Estimados amigos/as,compañeiros/as:
Gracias por acompañarnos nesta presentación da candidatura de Mª José Cabana polo PsdeG-PSOE á alcaldía de Cabanas nas eleccións municipais de maio de 2007. Un acto de presentación no que nos acompañan persoeiros de relevancia: Dª Dolores Villarino, presidenta do Parlamento de Galicia, e D. Pedro Armas, Delegado provincial de educación na Coruña, compañeiros que representan a maneira de traballar que ten este partido, o PsdeG-PSOE, un partido que tenta aglutinar a persoas válidas tanto pola súa capacidade de traballo e ideas, como pola súa perseverancia para levar este barco que se chama política a bon porto e cos máximos proxectos realizados para o desenrolo e benestar da sociedade.
Cabanas ten ante sí un momento único de cambio, de posibilidades de medrar en sociedade, benestar e infraestructuras,..... UN NOVO TEMPO político, que o pobo de CABANAS non debe deixar escapar; un novo tempo que comenzou hai tres anos con José Luis Rodríguez Zapatero en Madrid, facendo que se volva a creer na política e nos políticos,...... sigueo en Galicia con Emilio Pérez Touriño, levando con capacidade de traballo, sensibilidade e sosego un cambio de política necesario para este país, facendoo avanzar máis e con raciocinio, e tócanos a nós como políticos locais ilusionar e enganchar ós veciños de CABANAS nesta actitud de sosego, capacidade de traballo e ilusión; para facer que CABANAS teña unha identidade propia na comarca.
Este equipo que encabeza MªJosé Cabana, máis coñecida por “KOKE”, ten a inquietude, as gañas de traballar, e a ilusión necesarias para poder afrontar este periodo e permitir afianzar e mellorar as cousas boas que ten logrado o partido socialista neste concello, que deseguro non foron máis por problemas “administrativos”, polos atrancos que nos poñían as administracións non “amigas”. Por iso digo que Cabanas está nun momento histórico que ten que aproveitar, con administracións socialistas na Deputación, na Xunta de Galicia e no Goberno Central, que co seu compromiso vannos a permitir desenrrolar o noso proxecto para CABANAS.
Neste acto de presentación comenza unha ilusión de traballar por CABANAS, que seguirá durante catro anos ata maio de 2011 onde teremos o honor de revalidar unha maioría que seguro conseguiremos nestas eleccións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario