CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


xoves, 22 de marzo de 2007

O de TERRA GALLEGA pode ser un caso moi claro de querer poñer un pé na Deputación, ¿non?; se se poñen a tirar dun mesmo arado a distintas xovencas o máis normal é que o rego saia torto, por moi bon chamador que haiba…
Estase a ver en diversos concellos unha dinámica de aparición de formacións políticas:
– unhas “novas”: veciños que se xuntan para defenderse supostamente dunha política mal levaba polos seus concelleiros… Onde a ideoloxía non está definida, pero atrévome a aventurar que o interés é particular.
– outras que non sei como nominalas pero podían ser “pseudo-políticas”: que son esos políticos que militaron por anos nunha formación e por distintas razóns están a ser renovados e non queren deixar a escea.

Creo na política coma esa maneira que hai de expoñer unhas ideas que poden facer avanzar ó conxunto da sociedade.

Creo nos políticos que son capaces de ver e exponer un futuro de sociedade: de paz, de traballo, de cultura, de educación…que son capaces de maniobrar na adversidade para levar a ese barco que é a sociedade, capeando temporais, ó porto da PROSPERIDADE.

Non creo nos políticos que só están para defender os intereses particulares, que non dan mirado más aló de onde poden poñer os pés, que non son capaces de recoñecer os méritos da outra formación e en vez de contrapoñer outra iniciativa só se dedican a negar e rechazar todo o que eles non dín. ISO NON É POLÍTICA.

Todo isto faime pensar se esa proliferación de formacións políticas obedece a eso que se chama POLÍTICA, ou intereses particulares.

Un saúdo e ánimo coas boas ideas, que sempre serán boas.

Ningún comentario: