ÁS VOLTAS CO PORTA A PORTA.
Pois xa vedes, agora estamos tocando ó fín da campaña electoral, uns non fan máis que tomar Termalgin e tilas, polo frío e o estress, outros decidímonos máis polo café e a pequena siesta que comenza co deporte no telediario e remata co tempo. Sempre e cando a Noa e o Antón non se lles dé por competir quen deles é o que acapara máis chacho de papá. En fín que ós fillos por moito que chegues esgotado póñenlle as pilas a un.
Xa digo, eses pequerrechos son e deberían de ser o motor polo que temos que mirar, xa que serán eles os que nos van a esixir no futuro as responsabilidades polo feito agora.
Nada me agradaría máis que os meus fillos se sintiran orgullosos de mín coma eu o estou dos meus pais.
Espero estar á altura, e cumprir coas miñas responsabilidades no concello de CABANAS. Sigue a ser o meu compromiso e o dos meus compañeiros de candidatura no PSdeG-PSOE.
Saúdos e ánimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario