CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


Amosando publicacións coa etiqueta Mocións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mocións. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de xullo de 2008

Hoxe pleno Ordinario no Concello de Cabanas


Este é a Orde do día do pleno ordinario que terá lugar hoxe mércores 30 de xullo ás 19.30 h na sala de plenos da Casa do Concello:
1. Actas anteriores (8 e 19 de maio de 2008)
2. Rede sen fíos no polígono de Vilar do Colo
3. Proposta grupo de goberno sobre demolición espigón praia da Madalena
4. Solicitude axudas para implantación núcleo de sostibilidade
5. Acordo concello Pontedeume sobre supresión peaxe AP9
6. Adhesión á asociación impulsora do pacto territorial de emprego Ferrol
7. Adhesión ao pacto territorial de emprego de Ferrol
8.Moción do grupo do BNG sobre a supresión da peaxe da AP9
9.Moción do grupo do BNG sobre a proposta da xornada laboral da UE.
10. Moción do Grupo mixto (a proposta do PSdeG-PSOE) para a promoción dunha oficina de Correos.
11. Moción do Grupo mixto (a proposta do PSdeG-PSOE) proposta xornada laboral UE
12. Moción do Grupo popular en apoio ao sector pesqueiro
13. Moción do Grupo popular sobre a xornada laboral na UE
14. Informes de presidencia.
15.Resolucións da Alcaldía
16. Rogos e preguntas
Un pleno extenso, no que por fín nos inclúen mocións,... aínda que parece ser que houbo reticencias,... cando non interesan buscan excusas ata debaixo das pedras.
Agora está presentada a necesidade de dotar a Cabanas dunha oficiña de Correos, que para nós sería bó que estivera perto da Casa do Concello, dándolle contido ás instalacións existentes na antiga Casa do Concello, que se está a usar coma lugar de ensaios; e comenzar a mirar polos intereses xerais e non particulares (tanto persoais como de certos colectivos moi selectos).
Polo que ruxe, xa temos aberto o plazo de presentación de ofertas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal (PXOUM), cunha dotación de 143.000€, pero ruxe que vai a ser un PXOUM pouco ambicioso (¿¿¿¡¡¡!!!!!????), ¿preguntámonos para quen?.

venres, 4 de abril de 2008

¡¡¡¡Loado sea el Sr.: RESTITUYAMOS!!!!

Hoxe saen dúas novas, telegráfica en La Voz de Galicia e algo máis extensa en La Opinión de A Coruña, sobre o transporte escolar no CEIP "Eladia Mariño". No primeiro diario laiánse do percorrido do transporte e no segundo exísen a restitución das liñas. RESTITUCIÓN. ¿Qué é restituir?. ¿Cales queren restituir?. ¿Por qué as queren restituir?.
Non quero meter na "vida" política aos escolares; os nenos deben estar en outro nivel da discusión. Os pais e nais deben ter un criterio máis integrador e non excluinte. Se restituir é voltar a que do transporte escolar baixen os nenos e pasen por diante do autobús, pois eu digo que non. Tivemos últimamente varios exemplos de fatais desenlaces con isto. Se restituir é conseguir que o transporte escolar se achegue a tódalas parroquias e máis ampliamente, digo que sí.
Pregúntome: por qué o BNG votou en contra do punto 5 do pleno do 28 de Novembro de 2007: Modificación do Transporte Escolar, onde só comentou: "o BNG desexaría que explicara mellor as cousas como a reinserción do transporte", para logo orientar o voto en contra co asombro dos seus concelleiros de grupo. Para pedir agora tan vehementemente a restitución, chegando a merecer unha pregunta parlamentaria do BNG á Consellería de Educación.
Pregúntome: por qué aparece un 2º ANPA ("O Souto") no CEIP Eladia Maroño.
Pregúntome: ¿de qué imos?, ¿por qué non se contrastan informacións?, ¿por qué é tan sesgada a información?.
P.D.: Isto tampouco ten desperdicio.

xoves, 10 de xaneiro de 2008

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Copia do presentado no rexistro do Concello de Cabanas para a inclusión na orde do día do pleno ordinario de 30 de xaneiro de 2008.
ADHESIÓN DO CONCELLO DE CABANAS Á AXENCIA DE PROTECIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA (Xunta de Galicia)
O Urbanismo é hoxe en día un dos temas máis preocupantes e de maior actualidade no ámbito político, económico e social, adquirindo, non cabe dúbida, unha maior relevancia no entorno das políticas desenvolvidas nas administracións locais.

Dun tempo a esta parte, estamos a contemplar como distintos Concellos están a ser investigados nesta materia, e como se están atopando todo tipo de irregularidades e ilegalidades que poñen no punto de mira a políticos, técnicos e funcionariado, fomentando así a desconfianza da cidadanía para con todos os que nos movemos neste ámbito.

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Cabanas, defendemos e desexamos que a xestión do noso Concello sexa de total transparencia e que respecte e cumpra a legalidade da disciplina urbanística no ámbito de actuación de competencias e legal que lle corresponde ao equipo de goberno conformado polo PP e AEC, sen esquecer e dando por feito, que tanto nós como os outros grupos da oposición (BNG e IVC) compartimos a vontade de que así sexa.

O 31 de outubro do 2007, o Consello da Xunta de Galicia aprobou os estatutos de funcionamento da recentemente creada
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística á que se poden adherir todos aqueles Concellos que así o desexen, mediante a firma do correspondente convenio.

Esta axencia, tal e como se nos ten informado dende a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ten por misión velar pola utilización racional do chan e a axeitada ordenación do territorio, con especial atención ao medio rural e á zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. Entre as súas funcións destaca a de inspección e restauración da legalidade urbanística, protección do litoral e sanción en materia de urbanismo entre outras.

Apostando totalmente por un desenvolvemento urbanístico sostible, como modelo de crecemento, e por un crecemento ordenado tanto no urbano como no rural, así como por unha total transparencia na xestión do noso Concello, dende o Grupo Municipal Socialista de Cabanas propoñemos:

PROPOSTA DE ACORDOS:

1.- Que o Concello de Cabanas proceda a adherirse á Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística que ven de constituír a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, da Xunta de Galicia, mediante a firma do correspondente convenio de adhesión.
2.- Que se faculte ó Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas para a firma do correspondente convenio de adhesión.
3.- Que se dea conta do presente acordo a:
· Á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
· Ó Delegado Provincial desta Consellería.

En Cabanas, 8 de xaneiro de 2008
Asdo. MªJosé Cabana Rodríguez
Voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Cabanas