CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 26 de outubro de 2007

NOVAS DO CONCELLO (25/10/2007)
Hoxe lénse nos medios de comunicación unha serie de novas relacionadas co noso querido Concello de CABANAS:
1ª- POLÍGONO VILAR DO COLO: que coma sabedes ésta compartido co concello de Fene,..... compartido na súa posta en marcha, pero cada concello ten delimitada a súa zoa de influencia e deberá de desenrola-la ó seu criterio,.... hai a día de hoxe unha actuación conxunta entre ambos concellos que é o de xestionar un Punto Limpio, e onte foi o Alcalde de Fene, Iván Puentes (PSdeG-PSOE) e mailo responsable de promoción económica, Manuel Polo (BNG), a unha entrevista coa SEPES en onde se tratou ese tema así coma detalles do Camiño Inglés, e será eles que informarán ó noso Alcalde Germán Castrillón dos temas tratados alí. Bótase en falta a asistencia a esa reunión dun respresentante de nivel do Concello de Cabanas.
2ª- RALI DE TERRA: sae publicado na prensa que Germán Castrillón coma presidente da Federación do Motor de Ferrolterra ten comprometido a celebración de dito rali por terras de Ferrol, e só lle falta uns trámites que coma alcalde poderá solucionar e así traer ese evento ás nosas terras.
3ª- ACCESOS A/DE SANTA CRUZ: coma sabedes estívose traballando no tema, buscando solucións ós problemas dos accesos tanta na saída coma na entrada á parroquia de Santa Cruz do Salto, tendo a entrada dende Cabanas unha solución aceptabel, e falta buscar unha para a saída cara As Pontes; tanto a unha coma á outra tense comprometido o actual Delegado de Política Territorial, dando así cumplimento ó aprobado no pleno extraordinario do 18/10/2007.
CONCLUSIÓNS: todo é importante, pero creo que se está sen definir as prioridades deste concello. Polo que se vé estáse a dar máis importancia a un evento deportivo de caracter nacional, a proba puntuabel para o campionato nacional de ralis de terra a realizar na nosa comarca, que sí que a ten, pero é puntual no tempo (se cadra estirando, pois durante unha semán), e non se lle dá a importancia a unha reunión coa SEPES en Madrid, delegando os trámites e conversas no Alcalde de Fene (que non dubidamos da súa valía) en temas relacionados co concello de Cabanas, que ésta sí que terá unha repercusión a longo plazo.
ACTUALIZADO 28/10/2007
Escoitado o noticiero das 14 horas da RTVG, fanlle unha entrevista ó noso querido Alcalde Germán Castrillón, o cal confirma que tras pasar o trámite da autorización municipal (en alomenos 5 concellos), só falta unha autorización Xudicial (¿¿??), e o rali celebrarase os días 9-10-11 de novembro, e "servirá para promocionar turísticamente o concello e a comarca".
So espero que todo saia ben e non sirva para "promocionar" as carreiras polas nosas pistas, que o son de servicio e non de carreiras, e polas que circulan tanto vehículos coma xente paseando e non temos a onde "tirarnos" cando veñen os locos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

E digo eu, penso en voz alta, os veciños e veciñas de Cabanas estan de acordo con que se celebre unha carreira de coches polos nosos rueiros???? porque non tran o campionato de de terra de marathon??? non dana tanto e tamén damos a coñecer Cabanas.
Penso que hai moitas maneiras de dar a coñecer o noso pobo, costumes, maneiras...como di o anuncio "vivamos como galegos".

DELFÍN dixo...

Bea os veciños e veciñas de Cabanas non tiveron oportunidade de decir nada ata o de agora, por que todo isto foi "amasado, enfornado e cocido" con secretismo.
Cando todo isto comence a funcionar, pois xa veremos por onde vai a discurrir, as poucas pistas de terra que quedan polo concello están por onda ti vives, e coma ti dis, hai moitas maneiras de fomentar este noso querido Concello de Cabanas.

Temo, e oxalá non sexa certo, que ocurra algo similar ó que sucedeu este fin de semana en Valencia coa carreira de motos, onda morreron motoristas e incluso menores que paseaban polas beirarrúas atropelados, e iso que era unha zona habilitada para eles.

Teño que decir que eu son un damnificado dos ralis de Ferrol, Naron cando pasan polo Concello de A Capela; o día en sí non é o máis importante, sabes que tes uns tramos pechados durante unhas horas e fas por non pasar por eles,... digo os días previos, eso é un auténtico desfase, e peligro.

O que debemos é poñernos as pilas e mirar de protexer o noso medio do que posiblemente sexa unha primeira toma de contacto co mundo do motor.
Saúdos, e espero seguir véndote por estes lares.