CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 26 de novembro de 2007

MOI INTERESANTE
PARA REPETIR

Explicación da peza musical acompañada dunha diapositiva.

Hoxe tiven a oportunidade, xunto con outras nais (non había ningún outro pai) de asistir a un concerto instructivo dos profesores da Escola Municipal de Música de A Capela, que foi organizado polo ANPA "O Castiñeiro" (Cachú) e a dirección do CEIP "Eladia Mariño" (Mercedes), conseguindo a colaboración do Concello de Cabanas que cedeu o salón de Plenos para tan importante ocasión de inicio e toma de contacto coa música clásica.

É bonito ver coma os nenos e nenas atenden e participan.


Interpretación

Na saída comentando cos organizadores, chegamos á conclusión que eventos desta índole deberíanse potenciar máis, para darlle un contido máis cultural ó Concello de Cabanas. (Non todo vai a ser ralis e empresas de protocolo).

Noraboa ós organizadores e dende aquí, coma xa llelo manifestei, a seguir loitando pola cultura de todos e todas.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Normalmente, as cousas máis sencillas son as mellores para a promoción da cultura e da participación das nenas e dos nenos.
Saúdos desde Ferrol.

DELFÍN dixo...

Gracias Manuel polo comentario e a visita.
Unha acción simple coma é ésta de asistir a un "pseudoconcerto", pero moi ben dirixido por parte de Ilian, que introducía a peza musical cunha explicación moi didáctica, consegue que ás pequenas e ós pequenos lle quede ese recordo positivo.

Sempre lembro a viaxe que realicei a Pontevedra estando no instituto de bacaharelato de Pontedeume, e visitamos o museo Provincial de Pontevedra (do que era daquela director un irmán do que foi e é un moi bon amigo de carreira, mira tí que casualidade), ou a visita ó Monte e Castro de Santa Tegra, ó que agora por motivos familiares estou visitando acotío. Ou a visita que fixemos tamén daquela á Papeleira de ENCE,... en fín que a vida son vivenzas, e se son positivas conseguiremos facer unha sociedade mellor.