CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 30 de xaneiro de 2009

Axudas aprobadas pola Xunta para paliar as perdas causadas polo temporal

Onte foi aprobado polo Consello da Xunta o Decreto 13/2009 de medidas urxentes para a reparacion dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro de 2009, que entra en vigor hoxe coa publicación de dito decreto no DOGA.
Nel se detallan ditas medidas, así coma cales serán as Consellerías que as tramitarán, por exemplo:
Danos persoais: Consellería de Economía.
Danos en Vivendas: Consellería de Vivenda e solo.
Danos en infraestrusturas e equipamentos privados: Consellería de Medio Rural.
Danos e perdas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forstais: Con sellería de Medio Rural.
Danos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís: Conselería de Innovación e Industria.
Compensación de Danos en establecementos comerciais, industriais, turísticos, mercantís e deportivos situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica: Ente Público de Portos de Galicia.
Axudas a Entidades Locais: Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Consellería de Innovación e Industria, Consellería de Cultura e Deporte, Consellería de Medio Ambente e Desenvolvemento Sostible.
Tamén decir que no último pleno do Concello de Cabanas foi aprobada a constitución dunha oficina de atención aos veciños e veciñas para levar a tramitación de tódalas solicitudes, asi como o asesoramento.
Unha catástrofe da magnitude sufrida en Galicia e en Cabanas durante estes días necesitan destas medidas urxentes e de a achega de toda a información existente aos veciños e veciñas, sin ningún tipo de sesgo partidario, xa que todos somos IGUAIS.
Espero que todos sexamos capaces de sacar conclusións positivas para o futuro.
TODOS temos moito que aprender.

venres, 23 de xaneiro de 2009

Un bon vídeo para ter en conta!!!


video
Afondando no tema de Iván.

Do que fan os "maiores" aprenden os pequenos, e os "maiores" temos que educar aos nosos pequenos e non tanto, non hai outra.

mércores, 21 de xaneiro de 2009

Cousas


Hoxe púxose de relieve o estado da praia da Madalena en Cabanas, lamentable. Como tamén é lamentable a situación de outros mobiliarios coma esta parada de bus en Soaserra.
Ou unha papelera tirada durante mais dun mes no núcleo de Lavandeira que foi denunciada nun blog da oposición, e no mesmo día foi "limpiada" e reubicada para maior servicio no novo emplazamento desplazando aos contenedores á parada de BUS (esquecida sin marquesiña e sen señalizar o prohibido aparcar, cando menos nas horas de parada).


Parece que o grupo de Goberno, se cadra a empresa que ten contratada para levarlle a Axenda, Protocolo e Publicidade, adícase a seguir os distintos blogs para arranxar os problemas do Concello, por que xa non é tan fácil ir polo pobo explicando o que se fai, ¿verdade?.
Hai otras novas que hoxe teñen unha grande presencia nos medios como a toma de posesión de Barack H. Obama como presidente de EEUU, que teña boa andaina. Tamén hai unha nova en La Voz de Galicia sobre a producción láctea , que ven a decirnos que temos unha leite de calidade (a ver si de ahí sae algo!!!, e sin retranca eh!!).
De tódolos xeitos que o bosque nos deixe ve-la luz. Por que temos á volta do mes as eleccións ao Parlamento de Galicia, e entre medias toca traballar, organizar actos de precampaña e campaña e durmir pouco.

xoves, 15 de xaneiro de 2009

Comenzo da (pre)campaña. Autonómicas de Galicia 2009

Ao comenzo da precampaña, coas preparacións das listas electorais que terán o seu remate o vindeiro 17 de xaneiro, seguiranlle as conferencias sectoriais, coma a feita en Vigo sobre “Economía e Territorio” o pasado fin de semán, ou a do vindeiro domingo 18 de xaneiro en PALEXCO en A Coruña que comenza ás 10:00h sobre “Benestar e Cidadanía”, á que vos recomendo asistir.
Estes actos son para ir engrasando o programa que o PSdeG-PSOE presentará á cidadanía e que decidirá o día 01 de marzo de 2009 o equilibrio de forzas políticas que conformarán o Parlamento de Galicia. Non é necesario repetir a miña concepción de que a política é necesaria e de que non hai persoas apolíticas, polo que cada quen coa súa acción é e será responsable (que non culpable) do que aconteza. O que sucede (baixo a miña opinión, totalmente opinable) é que a “educación” política é escasa, e durante as precampañas e campañas (e despois tamén) perderase máis tempo en “criticar” as músicas, os vestidos,... que as ideas, as ideas políticas de cada formación que deberían ser leídas e contrastadas cos feitos para formarse unha opinión.
De tódolos xeitos a cidadanía é soberana.

mércores, 14 de xaneiro de 2009

Eleccións 2009 ao Parlamento de Galicia

Xa estamos en marcha, eso é o que dí a compañeira Eva, e paréceme de interés uns pequenos datos como son o Censo, Voto para electores temporalmente no estranxeiro e o Voto por correo.
CENSO ELECTORAL
As eleccións galegas xa están ahí a volta da esquina; e dende xa ata o vindeiro luns 19 de xaneiro se pode consultar o censo electoral. O Censo está exposto, pero tamén se pode consultar a través de Internet, sendo necesario dispor de certifiacado dixital.

