CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 6 de novembro de 2007

APERTURA OFICIAL DO ENLACE VILAR DO COLO A FONFRÍA

Onte inaugurouse o enlace dende Vilar do Colo a Fonfría, e se cadra a alguén estalle a escoce-lo corpo; poderíase falar moito deste vial, pero o certo é que unha vez que está rematado é necesario abrilo para que comence a dar servicio.
Os problemas foron moitos, algúns solucionáronse (a auga en Laraxe, co beneplácito dos interesados) e outros teñen o compromiso e aceptación por parte da Consellería de Política Territorial de arranxarse (mellorar os accesos na parroquia de Santa Cruz do Salto).
De todo o sucedido deberíamos tirar unha conclusión, que non é outra que cando teñamos unha obra importante no noso Concello se forme unha comisión de seguimento que funcione de verdade, na que estean representados tódolos estamentos e que sirva para buscar tódolas solucións e melloras posibeis, dende un comenzo e non esperar ó remate da obra para queixarnos.
Os intereses particulares (tanto veciñais coma políticos, que sí que os houbo), deben pasar a un segundo orde, e primar os intereses xerais representados lexítimamente.
Estiven presente na inauguración, e xa recibín críticas, pregúntome o por qué?, sin estar alí non tería escoitado que hai un compromiso de arranxo dos problemas pendentes.
Seguen a tirarnos os trastos, ..... e non saben que así non se vai a ningures.

Ningún comentario: