CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 26 de decembro de 2008

XA se sabe, de inocentadas e dictaduras!



Xa se sabe que nestas datas todo é ledicia, comer, regalos e todo o que se tercie,.... despois de noiteboa, o día de nadal cos regalos adiantados do papá Noel, ven o día 28,... o día dos Stos. Inocentes, no que se soen facer unhas cantas falcatruadas.
Hoxe celebrouse un pleno extraordinario, que como ben sabedes foi pedido por toda a oposición para tratar do uso que podía facer o Concello do Fondo Estatal de Investimento Local e que foi convocado polo Sr. Alcalde antes de convocar outro pleno extraordinario para o día 20 de decembro con data posterior á convocatoria do de hoxe, e no que se tratou con "apisonadora" a proposta de investimento.
Pois a inocentada foi feita, contraprogramando un pleno, e hoxe materializouse non deixando falar á oposición (dende hoxe seica volve a haber tempo no turno de palabra dos plenos: punto que estaba regulado pero que foi derogado pola alcaldía aducindo que "non me deixa facer o seu traballabo de maneira axeitada" -primeiros indicos de dictadura-, e que tras unha pregunta de Mª José Cabana no terceiro pleno para que especificara como se ía regula-lo tempo de exposición e replica, contestou o Sr. Alcalde que sen tempo pero ao seu criterio, unhas veces falarase máis tempo outros menos, dependendo dos temas a tratar -segundo indicio de dictadura-).
Demostración de forza: se hoxe non se atiñan ao punto do pleno directamente advertencia (1ª, 2ª, e á 3ª te voto do pleno) ou retirada de palabra. Cando no grupo mixto se pide a palabra o sr. alcalde pregunta ao outro membro do grupo vai a intervir xa que si non interví máis tempo, ¿como vai a saber alguén se vai a ter que intervir unha, dúas ou máis veces por alusións?.
Xa se sabía que había censura e cortapisas, pero na trastenda. Agora xa é sabido, no mesmo pleno "hago y ordeno". Calificadeo vos mesmos.



venres, 19 de decembro de 2008

Dous plenos extraordinarios en 6 días

É sabido de todos que o Goberno central aprobou o Real Decreto-Lei 9/2008 o 28 de novembro e foi publicado no BOE o día 2 de decembro, polo que se lle outorgan aos concellos españois en razón do criterio de poboación (nº de habitantes) unha coantía de cartos que no caso de Cabanas ascende a 579.106€. Unha medida que pode ser considerada como se queira, aínda que o máis importante será en como vaia a ser usada.
Con tal motivo, o día 03 de decembro dende o Grupo Mixto o PSdeG-PSOE rexistrou unha moción para que, de maneira urxente, se constituira unha comisión extraordinaria para preparar os proxectos que se presentarían ao Ministerio de Administracións Públicas, e que a continuación esta funcionara como Comisión de seguimento dos proxectos, en aras dun mellor aproveitamento do Fondo, con transparencia e eficacia.
O día 9 de decembro tódolos concelleiros da oposición rexistraron unha petición de pleno extraordinario para tratar estes temas, o cal quedou fixado para o día 26 de decembro ás 19:30 horas.(Notificado o día 11/12/08), co seguinte orde do día:
1º-Propostas de obras Fondo Estatal de Investimento Local.
2º-Proposta de obras Plan de Estratéxico de Infraestruturas Municipais da Consellería do Medio Rural
3º-Propostas de actuación para solicitar a colaboración da Consellería do Medio Rural.

Entre tanto o grupo de goberno fixou unha reunión o día 11 de decembro cos representantes das distintas asociacións inscritas no Concello para informar do Fondo de Investimento Local e tomar suxerencias, que foi simplemente un acto de propaganda, decindo que conseguiran un diñeiro e que ían a facer moitas cousas.
E hoxe día 18 de decembro encontrámonos con que hai convocado un pleno extraordinario para o vindeiro sábado día 20 de decembro coa seguinte orde do día:

1º- Aprobación si procede de actas de sesións anteriores.
2º- Conta Xeral de 2007.
3º- Ratificación acordo Xunta de Goberno Local (XGL) sobre propostas de obras do POS 2009 (Plan de Obras e Servicios).
4º- Proposta da XGL de obras do Fondo Estatal de Investimento Local.
5º- Proposta XGL de obras PEIM (Programa Estratéxico de Infraestructuras no Medo Rural)
6º- Proposta do BNG sobre enmenda á ordenanza de axuda a domicilio.
7º- Propsta do Grupo Mixto sobre comisión para o Fondo de Investimento Local.
8º- Proposta do Grupo popular sobre a disolución dos concellos gobernados por ANV.

Como se pode ver, o grupo de goberno, fai as cousas ao seu antoxo, e parece que "contraprograma" plenos extraordinarios. E tenta mixturar todo, para que non se saque conclusións claras.
O punto 2º do próximo pleno do 20/12/2008, como ben dí Mª José Cabana, xustifica por sí solo un pleno extraordinario, cando se atopan certas "irregularidades" ou puntos pouco claros. Métese neste pleno para que quede diluido co debate dos seguintes puntos.
Os puntos 4º e 5º, van a voltar a ser tratados para o día 26/12/2008 (¿terá sentido dito pleno extarordinario?)
A idea é que este fondo é excepcional ou extraordinario, que non vai a haber outro e que a súa coantía é 4 veces a coantía do P.O.S. de 2009 (Plan de Obras e Servicios da deputaciónde a Coruña), é decir que se podería facer unha obra (ou máis) que levaría o financiala 4 anos en 1 ano. Que estes cartos están repartidos co criterio de población (nº de habitantes), polo que o que se fixera, aínda que esté circunscrito a unha zona, sexa de interese para todo o Concello, e que efectivamente xenere emprego durante a realización das obras e tamén despois manteña postos de traballo. E que estas obras se entronquen cun proxecto de vertebración e futuro.
Os feitos son estes, e os criterios de actuación son os xa sabidos de quedar ben e facer amigos.
Estimados veciños e veciñas, espero poder vervos no vindeiro pleno extraordinario do sábado 20/12/2008 ás 9:00 horas, xa que o Concello é a CASA de todos e todas, e nel dirímese aspectos importantes e debería reflectirse o opinión do pobo na boca dos seus representantes lexítimamente elexidos, para así poder ter un xuizo de valor axeitado. E non só nos plenos, senón tamén na Xunta de Portavoces, nas Comisións informativas, nas Comisións de Traballo,...que se poderían formar pero que este grupo de Goberno non quere, por que lles ESTORBAMOS.
Recibide un saúdo socialista, e unha sinceira felicitación de Nadal para que nestas datas disfrutedes dos vosos coa mellor das alegrías.

Delfín Feal Pereira
Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Cabanas

luns, 8 de decembro de 2008

CABANAS

Percorrendo as edicións na rede dos periódicos atopei na sección de Cartas ao Director de La Voz de Galicia a seguinte carta:
CABANAS
Autor del comentario: M. T. R.
Localidad: Cabanas
Fecha de publicacion: Domingo 07 de diciembre de 2008
"" Hacia ya tiempo que no regresaba a mi casa, abrí las puertas y las ventanas, y por fin respire el aire de mi sitio, de mi lugar, de mi pueblo?Cabañas.
Sin embargo, en la distancia me iba haciendo eco de las noticias que aparecían en los periódicos. Noticias sobre plenos ordinarios y extraordinarios, de cruces negras, de acusaciones personales, de vecinos encolerizados y nerviosos, de subidas y bajadas de impuestos, de no evolucionar, de derribos y prevaricaciones, de sentencias por poder? de un circo en el que ya no hay risas.
Y siento tristeza, porque no es la imagen de nosotros, no es la imagen de Cabañas.
Cabañas es un pueblo alegre, en el que los vecinos intentan solucionar los problemas de manera tranquila, con conversaciones inteligentes en las que la política es otra forma de respetar.
Me gusta que el lugar en el que he nacido y en el que los hechos más importantes de mi vida han transcurrido sea divulgada por sus cosas buenas: por su mar, su naturaleza, su verano e incluso por sus acontecimientos multitudinarios.
Soy consciente de que todo no puede ser bueno, pero por favor, un poco de respeto por nuestro pueblo y por la imagen que como tal proyectamos ya no solo al exterior, sino hacia nosotros mismos.
Querer a un pueblo no solo consiste en luchar por lo que se cree sino en mantener un mínimo de deferencia hacia sus instituciones, hacia los órganos electos por los ciudadanos y sobretodo por la consideración entre sus propios vecinos.
Quizá la clave este ahí.
Y si nos paramos a reflexionar, aunque sea tan solo un instante, sobre ello, podremos encontrar un punto intermedio en el que los intereses de todos puedan llegar a consensuarse.
Hoy me he levantado, he mirado por la ventana y me sigo sintiendo orgullosa de Cabañas, mi pueblo, mi lugar?
Espero que siga siendo así
""
Nunhas poucas liñas reflicte moi acertadamente o que eu penso e sin demagoxia: o ter diferentes puntos de vista non significa que o maioritario pise ao minoritario, senón que o maioritario debe enriquecerse intelectualmente co que lle queda por coñecer, que a palabra debe prevalecer sobre a forza, que o respecto é o primeiro o segundo e o terceiro, e que a arrogancia, a hipocresía e a prepotencia son prendas que se deben eliminar do roupeiro da personalidade.
Mentres en Cabanas quede xente que pense coma tí M.T.R., non está todo perdido.
Cabanas non se merece estes últimos acontecementos (de semanas, meses ..... e anos) que sendo cabanés de acollida síntome de aquí de toda a vida por ter familia neste fermoso lugar, con toda unha potencionalidade que se soslaia por outros intereses.
E espero, tamén coma tí, que se volva ao clima de tranqulidade que nos permita entre todos toma-la sendo do progreso. De verdade que o desexo.