jueves 3 de diciembre de 2009

INTERNET

Internet e as novas tecnoloxías son unha fonte de futuro. Non son un problema.

Etiquetas:

jueves 26 de noviembre de 2009

Non sei por qué....??

Non sei polo qué, pero levo toda a semán con este artigo de opinión na cabeza. E onte houbo pleno no noso querido Concello de Cabanas, e.... foi tan deprimente, tan denigrante, que hoxe só quero facerme eco do ártigo de César Casal.
¿Será que cando se fala do importante chega e queda sin esforzo?, e que o supérfluo vaise polo río abaixo esvaecendo, ata perderse sin deixar pegada algunha.
En fín, ¡¡menudo cristo se montou onte!!, e menuda hipocresía do Sr. Alcalde-Presidente ao non incluir unha moción do PSdeG-PSOE para tratar do uso que se lle vai a dar aos novos Fondos Estatais para o Emprego e a Sostibilidade Local na orde do día, nin aceptala como urxente, a sabendas de que ata xaneiro de 2010 non haberá outro pleno ordinario.
Abuelos útiles hasta.....
Por César Casal
La Voz de Galicia Opiniones-Corazonadas
Domingo 22/11/2009
Los padres somos muy altruistas con los hijos. Les damos de todo y más. Y, sin embargo, somos unos egoistas tremendos cuando se trata de nuestros propios padres. La frase la pronuncia una compañera y me deja totalmente noqueado, por la razón que tiene. Se me ocurren un millón de ejemplos. Y el asunto va a más con los horarios de locos de hoy en día. Son los abuelos los que nos salvan la vida mientras todavía están útiles para el servicio de canguros y a los que colocamos lejos de la vista tan pronto como no nos sirven para nada. Perdonen que sera tan duro, pero, sobre esta realidad, no se puede ser blando. No valen medias tintas. Otra compañera mucho más cándida dice que ella espera que sus hijas la cuiden de mayor. Le contesto que eso es como esperar que los canguros no salten o los perros no ladren. Al ritmo que vamos, nadie sabe cómo serán nuestros hijos de mayores. Me inclino más por pensar que harán lo mismo que nosotros. Querrán que sus hijos tengan de todo, demasiado de todo, y a nosotros, como abuelos, solo nos usarán mientras seamos útiles para hacerles un servicio. Luego, nos colocarán donde puedan, con decencia. Los tiempos del abuelo en casa ya pasaron. Sé que hay excepciones, pero, para la mayoría, un padre enfermo es un problema enorme. Un problema con su pareja. Un problema de dinero. Un problema de tiempo. Somos más duros que piedras. Lobos hambrientos de poca memoria.
Non me lembro quen decía "el hombre es un lobo para el hombre", e tamén "hai máis animais con sentidiño que homes".

Etiquetas: ,

viernes 20 de noviembre de 2009

La Lengua inútil



Artigo de opinión de Manuel Rivas escrito no periódico El Pais, en referencia a unha sentencia por divorcio.



En fin, moita CULTURA fai falla!!!!

Etiquetas:

sábado 1 de agosto de 2009

Libros de texto

No último pleno celebrado o día 29 de xullo no Concello de Cabanas, rexeitouse por maioría cualificada (voto de calidade do Sr. Alcalde ao non asistir un concelleiro do PP -había que verlle a cara de risa que poñía cando se repetía a votación-) as mocións sobre a gratuidade dos libros de texto, presentadas tanto polo PSdeG-PSOE como o BNG, aínda que o mais chocante foi as explicacións da Sr. Esperanza Gayoso que exerceu de portavoz do PP. Patético (Os nenos non poden estudar ben por que non poden suliñar nos libros, non é gratuidaide xa que os libros non son deles e tamén ao ter que devolver os libros non poden facerse cunha biblioiteca familiar,...ademáis do efecto negativo na industria editorial)

Mentras noutras comunidades como Cantabria implementan partidas para conseguir unha educación de calidade, gratuita e universal, en Galicia estamos a velas pasar.

Teñámolo claro todos e todas, o máis importante e non nos cansaremos de repetilo, é que o Partido Popular SUPRIME un dos DEREITOS que tiñamos acadado todos os galegos e galegas a un SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO de CALIDADE, UNIVERSAL e GRATUITO.

Plataforma pola gratuidade dos libros de texto, nela podedes seguir as informacións e baixar unha plantilla para achegar firmas para que a Xunta de Galicia e o seu Presidente manteña o dereito acadado, e non poida meter a punta da pata na senda do desmantelamento de dereitos.

Etiquetas: ,

miércoles 15 de julio de 2009

A loita continua

Un dos dereitos básicos dunha sociedade é, xunto coa sanidade, o dereito a unha educación universal e gratuita, algo conseguido polo anterior Goberno da Xunta coa implicación directa do Presidente Touriño para que dita medida entrase xa no primeiro ano da lexislatura.
Coa medida do Presidente Alberto Ñúñez Feijóo pasa a ser subsidiada, e xa veremos como se plantean grandes desigualdades co tempo.
O Goberno da Xunta de Emilio Pérez Touriño en educación non só se implicou neste tema, que xa era unha reivindicación de, daquela aspirante a presidente da Xunta, Antolín Sánchez Presedo.
Como onte escoitei nunha tertulia na radio que decía: "..parece que son os gobernos de esquerda quenes poñen en marcha políticas sociais, coa protesta no momento da oposición de dereitas, que usan a técnica de acoso e derribo, ata acadar o Goberno, para logo cando están no Goberno asumir esas políticas sociais, tan criticadas anteriormente...." si, pero no caso da nova Xunta de Alberto Núñez Feijóo, non están pola labor, están a derribar TODO o que teña nome e apelidos da anterior Xunta de Emilio Pérez Touriño, coa sorprendente caradura de decir que o que funciona síguese mantendo.
Un comentario: a eliminación da figura de Delegación Provincial de Consellería vaia a traer consigo que cando calquer cidadán teña que facer un trámite (cando vas alí é para reclamar dereitos) fales ou co Superdelegado que che dirá que pasará o escrito ao responsable de área ou fales co responsable de área que che dirá que xa llo pasará ao Superdelegado, e así un polo outro a casa sen barrer.
O anterior sistema era mais áxil, e sabías con que Delegado/a tiñas que ir a falar, así conseguíuse, e mira que parece unha tontería, pero conseguíuse que na escola CEIP Eladia Mariño, tras unha conversación co daquela Delegado da Consellería de Educación D. José Mouriz, adaptara un elevador para que se poidera acudir ás clases superiores con sillas de cadeira, este mesmo Delegado axilizou o adecentamento do peche perimetral do colexio nunha primeira fase, e estabamos estudando outros temas de colaboración, e agora queda descabezado o referente co que tes que falar, polo que tódolos trámites se retrasarán, e xa adianto que a contestación será "non hai cartos".
O CEIP Eladia Mariño, ten neste curso que comenza un gran incremento de matrícula, o que xa tivo un comentario negativo por parte de inspección ¿cómo pode ser?.
Gracias á xestión do ANPA O CASTIÑEIRO coa Delegación de Educación estáse a poñer en marcha un Plan Madruga, para que aqueles pais que teñan problemas de horarios para conxugar o traballo co inicio das clases, poidan deixar aos pequenos un pouco antes na escola, esperemos que non se trunque por falta de cartos.
Todo o anterior escrito é Educación, é o que poñerá aos nosos pequenos en condicóns de afronta-la vida, é a implicación dos pais e nais no desenrolo dun dos piares da sociedade.
Aquí vos deixo un enlace moi interesante que espero lle deades difusión Plataforma pola gratuidade dos libros,

Etiquetas:

miércoles 24 de junio de 2009

Dando outra volta....

De todos é sabido o que está a acontecer co idioma galego (enquisa aos pais con nenos en idade escolar, elexir o idioma nas oposicións,...) hai compañeiros que tratan o tema coma José Luis Prieto ou Andrea Fernández,... hainos que defenden que non se pode cortar o acceso á función pública de xente con suficientes méritos (¿¿??) polo feito de non saber o galego con bon nivel.
Ben, seguiremos remexendo e non deixaremos calla-lo queixo.
Esta xente (a nova Xunta e os seus seguidores) non pode esperar máis, non poden deixar emerxer á intelixencia que se desenrola no pobo galego, que coma galego exprésase mellor en galego, unha inmensa maioría (fillos e netos da sociedade) que ademáis é respetuosa coa xente que fala en castelán ou se me apurades en outro idioma, e que é capaz de cambiar de rexistro sin ningún problema nin trauma para poder entenderse co de enfrente.
Simplemente é cuestión de educación, de enriquecimento cultural; que non interesa ás élites.
Eu son galegofalante, e atópome con xente coa que manteño diálogos bilingües, e non temos problemas. Só rabeo cando non atopo a palabra adecuada para expresar un concepto, pero eso só é unha eiva miña que tento arranxar tirando de diccionario e lectura. Cando o caso é que o interlocutor non entende o galego pasamos a falar na lingua na que nos entendamos, coma se é en inglés.
Quero imaxinar que si algún profesional quere vir a opositar a Galicia ven aquí por todo un pouco: por un posto de traballo, por un prestixio, polo clima, pola xente, pola comida, polo ritmo de vida,...polo que se queira. E vai a facer o posible por integrarse na sociedade.
Como dí José Luis Prieto de que o perigro está en que esto derive en que uns poucos queiran apartar a unha maioría e se produza un apartheid, eu non o creo, o galego é moi intelixente, e canto máis lle ensinen mellor.
Coma decía e dí un compañeiro: "...deixade correr ao cabalo...".

Etiquetas:

viernes 19 de junio de 2009

Outra vez, ¿ata cando?


¿Ata cando?, ata cando a cidadanía queira.

Un abrazo forte para a familia e ánimo nestes intres.


A primeira na testa

A primeira na testa, eso é o que está a facer a Consellería de Educación da Xunta de Galicia de D. Alberto Núñez Fejóo , de comenzo non hai gratuitidade para os libros de texto. E polo que sigo a escoitar posiblemente caerán outros dereitos conseguidos ata o de agora coma son os coidadores no transporte escolar e mais nos comedores,... ¿serán capaces?, ¿quen llelo vai a impedir?.
É demagóxico que se tente camuflar o feito decindo que aos "ricos" non teñen por que pagarlle-los libros de texto, uff... a educación ten que ser universal e de calidade.
Pero xa antes diran anuncios, uns que se formalizaron coma a famosa enquisa sobre o uso do galego, que leva implícito que o fracaso escolar é por que os rapaces aprenden en galego, non é por qué non estudan. E outros que irán para adiante coma a reagrupación de aulas, senón tempo ao tempo.
Eu estudei o galego e en galego dende os 6 anos (teño 41) na escola, no instituto e na facultade, e nunca lle poiden votar a culpa por suspender tres convocatorias de Patoloxía Médica, só pasei a convocatoria cando metín nos meus miolos a materia de exame.
O mellor é decir que a culpa é dos demáis. ¡¡Qué maneira de enredar á sociedade!!
P.D.: "Non querías caldo, ahí tes dúas cuncas". ¡¡Habemos ficar cheos.!!!

Etiquetas: