAZÓN: POR QUE NONA HAI NIN PODE SER DEFENDIDA, POLO QUE MELLOR ESTAR CALADOS E USAR A IVC COMO VOCIFEIRO.

¿Qué vos parece?, ¿é democrático?.

..............CONTINUARÁ