CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 30 de xullo de 2008

Hoxe pleno Ordinario no Concello de Cabanas


Este é a Orde do día do pleno ordinario que terá lugar hoxe mércores 30 de xullo ás 19.30 h na sala de plenos da Casa do Concello:
1. Actas anteriores (8 e 19 de maio de 2008)
2. Rede sen fíos no polígono de Vilar do Colo
3. Proposta grupo de goberno sobre demolición espigón praia da Madalena
4. Solicitude axudas para implantación núcleo de sostibilidade
5. Acordo concello Pontedeume sobre supresión peaxe AP9
6. Adhesión á asociación impulsora do pacto territorial de emprego Ferrol
7. Adhesión ao pacto territorial de emprego de Ferrol
8.Moción do grupo do BNG sobre a supresión da peaxe da AP9
9.Moción do grupo do BNG sobre a proposta da xornada laboral da UE.
10. Moción do Grupo mixto (a proposta do PSdeG-PSOE) para a promoción dunha oficina de Correos.
11. Moción do Grupo mixto (a proposta do PSdeG-PSOE) proposta xornada laboral UE
12. Moción do Grupo popular en apoio ao sector pesqueiro
13. Moción do Grupo popular sobre a xornada laboral na UE
14. Informes de presidencia.
15.Resolucións da Alcaldía
16. Rogos e preguntas
Un pleno extenso, no que por fín nos inclúen mocións,... aínda que parece ser que houbo reticencias,... cando non interesan buscan excusas ata debaixo das pedras.
Agora está presentada a necesidade de dotar a Cabanas dunha oficiña de Correos, que para nós sería bó que estivera perto da Casa do Concello, dándolle contido ás instalacións existentes na antiga Casa do Concello, que se está a usar coma lugar de ensaios; e comenzar a mirar polos intereses xerais e non particulares (tanto persoais como de certos colectivos moi selectos).
Polo que ruxe, xa temos aberto o plazo de presentación de ofertas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal (PXOUM), cunha dotación de 143.000€, pero ruxe que vai a ser un PXOUM pouco ambicioso (¿¿¿¡¡¡!!!!!????), ¿preguntámonos para quen?.

martes, 29 de xullo de 2008

Discurso de Dolores Rodríguez, Sª Xral de XSG


LOITANDO CONTRA A DESMEMORIA,
MIRANDO Ó FUTURO


Bos días compañeiras e compañeiros.

En primeiro lugar gustaríanos agradecerlle ó Partido dos Socialistas de Galicia que, como organización xuvenil e irmá do partido, nos teña invitado a dirixirvos unhas palabras na inauguración deste Congreso. Gracias, compañeiros e compañeiras e permitídeme, antes de nada, desexarnos un bo congreso.

Congreso que é unha xuntanza das e dos socialistas galegos para definir quen somos e cara onde imos. Qué queremos, qué soñamos, e tamén para reflexionar sobre o que esperan de nós os galegos e as galegas, os e as socialistas que aínda que non formen parte activa deste partido, comparten a nosa visión do mundo.

É a ocasión de demostrar ata que punto estamos comprometidos cos valores do socialismo.Un congreso é a data que marca o calendario para afondar naquelo que nos une como socialistas, que nos define como tales. É tamén o momento de abrirlle as portas á sociedade e contarlle porqué somos socialistas, qué defendemos, porqué militamos no Partido Socialista e porqué lles pedimos a súa confianza.É o momento de abrir o corazón, de demostralle ó mundo que ser socialista significa crer e defender a igualdade. Principalmente igualdade entre todas e todos os cidadáns, e particularmente entre homes e mulleres. Porque é imposible acadar igualdade en ningún ámbito mentres a metade do xénero humano viva un escalón por debaixo.

Nós, os e as socialistas, temos que ser quen de comprometernos sen complexos coa causa feminista e con cada unha das mulleres que sofren a discriminación no seu día a día, no seu traballo, na súa vida. Temos que dicirlle á sociedade que para os socialistas as mulleres hai tempo que deixaron de ser a filla de, a nai de ou a muller de…

Igualdade é non discriminación, non discriminación porque o meu sexo, a miña capacidade económica, a miña idade, a miña raza, a mina orientación sexual non deben, xamáis, limitar o exercicio dos meus dereitos. Iso é socialismo.

Os Congresos, compañeiras/os, son tamén o mellor momento para facer un exercicio de retrospección. Os congresos teñen que servir para mirar cara adiante, pero tamén para recibir un antídoto contra a desmemoria. Para saber a onde imos, compañeiras/os, temos que ter claro de onde vimos.

Temos 129 anos de historia que nos falan de sacrificio, de esperanza, de logros, de traballar por un mundo libre sen donos nin escravos, sen cidadáns de primeira e cidadáns de segunda. 129 anos dos que sentírmonos orgullosos. Orgullosos de ter sido o partido dos dereitos, o partido dos humildes, dos desamparados, o partido da ilusión. Mirar atrás para nós e seguir a senda da democracia, do sufraxio universal, da educación e a sanidade universais, de Pablo Iglesias, da Unión Xeral de Traballadores, da II República. Iso forma parte do orgullo militante.

Temos que honrar a memoria dos que arriscaron a súa vida para que a sociedade na que vivimos fora de todas e todos, e non só duns poucos. Temos que honrar a memoria dos que deron a súa vida por defender a liberdade, por defender que para os socialistas as persoas son o primeiro, o segundo e o terceiro. Contarlles que onde houbo loita polos dereitos das persoas, pola dignidade, pola liberdade…houbo un socialista poñendo o mellor de sí mesmo, o mellor de sí mesmo e moitas veces a súa vida.

Somos a testemuña da irreverencia da liberdade e temos a obriga de non esquecelo, de curarnos da desmemoria. Temos a obriga de levar a cabeza ben alta. Porque ter un carné cunha rosa e un puño gravados non só significa sentirse socialistas, senón tamén defender os valores do republicanismo, do laicismo, do federalismo, do galeguismo, da solidariedade…de sentirnos orgullosos de construir un mundo que non entende de privilexios, un mundo que constrúe dereitos.

Como partido temos tamén que ser conscientes de que temos que conectar cos soños das e dos cidadáns que tamén cren nese mundo. Temos que romper co descrédito que moitos cidadáns senten hacia a política e os politicos e chegar a eles. Dicirlles que pensamos coma eles, que sentimos coma eles e que precisamos da súa implicación.

Temos que dicirlles, que se hai algo que non lles gusta….se movan para cambialo. Porque o que non se equivoca nunca é o que nunca fai nada. E para conseguilo temos que facer un exercicio de autocrítica, temos que avaliar se somos quen de transmitir as nosas ideas e valores. Temos que escoitar para ser escoitados. Porque senón facemos isto, estaremos falando nun atril engrandecidos dos nosos logros… pero non haberá ninguén para nos escoitar.

Eduardo Galeano dixo unha vez que cando ves a utopia no horizonte e das un paso para achegarte a ela esta se alonxa, que das outro máis e se alonxa ese pouquiño que avanzaches, que das outro e volve a alonxarse. Para que serve entón? se preguntou, me pregunto. Pois serve para seguir avanzando compañeiros e compañeiras.

Reflexionemos, debatamos e sexamos quen de dicirlle ó mundo que os e as socialistas de Galicia temos obxetivos, valores, propostas, ideas…e ideais. Digámoslles ós galegos e galegas, os mozos e mozas galegos que, se cadra, a utopía non é un soño…é unha verdade prematura.

Digámoslle coas nosas enmendas, cos nosos proxectos que, como dixo o brasileiro Raúl Seixas, un soño que se soña só é só un soño, un soño que soñamos xuntos é unha realidade.

Saúde compañeiros e compañeiras, bo congreso e boa sorte
Dolores Rodríguez, Sª Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia.

Traducción copiada e pegada do blog do compañeiro José Luis Prieto.


