RECAPACITACIÓN.
Logo desta xornada democrática no concello de Cabanas, dende aquí FELICITAR a Germán Castrillón por ter alcanzado a maioría de votos, e desexarlle o mellor.
Dende a parte que me toca o PSdeG-PSOE en Cabanas tivo un serio retroceso, do cal temos que sacar unha serie de conclusións, e ser capaces de facelas chegar á cidadanía, con seriedade e valentía.
Sabemos que a situación non é nin moito menos doada, que seremos "mofa" de moitos, eu o primeiro por errar na quiniela electoral de maneira tan esaxerada. Que o traballo a desenrrolar no concello cun só concelleiro non será doado, pero poido decir que Mª José Cabana será unha portavoz eficaz dos veciños e veciñas que queiran achegar peticións, suxerencias, denuncias, etc. xa que ese era e será o noso compromiso.
Ós nosos votantes decirlles que as ideas políticas do PSdeG-PSOE en CABANAS seguirán sendo a de traballar para que este concello teña o que se merece: RESPETO E RECOÑECEMENTO.
Temos por diante catro anos para voltar a ter o apoio dos nosos veciños e veciñas. Por que estou convencido de que se o traballo é honesto, sinceiro e dedicado só para conseguir o mellor para CABANAS teremos ese recoñecemento. E se non o temos, pois sempre podremos ir coa cabeza ben alta por que o que nos movía e move a estar neste barco non é máis que conseguir o benestar social para todos e todas.
GRAZAS ÓS QUE NOS VOTARON, SEGURO QUE NON VOS DEFRAUDAREMOS, NIN A VÓS NIN Ó POBO DE CABANAS.
SEMPRE SOCIALISTAS.
GRAZAS.
4 comentarios:
Unha aperta desde Ferrol e ánimo compañeiros.
Deíxote un comentario no meu blog.
Noraboa, Delfín, por saber asumir con ese respeto e ese optimismo o resultado do PSdeG en Cabanas.
Como te coñezo a ti, a Koke, a Suso e ós demais membros da candidatura podo corroborar que a honestidade é o que define todo o voso traballo.
Sei ademais que traballaredes duramente para repoñerse deste resultado. Iso é o que hai que facer, mirar adiante e non esquecer que as eleccións se gañan durante catro anos.
Dende Fene teredes todo o meu apoio e a miña colaboración para que en 2011 Cabanas teña de novo un goberno socialista.
Saúdos ;-)
Estoy de acuerdo contigo en todo lo que dices, y ahora más que nunca es cuando tenemos que estar más unidos todos, trabajar y luchar para que KoKe no se sienta sola y para no defraudar a los votantes que votaron por el PSOE.
Entre todos podremos conseguirlo
Hola Delfín, non sabía que tiñas un blog, e acabo de descubrilo agora.
Quero felicitarche a ti polo paso dado, e aos compañeiros e compañeiras da candidatura de Cabanas. Fixéchedes un bo traballo nun momento complicado e difícil; pero supestedes estar aí cando se vos necesitou.
Moitas grazas e ánimo, que esto só acaba de empezar.
Publicar un comentario