PENO EXTRAORDINARIO O DÍA 11-09-2007 CONCELLO DE CABANAS
Xa teño falado dos enlaces da carretera Vilar do Colo-Fonfría coa parroquia de Santa Cruz do Salto-Carretera Coruña-As Pontes; coma autocrítica decir que foi diseñada e aprobada na lexislatura anterior (co grupo PSdeG-PSOE en minoría), e naquel tempo, se cadra, non se actuou coa dilixencia necesaria; os veciños teñen todo o dereito de protestar e buscar os apoios que estimen necesarios, ainda que un pouco en extremis.
O pleno extraordinario pídeo o grupo do BNG a petición dos veciños, o BNG tentou no pleno ordinario anterior do 26-09-2007, presentar unha moción de urxencia que foi rexeitada polo PP-AEC e IVC, alegando que ese día pola mañán houbera unha reunión co Sr. Delegado da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes e non era de "recibo" (prepotencia absoluta).
O PSdeG-PSOE concertou diversas entrevistas co Sr. Delegado e os veciños, onde se lle achegou as diversas problemáticas de circulación, e manifestóuselle que para non perxudicar máis os accesos da zoa, se mantivera a que ata agora estaba coma provisional por obras á altura do final da vía vella que quedou case morta onde conflúen os camiños de Santa Cruz do Salto e O Cotiño, onde se daría un acceso dentro do que cabe moi aceptable para toda a Parroquia, coa que estaban dacordo os veciños naquelas datas. Cun mínimo coste e cunha seguridade aceptable (ainda que os técnicos din que non, pero si se vaiapolas distintas interseccións de vías, autovías e autoestradas veremos interseccións de igual ou peor seguridade, e máis están hai: sin ir moi lonxe e na mesma carretera de As Pontes á altura de Goente pódese ver distintas incorporacións e cruces de carrís que fai falla un curso para non mete-la zoca).
En Santa Cruz do Salto estamos "cruzados" por unha serie de servicios dos que a parroquia non se beneficia para nada: Conducción de gas hacia Ferrol, As Pontes, agora hacia a Térmica de Meirama, cun centro de control bastante extenso (perto das casas); o vial de Vilar de Colo-Fonfría, non creo que se necesite unha obra agora expropiando máis terreo para cruzar sin sentido outra vez a parroquia, máxime cando ainda non etá definido un PXOUM.
Fago autocrítica, e a responsabilidade é de todos. Naquela época había máis interés en "derrocar" a alcaldesa que outra cousa, e usábase todo para tirar pedras e deixar de pensar no interés do pobo de Cabanas (confirmado en conversa persoal por un integrante da oposición en Agosto de 2006: Delfín eu metínme en política nada máis que para decapitar ó PSOE de Cabanas: mirade que non invento o comentario), en fín é triste pero é así. Nada máis recordar que trala renuncia de Modesta coma alcaldesa, e a toma de posesión de José C. Rey coma novo alcalde en outubro de 2006 da maneira que todos e todas coñecemos que remata coa expulsión do PSdeG-PSOE, foi aplaudido polos concelleiros do PP e IVC (sospeitoso xa daquela), e agora en tódolos plenos dísenos que a culpa do que pasa é do PSdeG-PSOE e BNG, que Pepe Rey non ten nada que ver,.....ufff pois daquela como concelleiro que era e tiña competencias en Obras e Servicos (o que el chamaba concelleiro dos baches) e logo durante uns 6 meses coma Alcalde, Pepe Rey tiña moito que ver.
Creo que estamos noutra lexislatura, temos outro grupo de goberno, que demostra unha total indiferencia polos problemas do Concello, limítase a poñer un pleno extraordinario de IMPORTANCIA a unha hora intempestiva das 8:30 do día 11-10-2007, para que a afluencia sexa a mínima.
Pregúntome: ¿qué orientación lle quere dar o ALCALDE ó Concello de Cabanas?.
Ningún comentario:
Publicar un comentario