Buenos días, compañeras y compañeros.
En primer lugar nos gustaría agradecer al Partido de los Socialistas de Galicia que, como organización juvenil y hermana del partido, nos haya invitado a dirigiros unas palabras en la inauguración de este Congreso. Gracias, compañeros y compañeras, y permitidme, antes de nada, desearnos un buen Congreso.
Congreso que es una reunión de las y de los socialistas gallegos para definir quién somos y hacia dónde vamos. Qué queremos, qué soñamos, y también para reflexionar sobre lo que esperan de nosotros los gallegos y las gallegas, los y las socialistas que aunque no formen parte activa de este partido, comparten nuestra visión del mundo. Es la ocasión de demostrar hasta que punto estamos comprometidos con los valores del socialismo.
Un congreso es la fecha que marca el calendario para ahondar en aqullo que nos une como socialistas, que nos define como tales. Es también el momento de abrirle puertas a la sociedad y contarle por qué somos socialistas, qué defendemos, por qué militamos en el Partido Socialista y porqué pedimos su confianza.
Es el momento de abrir el corazón, de demostrar al mundo que ser socialista significa creer y defender la igualdad. Principalmente igualdad entre todas y todos los ciudadanos, y particularmente entre hombres y mujeres. Porque es imposible conseguir igualdad en ningún ámbito mientras la mitad del género humano viva un escalón por debajo.
Nosotros, los y las socialistas, tenemos que ser quien hemos de comprometernos sin complejos con la causa feminista y con cada una de las mujeres que sufren la discriminación en su día a día, en su trabajo, en su vida. Tenemos que decirle a la sociedad que para los socialistas las mujeres hace tiempo que dejaron de ser “la hija de”, “la madre de” o “la mujer de”…
Igualdad es no-discriminación, no-discriminación porque mi sexo, mi capacidad económica, mi edad, mi raza, mi orientación sexual no deben, jamás, limitar el ejercicio de mis derechos. Eso es socialismo.
Los Congresos, compañeras y compañeros, son también el mejor momento para hacer un ejercicio de retrospección. Los Congresos tienen que servir para mirar hacia delante, pero también para recibir un antídoto contra la desmemoria. Para saber adónde vamos, compañeras y compañeros, tenemos que tener claro de dónde venimos:
Tenemos 129 años de historia que nos hablan de sacrificio, de esperanza, de logros, de trabajar por un mundo libre sin dueños ni esclavos, sin ciudadanos de primera y ciudadanos de segunda. 129 años de los que sentirnos orgullosos. Orgullosos de haber sido el partido de los derechos, el partido de los humildes, de los desamparados, el partido de la ilusión. Mirar atrás para nosotros es seguir la senda de la democracia, del sufragio universal, de la educación y la sanidad universales, de Pablo Iglesias, de la Unión General de Trabajadores, de la II República. Eso forma parte del orgullo militante.
Tenemos que honrar la memoria de los que arriesgaron su vida para que la sociedad en la que vivimos fuera de todas y todos, y no solo de unos pocos. Tenemos que honrar la memoria de los que dieron su vida por defender la libertad, por defender que, para los socialistas, las personas son lo primero, lo segundo y lo tercero. Contarles que donde hubo lucha por los derechos de las personas, por la dignidad, por la libertad… hubo un socialista poniendo lo mejor de sí mismo, lo mejor de sí mismo y muchas veces su vida.
Somos el testimonio de la irreverencia de la libertad y tenemos el deber de no olvidarlo, de curarnos de la desmemoria. Tenemos el deber de llevar la cabeza bien alta. Porque tener un carné con una rosa y un puño grabados no sólo significa sentirse socialistas, sino también defender los valores del republicanismo, del laicismo, del federalismo, del galleguismo, de la solidaridad… de sentirnos orgullosos de construir un mundo que no entiende de privilegios, un mundo que construye derechos.
Como partido tenemos también que ser conscientes de que tenemos que conectar con los sueños de las y de los ciudadanos que también creen en ese mundo. Tenemos que romper con el descrédito que muchos ciudadanos sienten hacia la política y los politicos y llegar a ellos. Decirles que pensamos como ellos, que sentimos como ellos y que precisamos de su implicación.
Tenemos que decirles, que si hay algo que no les gusta… se muevan para cambiarlo. Porque el que no se equivoca nunca, es el que nunca hace nada. Y para conseguirlo tenemos que hacer un ejercicio de autocrítica, tenemos que evaluar si somos capaces de transmitir nuestras ideas y valores. Tenemos que escuchar para ser escuchados. Porque si no hacemos esto, estaremos hablando en un atril engrandecidos de nuestros logros… pero no habrá nadie para escucharnos.
Eduardo Galeano dijo una vez que cuando ves la utopía en el horizonte y das un paso para acercarte la ella, ésta se aleja, que das otro más y se aleja ese poquito que avanzaste, que das otro y vuelve a alejarse. ¿Para que sirve entonces? se preguntó, me pregunto. Pues sirve para seguir avanzando, compañeros y compañeras.
Reflexionemos, debatamos y seamos capaces de decirle al mundo que los y las socialistas de Galicia tenemos objetivos, valores, propuestas, ideas… e ideales. Digamos a los gallegos y gallegas, los chicos y chicas gallegos que, a lo mejor, la utopía no es un sueño… es una verdad prematura.
Digámosles con nuestras enmiendas, con nuestros proyectos que, como dijo el brasileño Raúl Seixas, un sueño que se sueña solo es sólo un sueño, un sueño que soñamos juntos es una realidad.
Salud, compañeros y compañeras, buen congreso y buena suerte.

domingo, 27 de xullo de 2008

2º día no 11º Congreso do PSdeG

Hoxe chegamos ás 9:15 h, e poidemos ver como se ían incorporando os distintos delegados, uns co semblante despexado e outros amosando cansancio,.... os que están coma repolos son os de organización, eses deben ter o corpo afeito a estes eventos.
Onte á noite establecéronse as comisións das ponencias, eu asistín á de Estatutos, é unha comisión da que se falaba que ía durar ata tarde, pero a esos das 12:40 rematou, aceptándose a maioría das emendas presentadas.
Logo vías como circulaban as chamadas telefónicas, as mensaxes, etc.
Hoxe á primeira hora tras inicirse o plenario votáronse as ponencias das 4 comisións de traballo, e agora estamos a esperar que a organización poña as papeletas das candidaturas para os comités executivo, nacional, federal e de ética, para ir a votar en furna e que se proclame a nova executiva proposta polo Sº Xeral, Emilio Pérez Touriño.
Ferrolterra estará representada nos distintos órganos do partido por Beatriz Sestayo, Vicente Irisarri, Iván Puentes, Catalina García, Amable Dopico e Julio Iglesias.
Foi un fin de semán intenso (para uns máis que para outros), do que o PSdeG-PSOE sae reforzado na súa estructura principal que é a IDEOLOXÍA, nos órganos de dirección para desenrolala e coa FORZA que ten na súa base para que a cidadanía perciba e sexa a receptora deses ideais.
Ánimo aos novos órganos nesta nova andaina, das que me/nos sentimos parte dende Cabanas.

sábado, 26 de xullo de 2008

Touriño Sº Xeral do PSdeG


Touriño foi reelexido Sº Xeral do PSdeG-PSOE cun 97,2% de aceptación, para seguir na senda de futuro marcado. Cunha idea de país ben definido.
Agora escribo nun receso da comisión de estatutos, que ten pinta de chegar ata as tantas, é o que hai.
Mañán coñeceremos a constiución do Comité Executivo, e sexan os que sexan teñen a encomenda de artellar un mellor funcionamento do partido.
Parabéns ao recén reelexido Sº Xeral, Emilio Pérez Touriño.

Comentando o 11º Congreso do PSdeG-PSOE






Aquí estamos, como delegado de Cabanas integrando Delegación de Ferrolterra.

Na mañán trala constitución da mesa do Congreso houbo unha serie de intervencións de saúdo, querendo destacar o que dixo o portavoz do PSdeG na emigración o Sº Xeral do PSdeG en Uruguay que revindicou que os galegos e galegas na diáspora teñen os mesmos dereitos e deberes.
Logo falaron o Sº de Organización, Ricardo Varela, do que destaco o que máis me gustou: a EDUCACION é e será un piar fundamental.



A Sª de XSG, Loli Rodríguez, puxo todo o seu ímpetu en recalcar os valores do PSdeG-PSOE como é o da IGUALDADE entre Homes e Mulleres independentemente da idade, raza, elixión ou orientación sexual, a SANIDADE e CULTURA para todos en igualdade, e que a a relación entre CIDADANIA e POLITICA é necesaria e "que non se equivocaquen non fai nada".
A Utopía e un estadío ao que cada vez que nos acercamos alónxase un pouquiñ máis: ¿entón para que sirve? Para seguir avanzando, que é o que é o PSdeG: A forza de Galicia"


Falou tamén o ViceSº Xeral do PSOE, José Blanco, "o primeiro que me dixo Emilio Pérez Touriño cando acadou a presidencia da Xunta foi que se acabou os cidadáns de 1ª e 2ª.", que se acadou case todo do proposto, agás o de conquerir un novo Estatuto de Galicia, polos atrancos que puxo PPdeG seguindo directrices de Génova. Seguindo a senda da confrontación agora aquí coa cuestión da LINGOA. Queren seguir facendo diferencias entre ricos e pobres, entre os ue falan galego e castelán, "ahí non nos atoparán".

As direcrices deste partido de futuro, a Forza de Galicia o PSdeG serán: Políticas sociais (onde para o PP só son gastos suntuarios), Educación e Infraestructuras.

Agora incorpórome outra vez ao plenario onde están a falar as distintas delegacións apoiando á xestión da Executiva e tamén pedíndolle un maior esforzo para que chegue máis nítidamente as conquistas á cidadanía e visualizar mellor o futuro.

Seguiremos escribindo según teña tempo.

venres, 18 de xullo de 2008

11º CONGRESO DO PSdeG_PSOE


Para os días 25-26-27 de Xullo celebrarase o 11º Congreso do PSdeG-PSOE. Nesta convocatoria asisto como Delegado, e o compañeiro Blas animou a tódolos blogueiros que asisten a comentar todo o que pase mediante esta xanela e outras coma a PSdG TV.

Aquí ao lado vai o enlace ao Blog do 11º Congreso do PSdeG-PSOE.
Parece que vai a ser un congreso animado e clarificador do futuro de Galicia.
O slogan do congreso é un segredo, e mira que tentei averigualo.