Somos 2.646.872 electores galego somos os que temos a responsabilidade de que o futuro de Galicia sexa un futuro de igualdade, progreso e dinamismo. (Copiado -sin permiso- do Blog de Fidel Martín)

VOTO ELECTORES TEMPORALMENTE NO ESTRANXEIRO

SUPOSTOS:
-Estar censado en Galicia e residir temporalmente no exterior.
-Non poder exercer o voto por correo porque os trámites deben ser realizados polo/a propio/a elector/a, persoalmente, nas oficinas de correos do territorio nacional.
-Non estar inscritos no censo electoral de residentes ausentes (CERA) por non residir con carácter permanente no estranxeiro.
PROCEDEMENTO:

Será requisito previo estar inscrito no rexistro de matrícula consular como non residente (solicitude e inscrición poden realizarse no mesmo acto).
O impreso de solicitude pode recollerse nos consulados e seccións consulares de embaixadas, así como descargarse da web do Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación (http://www.maec.es/).
Unha vez cuberta a solicitude, débese entregar persoalmente na oficina consular de carreira ou sección consular de embaixada, onde o/a elector/a será idetificado/a mediante a exhibición do seu documento nacional de identidade ou pasaporte español.
O/A elector/a introducirá no sobre dirixido á mesa electoral o certificado de inscrición no censo e o sobre de votación coa papeleta elixida, e o remitirá por correo certificado entre o 3 de febreiro e o 25 de febreiro de 2009.
Será indispensable para a validez do voto que, conste claramente no sobre dirixido á mesa electoral un cuño ou outra inscrición oficial da oficina de correos do estado que certifique o cumprimento do requisito do envío do voto tres días antes de teren lugar as eleccións.


VOTO POR CORREO
SOLICITUDE:
Desde a data da convocatoria das eleccións ata o 19 de febreiro.
PROCEDEMENTO:
O/A elector/a solicitará en calquera oficina de correos un certificado de inscrición no censo. O/A elector/a realizará esta solicitude persoalmente e exhibindo o orixinal do seu documento nacional de identidade (no caso de non dispoñer deste documento pode presentar o orixinal do pasaporte ou o orixinal do carné de conducir, coa súa fotografía, pero non se admiten en ningún caso fotocopias de ningún dos documentos). Só en caso de doenza ou incapacidade acreditadas mediante un certificado médico oficial, pode unha persoa distinta do/a interesado/a solicitar este certificado, e para iso debe ser autorizada por un documento notarial ou consular estendido individualmente (nestes casos, tanto o certificado médico como a escritura notarial ou consular, son gratuítos).
Unha vez que a delegación provincial da oficina do censo reciba a solicitude, e comprobe a inscrición censual do/a solicitante, remitirá por correo certificado ao seu domicilio ou, no seu defecto ao que figure no censo, as papeletas e o sobre electoral, xunto co certificado de inscrición no censo, un sobre no que figurará o enderezo da mesa onde lle corresponda votar, ademais dunha folla explicativa. O recibo acreditativo da recepción desta documentación deberao asinar persoalmente o/a interesado/a, acreditando a súa identidade.
Unha vez que o/a elector/a escolla a papeleta de voto e a introduza no sobre de votación e o peche, introducirá ese sobre xunto co certificado no sobre que se lle enviou co enderezo da mesa electoral que lle corresponde, e remitirao por correo certificado sendo o derradeiro día para facelo o 25 de febreiro. A normativa electoral non esixe que, neste caso, o elector acuda persoalmente a certificar o sobre de votación, poidendo facelo outra persoa non seu nome.Unha vez enviada a solicitude do voto por correo, xa non poderá votar persoalmente perante a mesa electoral.

xoves, 1 de xaneiro de 2009

Xa estamos andando no 2009, qué Grande Barenboim!!!


Xa comezou o 2009, e despois de enviar os SMS de rigor aos coñecidos e ter recibido outros tantos e máis, dexesarvos un bo ano 2009, cheo de saúde e felicidade (que ganas de comer non han faltar!!!!).

Como non podía ser doutra maneira o primeiro día do ano comenza co tradicional concerto de ano novo que este ano dirixíu Daniel Barenboim coa Orquestra Filarmónica de Viena. E coma hoxe me tocou garda poiden seguilo a poucos pola radio do coche e tiven a sorte de escoitar unhas verbas que me pareceron extraordinarias, pero que parece que non son recollidas na totalidade nos diarios. Refírome á expresión, por que buscando atopas outras referencias (31/12/2008).

Para min esta frase dita casi no final do concerto, deste concerto e por este home, engloba moita forza: "I hope that year 2009 is the year of world-wide peace and human justice in the Middle East " (espero ser fiel á miña memoria e que a poidera escribir ben).

"Espero que este año 2009 sea el año de la paz mundial y la justicia humana para el Medio Oriente".