Todos nos queixamos que o tempo é pouco. Pero son as regras do "xogho", e son para todos.
Como sabes, todo isto é novo para mín e os meus compañeiros, polo que todo o que facemos é expontáneo e sinceiro; decidimos que temos que darnos a coñecer polo pobo. ¿Cal é a impresión?. A miña é boa. Todos nos reciben ben, desconfiados ó primeiro, somos catro a repartir e o coche da megafonía a "rular a canción", e iso polos rueiros tranquilos de Cabanas non soe pasar.
¿E que nos piden?: INCREIBLE= "Esperamos que entredes alí, xa sexades vós ou outros e que miredes polo pobo, non vos olvidedes de vir por aquí a miúdo, non só nestas datas". Mirar polo pobo non é outra cousa que tentar de coñecer as súas necesidades; e hainas tanto xerais para todos e todas as veciñas e veciños, como puntuais de cada rueiro= "mirade coma está este camiño, é o que máis se usa para baixar á vila e non se lle volveu a tocar dende que se fixo".
O pobo de sempre foi sabio, e sabe que os imposibles son sempre imposibles; pero se facemos cousiñas de a pouco e sen parar se cadra en catro anos temos feito moito. E iso é o que quere o pobo de CABANAS, que miren por el e que o que entre a gobernar deixe os beneficios particulares na súa casa.
Saúdos e ánimo.
20/05/07 Seguimos cos percorridos polos rueiros do concello.
A impresión segue a ser a mesma, e piden educación e sensibilidade polos problemas que plantexan.
Nos mítines que tivemos tanto en Porto coma en Laraxe foron distendidos, mellor en Laraxe por que xa tiñamos un pouco máis de "tablas" e puxemos o vídeo da presentación da candidatura que daba un pouquiño máis de calor (non se parecía en nada ó que fan os "albertos" pero alí estaba), e foi donde a xente se interesou máis en preguntar non tanto sobre o contido do programa senón de cómo iamos a desempeñar o noso traballo. E temos que decir que a xente saíu sabedora de que se gobernamos será tendo enfrente de nós ó POBO, queremos que todos os veciños e veciñas sepan que poden ir ó concello para consultar calquera dúbida, para informar de calquer incidente, para queixarse do que consideren oportuno e podendo ser por escrito para que quede unha constancia, e que entre todos podemos facer FUNCIONAR a este CONCELLO, os políticos coas ideas que levamos no programa, que o do PSdeG-PSOE de Cabanas é totalmente real, necesario e realizable; os veciños, xa sexa individualmente o colectivamente, coas súas suxerencias vannos indicar por onde van as necesidades e realidades de Cabanas e deseguro que con respeto, educación , dedicación e traballo levaremos adiante este barco e faremolo navegar con orgullo e situaremos outra vez a CABANAS no lugar do mapa que lle corresponde.
Gracias polo apoio que nos estades dando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario