CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 5 de setembro de 2007

HAI MANEIRAS E MANEIRAS

¿Cal é o signo que define a un individuo?. ¡¡¡¡¡A humanidade!!!!. Sentirse humano significa que tanto homes e mulleres, en plural, temos as nosas diferencias, pero hai un mínimo común denominador que, á miña maneira de ver e pensar resúmese en: "Non fagas ós demáis o que non queres que che fagan a ti". Os sentimentos hainos de moitas cores, e tendencias, e hoxe quero falar de coma se xogan coas persoas. Coma se pasa de pensar nelas coma tales a ser reducidas a un simple dato e mingunealas.
¿Por qué falo desto?, por que dende as eleccións do 27 de maio a un integrante da nosa candidatura, despois de levar traballando na súa empresa, cumplindo co seu cometido diariamente sin incidentes, négaselle a posibilidade de traballar usando a súas capacidades complementarias adquiridas con cursillos impartidos pola Consellería de Traballo e co seu carnet correspondente en vixencia, baixo o dictamen do xefe da empresa que lle dí que ese carnet para el está caducado ou non o capacita para dito traballo, relegándoo aos mínimos, sen darlle a posibilidade de realizar horas extras coma o resto dos seus compañeiros,.... ata ahí chega a represalia, só por ir defendendo unha opción política.
Tamén a outro veciño, que non foi en ningunha opción política, pero disque se lle supón (que xa é moito suponer), tras conseguir unha mellora no posto de traballo: pasaba a ser indefinido de empresa, por que tras unha semana de folga da súa empresa nuns cantos concellos (cando a recollida de lixo), consiguen unha mellora salarial anual ata 2009, así coma que no recorrido que fai a empresa incremente a plantilla nun operario (¡¡acordo entre traballadores e empresa, ollo!!), pois tras unha “presión política”, retiranlle a oferta de traballo.
Se eres capaz de facer ou incentivar ditas maneiras, deixas de ser humano, pasas a ser inhumano.
É inhumano xogar cos sentimentos das persoas,
É inhumano xogar cun dos bens máis preciado na actualidade: O TRABALLO.
É inhumano xogar coa vida das persoas.
É inhumano xogar coas FAMILIAS que dependen do traballo desas persoas.

¡¡¡¡¡UN INHUMANO NON ME MERECE RESPETO NINGÚN!!!!!
¡¡¡¡¡A POLÍTICA TEN QUE SERVIR PARA OUTRAS COUSAS!!!!!

A POLÍTICA COMO SERVIZO PÚBLICO

Afirmaba Aristóteles que o ser humano é un animal político, social por natureza. Estou totalmente de acordo con ese principio, que habería que explicar un pouco máis desde o punto de vista etimolóxico, aínda que non é o momento. Tamén di o filósofo grego na POLÍTICA, unhas liñas más abaixo da anterior cita, que o ser humano é o ser que ten logos é dicir palabra, razón. Esa é a esencia da Política: o debate racional, o diálogo, co fin de servir ós intereses da polis, da cidade, públicos. Nas sociedades democráticas a POLÍTICA é un servizo voluntario ós intereses públicos. Baixo o meu punto de vista significa o interese de liderar desde unha perspectiva política unha colectividade humana unha vez que o pobo manifeste a súa libre vontade nas urnas, escoitado e debatido o proxecto presentado á cidadanía. Polo tanto a perspectiva política nunca pode ser un fin en si mesmo senón un medio para conseguir os fins lícitos que sirvan ó desenvolvemento desa sociedade de acordo cos dereitos humanos e as leis e normas que rixen a un determinado estado. Noutro blog xa nos referimos ó sentido e significado da verba liderazgo e a participación en Política. Insisto na palabra voluntario. Non creo nos políticos que se sinten obrigados a ocupar un determinado posto político. Aquí non se obriga a ninguén, ten que ser o exercicio voluntario dunha vocación, dun traballo, dunha profesión apaixonante que ten que ter claro que o fundamental, que o motivo principal da actividade é o servizo público, sempre nas mellores condicións, é dicir coa firme decisión de facer un traballo que redunde nun claro progreso social, económico e cultural dos cidadáns ós que se sirve. A ninguén se lle forza para que acepte un posto político e que se dedique ó mesmo con total dedicación ou para acudir ás urnas a disputar a confianza dos cidadáns, xuices que nunca, NUNCA, se equivocan nun estado democrático e libre. Non pasa polos mellores momentos a dedicación á POLÍTICA. Primeiro polo mal exercicio que algúns fan da mesma, exercicio contrario as Leis ou o sentido común, cousa que o Poder Xudicial se encarga de castigar cando esas accións son coñecidas. É fácil a xeneralización e o que fan algúns dise de todos, caendo nunha fácil difamación ou calumnia. Segundo porque algúns comportamentos difiren dese sentido que ten que ter a POLÍTICA de debate racional, e convértese nunha loita partidista e persoal na que o insulto, o “chascarrillo”, o enxeño inmediato substitúe ó debate racional e deixa de lado a solución dos problemas que teñen os cidadáns e trata seudoproblemas que só lles interesan ós que viven fora da realidade. Terceiro porque a POLÍTICA esixe plena dedicación e a recompensa non debe ser outra que a conciencia do deber cumprido, unha vez que as necesidades materiais básicas estean cubertas. Ben é verdade que a democracia, con todos os seus defectos, pon a cada un no seu sitio. Pero aínda así é necesario que os que nos dedicamos á Política reflexionemos sobre o exercicio que diariamente facemos dela para comprender e evitar esa desafección que se produce no seo da sociedade e que pode conducir a que a demagoxia ocupe o lugar que lle corresponde á democracia.
José L. Orozco. luns, 23 de outubro de 2006 ás 0:34:16 no seu blog www.joselopezorozco.com

2 comentarios:

Anónimo dixo...

El caso de la limpiadora de Punxín, Ramona Lema, la trabajadora que fue despedida por «pertenecer a un partido político distinto del que gobierna» en este ayuntamiento ourensano, según recoge la sentencia que declaró nulo el despedido y ordenó su readmisión, se complica. La trabajadora fue, efectivamente, readmitida la pasada semana, pero no exactamente en las mismas condiciones, razón por la que ha planteado un incidente de readmisión irregular en el mismo Juzgado de lo Social número 3 de Ourense.
El incidente obedece al hecho de que a esta mujer, que antes de su despido se encargaba de realizar la limpieza en la casa consistorial, el colegio y el centro de salud, con una jornada laboral de quince horas semanales, ahora le han limitado la actividad a las instalaciones sanitarias y educativas. Se le excluye de las dependencias municipales y ello supone, en su opinión, una vulneración del fallo, que condena al Concello de Punxín a readmitirla «en iguales condiciones que antes del despido».
La reclamación de esta trabajadora mantiene abierto el conflicto en el único ámbito en el que parecía cerrado, el de la jurisdicción de lo social, desde el momento en que el alcalde, el socialista Alfredo Cruz Gago, aceptó la sentencia y desistió de la posibilidad de recurrir contra ella ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este incumplimiento, sin embargo, reabre el caso, para lo cual está ya señalada la fecha del primero de octubre, con el fin de resolver el incidente.
Pleno extraordinario
De este contencioso, que previsiblemente derivará del ámbito laboral al penal, se ha abierto ya un segundo frente, el político, al haber solicitado los concejales del PP un pleno extraordinario para debatir el proceder del alcalde, que ha fijado la sesión para el día 27 de este mes, el mismo día en que la corporación celebrará su sesión ordinaria mensual.
Ramona Lema, candidata por el PP en las elecciones de 1999 -su hija lo fue en las del 2007-, trabajaba para el Concello de Punxín desde octubre del 2005, con la categoría profesional de limpiadora y con un salario mensual de 296 euros, según recoge la sentencia del juzgado de lo social que declaró nulo su despido. «El 16 de junio, el alcalde, perteneciente al Partido Socialista Obrero Español, tomó posesión, y el lunes siguiente le dijo a la secretaria del Ayuntamiento que despidiera a la demandante porque no quería verla más, y la secretaria le dijo que no había motivos para el despido, diciendo el alcalde que le había hecho mucho daño», según la relación de hechos, que constata el efectivo despido el 30 de junio.

DELFÍN dixo...

Anónimo, tiven a delicadeza de ler sobre o tema da sra que traballaba na limpeza no Concello de Punxín. O fondo é o mesmo que expoño eu, ningún político pode atribuirse funcións extras; no caso de Punxín, o alcalde é o xefe de persoal e toma unha decisión de despido por propia iniciativa, redimida logo pola sentencia inmediata en 30 días polo xulgado do social de Ourense.
Digo que o fondo é o mesmo: despido e discriminación no traballo por supostas afinidades políticas, no caso de Punxín foi solucionada no xulgado e se cadra terá a súas consecuencias políticas no pleno extraordinario do próximo 27 de setembro no Concello de Punxín. Non vou a ser eu defensor de ninguén, eres esclavo das túas palabras e actos.
Nos casos que expoño, non teñen solución fácil, no 1º: aguantas e sigues a traballar por que o traballo que podes desempeñar é un ben escaso. Ou no 2º: podes loitar sindicalmente, cando por sorte tes datos que te avalan. O triste e a falta de escrupulos para facer esto, logo a capacidade de MENTIR para darlle a volta e colgarte a medalla de que ese señor vai por fín a traballar na empresa grazzas a tí.

Cumplimos agora os tres meses das eleccións e os dous meses da toma de posesión e formación de goberno. Quedan 3 anos e 9 meses de traballo moi duro e con moitos atrancos,...
Para o vindeiro 26 de setembro temos pleno ordinario no Concello de Cabanas, invítote a asistir ainda que non te coñeza ANONIMO a ti e a todos e todas as veciñas e veciños.